DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 7 de marzo de 2024 Páx. 17650

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria dos procesos de provisión de postos vacantes e dos procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes no corpo da Policía Local e polo que se dá publicidade ás bases reguladoras dos procesos de provisión por mobilidade de postos nas categorías de policía e oficial e dos procesos selectivos para o acceso, por promoción interna, ás categorías de oficial, inspector/a, inspector/a principal e intendente/a principal no corpo da Policía Local (OEP do ano 2023).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 39, do 23 de febreiro de 2024, publicáronse as bases reguladoras dos procesos de provisión (mobilidade) e de selección (promoción interna) para o acceso a varias categorías do corpo da Policía Local correspondentes con prazas da OEP do ano 2023.

A concelleira de Servizos non Territorializados convocou, mediante a Resolución do 9.2.2024, os procesos de provisión de postos, polo sistema de mobilidade, para a provisión dos postos vacantes no Concello de Pontevedra incluídos na oferta de emprego público ordinaria correspondente ao exercicio 2023, que a continuación se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais. Número de vacantes: 2. Denominación: policía.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais. Número de vacantes: 2. Denominación: oficial.

O prazo de presentación de instancias para participar nos procesos de provisión arriba sinalados será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases.

Así mesmo, na mesma resolución convocáronse os procesos selectivos para a cobertura, pola quenda de promoción interna, das prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2023, que a continuación se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 6. Denominación: oficial.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: inspector/a.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: inspector/a principal.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: intendente/a principal.

O prazo de presentación de instancias para participar no antedito proceso de selección será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 27 de febreiro de 2024

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 11.1.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira de Servizos non Territorizalizados