DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2024 Páx. 18524

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2024, pola que se dispón a substitución de vogal titular e suplente da Comisión da Transparencia de Galicia.

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, crea, no seu artigo 33, a Comisión da Transparencia de Galicia e atribúelle no seu parágrafo 2.a) a súa presidencia á persoa titular da Institución da Valedora do Pobo.

No exercicio das funcións inherentes á presidencia da devandita comisión, e por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias,

RESOLVO:

Primeiro. Que cese Lucía González Louro como vogal titular e Andrés Núñez González como vogal suplente da Comisión da Transparencia de Galicia, en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Segundo. Nomear a Xosé Manuel Rodríguez Méndez, como vogal titular e a José Manuel Chapela Seijo como vogal suplente da Comisión da Transparencia de Galicia, en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2024

María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia de Galicia