DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 7 de marzo de 2024 Páx. 17612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO da Resolución do 23 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se arquiva o expediente do parque eólico Rodicio e se cancela a garantía económica depositada por Greenalia Wind Power Rodicio, S.L.U. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte (expediente IN408A/2018/030).

De conformidade co previsto no artigo 42.4, letras a) e b), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, procede publicar o extracto da Resolución do 23 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se arquiva o expediente do parque eólico Rodicio e se cancela a garantía económica depositada por Greenalia Wind Power Rodicio, S.L.U. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte.

Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan

A dita Resolución do 23 de febreiro de 2024 dispón o seguinte:

1. Denegar a solicitude de autorización administrativa previa e de construción das instalacións do parque eólico Rodicio, sito nos concellos de Maceda e Montederramo (Ourense) e promovido por Greenalia Wind Power, S.L.U., tras a declaración de impacto ambiental desfavorable formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 10.1.2023.

2. Arquivar o expediente do parque eólico Rodicio (expediente IN408A/2018/030).

3 Cancelar a garantía depositada por Greenalia Wind Power, S.L.U. o 6.7.2018, por importe de 500.000 € e número de rexistro 1171/2018, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Rodicio.

Segundo. Principais motivos e consideracións en que se basea a resolución

1. O 6 de xullo de 2018, Greenalia Wind Power, S.L.U. depositou unha garantía económica por importe de 500.000 € e número de rexistro 1171/2018, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de distribución do parque eólico Rodicio.

2. O 13 de xullo de 2018, Greenalia Wind Power, S.L.U. presentou telematicamente, ao abeiro do procedemento IN408A, a solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica para o proxecto denominado parque eólico Rodicio, sito nos concellos de Maceda e Montederramo (Ourense), ao abeiro da Lei 8/2009.

3. O 31 de agosto de 2020, Greenalia Wind Power, S.L.U. presentou unha nova solicitude de modificación substancial para a autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Rodicio, a cal foi admitida a trámite pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o 1 de xuño de 2021.

4. O 8 de xuño de 2021, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, no cal se indica que os aeroxeradores cumpren a distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación regulada no Psega respecto das delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

5. Polo Acordo do 20 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, sometéronse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do parque eólico Rodicio, situado nos concellos de Maceda e Montederramo, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2018/030). O dito acordo foi publicado no Diario Oficial de Galicia o 8 de xuño de 2022 (DOG núm. 109). No DOG do 26 de xullo de 2022 (DOG núm. 141) publicouse unha corrección de erros no anexo do citado acordo.

6. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos: Axencia Galega de Infraestruturas, Red Eléctrica de España, S.A., Naturgy Energy Group, S.A., Retevisión, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Cellnex Telecom, S.A., así como aos concellos de Maceda e de Montederramo.

7. Pola Resolución do 3 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, autorizouse a transmisión de titularidade do expediente parque eólico Rodicio, sito nos concellos de Maceda e Montederramo (Ourense), titularidade de Greenalia Wind Power, S.L.U, a favor de Greenalia Wind Power Rodicio, S.L.U. (expediente IN408A/2018/30).

8. Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que foi sometido o proxecto recibíronse informes dos seguintes organismos: Axencia de Turismo de Galicia, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Pública, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Instituto de Estudos do Territorio e dos concellos de Maceda e de Montederramo.

O 10 de xaneiro de 2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou unha declaración de impacto ambiental desfavorable relativa ao parque eólico Rodicio, que a fixo pública polo Anuncio do 11 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 13, do 19 de xaneiro de 2023).

9. O 5.7.2023, esta dirección xeral notificoulle ao promotor o inicio do procedemento de arquivamento de expediente, abrindo o trámite de audiencia do artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

10. O 27.7.2023, Greenalia Wind Power Rodicio, S.L.U. comunicoulle a esta dirección xeral a conformidade co arquivamento do expediente administrativo do proxecto do parque eólico Rodicio (expediente núm. IN408A/2018/030) ante a imposibilidade de continuar coa tramitación do proxecto, a teor da formulación da declaración de impacto ambiental desfavorable, e solicitou a devolución da garantía económica citada no antecedente de feito primeiro.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais