DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 7 de marzo de 2024 Páx. 17615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cambre (expediente IN407A 2023/021-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselle á persoa sinalada no cadro anexo a Resolución desta xefatura territorial, do 18 de xaneiro de 2024, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Piñeiro, no concello de Cambre (expediente IN407A 2023/021-1).

O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está á disposición da persoa interesada na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 70), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao enderezo que sinalen.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso que proceda.

A Coruña, 8 de febreiro de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMTS, CT e RBT Piñeiro

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Cambre

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido/a

15017A022000790000ME

Polígono 22, parcela 79

Sobreguexe

CT e acceso

17,45

Rústico. Agrario