DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 7 de marzo de 2024 Páx. 17622

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20240002TACO por infraccións en materia sanitaria.

Visto que non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 20240002TACO incoado a 76497123C, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP), procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado.

Dado que non se publica na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da LPACAP, o texto íntegro deste acto administrativo está ao dispor das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña (andar 4º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da LPACAP, ten dereito a formular alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa notificación. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da LPACAP.

A Coruña, 26 de febreiro de 2024

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 20240002TACO.

DNI/NIF/CIF: 76497123C.

Último enderezo coñecido: Outeiro,Taragoña 62, 15920 Rianxo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria de medidas fronte ao tabaquismo.