DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2024 Páx. 18525

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 11 de marzo de 2024 pola que se establecen os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 14 de marzo de 2024.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga. O exercicio deste dereito queda condicionado ao mantemento dos servizos esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño).

O Sindicato Único de Trabajadores Solidaridad Obrera de la CGT de Pontevedra comunicou a convocatoria dunha folga no ámbito territorial do concello de Pontevedra que comezará ás 00.00 horas do 14 de marzo de 2024 e finalizará ás 00.00 horas do 15 de marzo de 2024. Segundo a convocatoria, a folga afectará, entre outras, todas as persoas traballadoras das dependencias e centros de traballo da Administración autonómica, así como os centros educativos de ensinanza secundaria e formación profesional.

A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servizos esenciais obriga a esta Administración autonómica galega, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servizos mínimos indispensables para o funcionamento dos servizos esenciais, que se concretan nesta orde.

Deste xeito, establécense servizos mínimos respecto dos sectores e actividades cuxa regulación é competencia dalgunha das consellerías da Xunta de Galicia e que poden afectar o desenvolvemento ordinario da actividade cidadá, no sentido do artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño.

Os criterios determinantes para a fixación dos servizos mínimos establecidos na presente orde tiveron en conta os distintos pronunciamentos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación cos servizos esenciais fixados nas xornadas das anteriores folgas do 8 de xuño de 2010, do 29 de setembro de 2010, do 27 de xaneiro de 2011, do 29 de marzo de 2012, do 14 de novembro de 2012 e do 8 de marzo de 2018, así como a Sentenza número 415/2019, do 25 de setembro.

Aínda que é certo que o devandito tribunal ditou sentenzas que anulaban as normas polas que se establecían os referidos servizos mínimos, non é menos certo que esas sentenzas viñeron motivadas fundamentalmente polo déficit de expresión da ponderación dos factores e criterios tidos en conta para a súa fixación e consideraron insuficiente a motivación na determinación das prestacións mínimas garantidas.

Por todo isto, no caso concreto e tendo en conta os pronunciamentos anteriores, preténdese dar a coñecer máis xustificadamente, se cabe, os criterios en virtude dos cales se identificaron os servizos mínimos como esenciais e a determinar os efectivos necesarios para aseguralos á luz desta convocatoria de folga. Todo isto observando a necesaria proporción entre o sacrificio para o dereito das persoas traballadoras e os bens e intereses que se teñen que salvagardar.

Tense en conta, igualmente, o feito de que a folga se desenvolverá unicamente durante un período dun día.

No ámbito da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva, dependente da Secretaría Xeral para o Deporte, os servizos mínimos expresados para as tres quendas das súas instalacións teñen a seguinte xustificación:

Quenda de noite, das 22.00 h ás 5.30 h.

– Dous traballadores/as: subalterno/a e preceptor/a de noite.

– Ámbos os dous teñen funcións diferenciadas, polo que non se pode substituír un ao outro. O/a ordenanza encárgase das propias instalacións e o seu funcionamento, e o/a preceptor/a vela polos/as deportistas residentes no CGTD, que son 91 deportistas e que non poden quedar sós pola noite ao seren menores de idade, así como 12 deportistas maiores de idade.

Quenda de mañá, das 7.30 h ás 15.00 h.

– 1 oficial de cociña: é o mínimo imprescindible, xa que se necesita para poder facer o xantar para 167 deportistas. Tivéronse en conta as necesidades tanto de cociña como das/dos camareiras/os na modificación do menú para que puidese ser asumido polo dito servizo, que hai que prestar ao ter moitos deportistas que viven moi lonxe do CGTD e que se lles ten que prestar o dito servizo, sobre todo aos/ás menores de idade.

– 1 subalterno/a: é unha instalación deportiva de máis de 30.000 metros cadrados, e con tres edificios ben diferenciados, e instalacións deportivas exteriores, que non se poden pechar polo propio funcionamento interno do centro. Polo tanto, unha persoa é imprescindible que estea, porque é a que custodia as chaves dos diferentes espazos, e a encargada de dar aceso a cada un deles aos diferentes usuarios.

– 2 camareiros/as limpadores/as: é o mínimo imprescindible, xa que se necesita para poder preparar o comedor da residencia e para dispensar o xantar de 167 deportistas, que se reparten en dúas quendas debido ao volume de deportistas, e que ten que ser servida polas/polos camareiras/os. Tivéronse en conta as necesidades tanto de cociña como das camareiras/camareiros na modificación do menú para que puidese ser asumido polo dito servizo, que hai que prestar ao ter moitos deportistas que viven moi lonxe do CGTD e que se lles ten que prestar o dito servizo, sobre todo aos/ás menores de idade.

– 1 preceptor/a: único/a responsable dos/das bolseiros/as menores de idade, tanto residentes como os externos que fan uso da residencia para a merenda nos recreos do instituto, como para o aceso ao comedor. Nun grupo tan numeroso de residentes, sempre hai algún deportista enfermo que ten que ser atendido no seu cuarto, do que se encargan os/as preceptores/as. Así mesmo, coa convocatoria de folga, existe alumnado do instituto que non vai a este e ten que quedar na residencia, polo que é necesario este persoal para o seu control e supervisión.

Quenda de tarde, das 14.30 h ás 22.00 h.

– 1 subalterno/a: é unha instalación deportiva de máis de 30.000 metros cadrados, e con tres edificios ben diferenciados, e instalacións deportivas exteriores, que non se poden pechar polo propio funcionamento interno, e a maior parte do uso da instalación fana pola tarde os bolseiros do CGTD e os clubs da cidade autorizados. Polo tanto, unha persoa é imprescindible que estea porque é a que custodia as chaves dos diferentes espazos, e a encargada de dar aceso a cada un deles aos diferentes usuarios.

