DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 7 de marzo de 2024 Páx. 17652

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria para cubrir prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público para o ano 2023.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 43, do 29 de febreiro de 2024, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público para o ano 2023.

A concelleira de Servizos non Territorializados convocou, mediante a Resolución do 19 de febreiro de 2024, o proceso selectivo para a cobertura de varias prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2023, que a continuación se sinala:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala de xestión. Número de vacantes: 3. Denominación: técnico/a medio/a, mediante o procedemento de promoción interna.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 2. Denominación: administrativo/a. Das dúas prazas convocadas, unha cubrirase polo procedemento de promoción interna e a outra mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 5. Denominación: auxiliar. Das cinco prazas convocadas, tres cubriranse polo procedemento de promoción interna e dúas mediante quenda libre. Das dúas prazas convocadas mediante quenda libre, reservarase unha delas para persoas que acrediten calquera tipo de discapacidade (discapacidade xeral).

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: agrupación profesional. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala subalterna. Número de vacantes: 4. Denominación: subalterno/a. As catro prazas convocadas cubriranse mediante quenda libre, unha delas reservarase para persoas con discapacidade intelectual (discapacidade intelectual) e outra para persoas que acrediten calquera tipo de discapacidade (discapacidade xeral).

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico/a superior en enxeñaría informática, mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: aparellador/a-arquitecto/a técnico/a, mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: asistente/a social, mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios. Número de vacantes: 1. Denominación: enxeñeiro/a técnico/a industrial, mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase servizo extinción incendios. Número de vacantes: 3. Denominación: bombeiro/a-condutor/a, mediante quenda libre.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. C. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: sepultureiro/a, mediante o procedemento de promoción interna.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial de obras, mediante o procedemento de promoción interna.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: encargado/a de instalacións, mediante o procedemento de promoción interna.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: Agrupación profesional. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 3. Denominación: operario/a, mediante quenda libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 29 de febreiro de 2024

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta Goberno Local do 11.1.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira de Servizos non Territorizalizados