DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 8 de marzo de 2024 Páx. 17830

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 31 de xaneiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 20 de outubro de 2023 (DOG núm. 205, do 27 de outubro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala de auxiliar de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia,

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base III.1.2.7 da convocatoria, anular a pregunta número 12. O seu lugar pasa a ser ocupado pola pregunta de reserva 81.

Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. De conformidade co que se establece na base III.1.1.1.b) da convocatoria, superan o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes, determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Subsidiariamente, de darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, superan o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas non cubertas conforme o previsto no parágrafo anterior sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

O exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos.

Asignase unha valoración de 30 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos, proporcional ao numero de respostas acertadas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela que marque a nota de corte establecida de acordo cos criterios anteriores consideraranse igualmente aprobadas.

Terceiro. Realizada a corrección na sesión do 31 de xaneiro de 2024, de acordo coas normas e criterios anteriores, asígnase a valoración de 30 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada en 36,75 respostas correctas, sempre que se acaden os mínimos fixados para as partes primeira (12 respostas correctas) e segunda (20 respostas correctas) do exercicio, sen que sexa posible compensar os acertos que excedan nunha parte cos que falten na outra. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Acadaron a puntuación mínima de 30 puntos un total de 53 persoas aspirantes.

Cuarto. Publicar as puntuacións do exercicio de oposición do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Quinto. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base V.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2024

María del Carmen Recarey Rey
Presidenta do tribunal