DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 7 de marzo de 2024 Páx. 17620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A, BS650G e BS650F.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, tentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanse mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas e son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Vigo, rúa Concepción Arenal núm. 8, 1º andar, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das ditas resolucións e advírteselles que, de non facelo así, se terán por efectuadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte á data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 20 de febreiro de 2024

María Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO I

Procedemento BS650A:

Núm. de expediente

Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

36/00585-I/23

36079022A

Denegación 12.12.2023

ANEXO II

Procedemento BS650G:

Núm. de expediente

Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

36/00174-X/00

35864072B

Suspensión 19.1.2024

36/00217-X/23

54468143A

Denegación 9.2.2024

36/00767-X/23

X2775222L

Denegación 9.2.2024

36/00975-X/23

Y6967886G

Denegación 21.12.2023

ANEXO III

Procedemento BS650F:

Núm. de expediente

Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

36/00044-X/23

42034232F

Denegación 5.2.2024