DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2024 Páx. 18262

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO das bases da convocatoria do proceso selectivo para cubrir dúas prazas vacantes de peón/peoa de xardíns (oferta de emprego público de 2020 e 2021).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 38, do 22.2.2024, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria para prover, en quenda libre e mediante persoal laboral fixo, dúas prazas de peón/peoa de xardíns, coa clasificación segundo o Convenio (equivalente a subgrupo agrupacións profesionais), por oposición libre.

A presentación de solicitudes farase durante o prazo de vinte (20) días naturais, a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOE.

Fene, 23 de febreiro de 2024

Juventino José Trigo Rey
Alcalde