DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 8 de marzo de 2024 Páx. 17846

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Unha vez publicada a Resolución do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico (DOG número 243, do 26 de decembro), e segundo o establecido nas súas bases, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas correspondentes ao proceso que se cita.

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión. Para isto, deberán acceder a fides.xunta.gal e realizar as alegacións que consideren oportunas. Só se admitirán as alegacións que se realicen por medio desta aplicación informática.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2024

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública