DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 11 de marzo de 2024 Páx. 18263

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO das bases da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de operario/a de cemiterio.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 99, do 2 de maio de 2017, foron publicadas integramente as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 274, do 29 de novembro de 2018, foi publicada unha modificación das mencionadas bases xerais.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 179, do 5 de agosto de 2023, publicáronse as bases específicas da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura da seguinte praza vacante no cadro de persoal funcionario no Concello de Lugo:

– Unha praza de operario/a de cemiterio, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, grupo AP (agrupacións profesionais). Quenda de acceso libre reservada a persoas con discapacidade.

Por outra parte, no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 291, do 21 de decembro de 2023, foi publicada unha modificación das bases específicas que rexerán a convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 5 de febreiro de 2024

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía 464/2024, do 19 de xaneiro)
Ángel Pablo Permuy Villanueva
Tenente de alcaldesa delegado da Área
de Xestión Integral de Recursos Internos