DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 7 de marzo de 2024 Páx. 17550

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K).

O 9 de novembro de 2021, a Axencia Instituto Enerxético de Galicia publicou a Resolución do 28 de outubro de 2021 (DOG núm. 215, do 9 de novembro), pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, aprobado polo Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a execución de diversos programas de incentivos vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento, con fontes de enerxía renovable, así como á implantación de sistemas térmicos renovables no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

A citada Resolución do 28 de outubro de 2021 foi modificada pola Resolución do 9 de febreiro de 2022 (DOG núm. 33, do 17 de febreiro), pola Resolución do 21 de xullo de 2022 (DOG núm. 145, do 1 de agosto), pola Resolución do 12 de xuño de 2023 (DOG núm. 117, do 21 de xuño) e pola Resolución do 28 de decembro de 2023 (DOG núm. 246, do 29 de decembro).

O 28 de decembro de 2023 publícase no BOE o Real decreto 1178/2023, do 27 de decembro, polo que se modifica a normativa reguladora e se adaptan ao marco europeo de axudas de Estado determinados programas de axudas de rehabilitación enerxética e enerxías renovables do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, entre eles, o Real decreto 477/2021, do 29 de xuño.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 28 do Estatuto de autonomía, das facultades conferidas pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co sinalado no Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os seus estatutos,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K), nos seguintes termos:

Un. A letra g) do número 1 do artigo 8 queda redactado como segue:

«g) Achegarase unha memoria técnica descritiva da actuación que se vaia acometer segundo o modelo dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.gal) para cada tipoloxía de proxecto. Esta memoria técnica incluirá a información relacionada no anexo AII.A2. das bases reguladoras e incluirá para instalacións de máis de 100 kW a información requirida no anexo AII.A1.e):

• Opcionalmente, un plan estratéxico en que indique a orixe e o lugar de fabricación (nacional, europeo ou internacional) dos compoñentes da instalación e o seu impacto ambiental, incluídos o almacenamento, os criterios de calidade ou durabilidade utilizados para seleccionar os distintos compoñentes, a interoperabilidade da instalación ou o seu potencial para ofrecer servizos ao sistema, así como o efecto tractor sobre pemes e autónomos que se espera que teña o proxecto. Poderá incluír, ademais, estimacións do seu impacto sobre o emprego local e sobre a cadea de valor industrial local, rexional e nacional.

• A xustificación do cumprimento polo proxecto do principio de non causar dano significativo (principio Do no significant harm-DNSH) a ningún dos obxectivos medioambientais establecidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088.

O solicitante poderá presentar unha declaración responsable deste cumprimento.

• A acreditación do cumprimento de valorización do 70 % dos residuos de construción e demolición xerados pola obra civil, se procede.

Para a comprobación dos datos da instalación renovable existente, presentarase nesta memoria o xustificante de solicitude de rexistro da instalación no Rexistro de Instalacións Eléctricas de Baixa Tensión (código de procedemento IN614C) ou no Rexistro de Instalacións Eléctricas de Alta Tensión, dependendo do regulamento que lle sexa de aplicación.

Os destinatarios do programa 4 presentarán unha declaración responsable asinada polo técnico competente ou empresa instaladora que estime que o consumo anual de enerxía sexa igual ou maior ao 80 % da enerxía anual xerada pola instalación segundo o establecido no anexo AII.A2.c)».

Dous. O artigo 18 Prazo de execución e xustificación das actuacións, queda redactado como segue:

«Segundo o artigo 16.8 das bases da convocatoria, o prazo máximo de execución e xustificación das actuacións será de 18 meses, contados desde a data de notificación da resolución de concesión. Este prazo poderase ampliar de conformidade co previsto no artigo 70 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

A solicitude de ampliación para a execución e xustificación do proxecto deberase presentar cunha antelación mínima de 30 días naturais ao día de vencemento do prazo».

Tres. A letra p) do número 3 do artigo 20 queda redactado como segue:

«p) Declaración que confirme que non houbo modificación con respecto ao declarado na fase de solicitude sobre o principio “de non causar dano significativo” e, de ser o caso, sobre a valorización de residuos».

Catro. Os anexos III e VII quedan redactados como se recollen nos anexos desta resolución.

Segundo. As modificacións introducidas por esta resolución serán de aplicación a todas as solicitudes presentadas ata o 31 de decembro de 2023.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2024

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file