DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 8 de marzo de 2024 Páx. 17833

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar os días 31 de xaneiro e 15 de febreiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 11 de setembro de 2023 (DOG núm. 177, do 18 de setembro) e modificado pola Resolución do 19 de setembro de 2023 (DOG núm. 181, do 22 de setembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 23 de novembro de 2023 convocouse o segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira.

De conformidade co disposto na base III.1.1.2 da convocatoria:

a) Para o corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 (agás a escala de xestión de sistemas de informática) e para o corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, as persoas aspirantes deberán desenvolver por escrito un (1) tema, que se elixirá entre tres (3), obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman o contido da parte específica do programa que figura na Resolución do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 242, do 22 de decembro).

O segundo exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

Para estes efectos, de acordo co disposto na citada base, con corrección de erros publicada o 31 de marzo de 2023 (DOG núm. 64, do 31 de marzo), por Resolución deste tribunal do 4 de decembro de 2023, establecéronse os criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio en que se indica:

«2. O tribunal cualificará o exercicio valorando os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade de expresión escrita.

Con relación aos coñecementos, valorarase que o material e fontes de información dos contidos dos temas estean actualizados de conformidade coa base III.1 da convocatoria e que a súa exposición se faga cunha redacción clara, ordenada e rigorosa. Valorarase tamén que o conxunto do exercicio estea equilibrado, completo e compensado no seu contido.

En canto á expresión escrita, o tribunal terá en conta a claridade, a orde de ideas e a ortografía. O tribunal obviará as oracións con palabras inintelixibles, cunha sintaxe deficiente ou que se fagan incomprensibles por outras causas».

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira, no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, as persoas aspirantes poderán formular as alegacións que consideren oportunas ás puntuacións, que se presentarán a través da aplicación Fides
(https://fides.xunta.gal).

Cuarto. De conformidade co disposto na base V.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2024

Beatriz Ferro Soto
Presidenta do tribunal