DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 8 de marzo de 2024 Páx. 17807

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se lle dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR440D).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario ao que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas con cargo á Orde do 21 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2023, e que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2024

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
P.S. (Resolución do 16.1.2024)
Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

– Finalidade: mellorar a competitividade dos viños españois mediante a execución de actividades de promoción e comunicación levadas a cabo en terceiros países.

– Financiamento: procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) concepto 713-D.770.0 e proxecto 201100766 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia

– Beneficiarios e axudas concedidas:

Nome

NIF

Subvención (€)

Bodegas Martín Códax, S.A.U.

A36033009

197.001,90

Agro de Bazán, S.A.

A36034668

62.869,76

Bodegas Terras Gauda, S.A.

A36108900

167.074,56

Bodegas As Laxas, S.A.

A36109775

45.007,04

Bodegas Fillaboa, S.A.

A36692846

15.901,50

Don Bernardino, S.L.

B27409440

15.601,20

Adegas Terrae, S.L.

B27847953

17.306,09

HGA Bodegas y Viñedos de Altura, S.L.

B32131047

33.246,73

Bodegas Cunqueiro, S.L.

B32150187

24.986,00

Adega Ponte da Boga, S.L.

B32244279

26.248,19

Pazo de Señoráns, S.L.

B36117513

16.356,50

Adegas Valmiñor, S.L.

B36277218

28.706,00

Lagar de Besada, S.L.

B36306173

3.000,25

Attis Bodegas y Viñedos, S.L.

B36549350

42.900,00

Viñas e Adegas Galegas, S.L.

B94055068

32.240,00

Viña Costeira, S.C.G.

F32002230

13.804,20

A Portela SAT Nº 523

F32028342

5.893,20

Bodegas Eidosela, S.C.G.

F36430106

9.225,00

CRDO Ribeiro

Q8255201I

14.168,86

CRDO Rías Baixas

Q8655030H

286.762,50