– 1 preceptor/a: único/a responsable dos/das bolseiros/as menores de idade, tanto residentes como dos/das externos/as que fan uso da residencia para os estudos, como para o aceso ao comedor. Nun grupo tan numeroso de residentes, sempre hai algún/algunha deportista enfermo/a que ten que ser atendido/a no seu cuarto, do que se encargan os/as preceptor/as. Así mesmo, coa convocatoria de folga, existe alumnado do instituto que non vai a este e ten que quedar na residencia, polo que é necesario este persoal para o seu control e supervisión.

– 1 camareiro/a limpador/a: é o mínimo imprescindible, xa que se necesita para poder preparar o comedor da residencia e para dispensar a cea de 167 deportistas, que se reparten en dúas quendas debido ao volume de deportistas, e que ten que ser servida polas/polos camareiras/os. Tivéronse en conta as necesidades tanto de cociña como das/dos camareiras/camareiros na modificación do menú para que puidese ser asumido polo dito servizo, que hai que prestar ao ter moitos/as deportistas que viven moi lonxe do CGTD e que se lles ten que prestar o dito servizo, sobre todo aos/ás menores de idade.

– 1 oficial de cociña: é o mínimo imprescindible, xa que se necesita para poder facer a cea para 167 deportistas. Tivéronse en conta as necesidades tanto de cociña como das/dos camareiras/os na modificación do menú, para que puidese ser asumido polo dito servizo, que hai que prestar ao ter moitos/as deportistas que viven moi lonxe do CGTD e que se lles ten prestar dito servizo, sobre todo aos menores de idade.

No ámbito da Administración de xustiza, a necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servizos esenciais obriga a esta Administración autonómica galega, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servizos mínimos indispensables para o funcionamento esencial prestado pola Administración de xustiza en Galicia que permitan compaxinar o dereito á folga dos/das traballadores/as co mantemento dos servizos esenciais necesarios para garantir o servizo público.

Neste sentido, e de conformidade coa doutrina do Tribunal Constitucional e mais coa xurisprudencia ditada na materia, e en particular coa Sentenza 463/2018, do 7 de novembro, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, considéranse servizos esenciais necesarios para garantir o servizo público:

1. Servizos de garda de xulgados, de fiscalías e do Instituto de Medicina Legal.

2. Xuízos orais na orde penal de causas con preso.

3. Medidas precautorias ou provisionais en materia de familia, de violencia sobre a muller e de liberdade provisional, entre outras.

4. Actuacións relativas á violencia de xénero nos xulgados de violencia sobre a muller, sexan ou non exclusivos.

5. Actuacións urxentes do Rexistro Civil, tales como a expedición de licenzas de enterramento, entre outras, certificacións necesarias para obter documentos de obrigado cumprimento ou de deberes administrativos impostos ou para o exercicio doutros dereitos fundamentais e as de obrigado cumprimento prioritario e inescusable cuxa natureza será rexistral: inscricións de nacemento, defuncións, matrimonios...

6. Rexistro de asuntos e documentos en que venza un prazo preestablecido por lei e cuxo vencemento poida deparar perda de dereitos á cidadanía, así como a tramitación daqueles expedientes en que venza un prazo perentorio e improrrogable e aquelas actuacións en que venza un prazo improrrogable establecido na lei cuxo incumprimento poida afectar o dereito da tutela xudicial efectiva e aquelas cuxa urxencia veña determinada por un precepto legal ou polos bens xurídicos en xogo.

Para fixar os servizos mínimos, a Administración ten en conta igualmente os criterios determinantes que establece a doutrina do Tribunal Constitucional e a xurisprudencia contencioso-administrativa ditada na materia.

Así mesmo, debe terse en conta que, de se producir durante a xornada de folga algunha das actuacións urxentes ou esenciais das establecidas polo artigo 42 do Regulamento 1/2005, do Consello Xeral do Poder Xudicial, dos aspectos accesorios das actuacións xudiciais, ou pola normativa procesual correspondente, estas non poderían ser atendidas polo xulgado de garda, dado que o xulgado competente está en horas de audiencia, motivo este polo que é preciso dispoñer dun mínimo de persoal nos distintos órganos xudiciais que figuran no articulado para atender as actuacións urxentes e inaprazables, sen vulnerar a atribución de competencias previstas nas correspondentes leis procesuais e no citado Regulamento 1/2005. Cómpre sinalar, a modo de exemplo, as seguintes: autorización de medidas precautorias ou de permisos extraordinarios por parte do xulgado de menores; autorización de entrada en domicilio, medidas sanitarias urxentes de saúde pública, medidas precautorias en materia de estranxeiría, asilo político e refuxiado que impliquen expulsión, devolución ou retorno, por parte dos xulgados do contencioso-administrativo; autorización para internamento, medidas cautelares para protección de incapaz, restitución ou retorno de menores nos supostos de subtracción internacional, por parte dos xulgados de familia; a celebración de vistas que poidan afectar os dereitos dos traballadores e traballadoras, tales como as demandas de tutela de dereitos fundamentais e liberdades públicas, e as actuacións declaradas urxentes pola lexislación procesual, tales como medidas cautelares necesarias para asegurar a efectividade da tutela xudicial, por parte dos xulgados do social.

Na fixación dos servizos mínimos preténdese, pois, unha proporcionalidade entre o servizo esencial que cómpre prestar e a garantía do exercicio do dereito de folga dos/das traballadores/as. Neste sentido, o establecemento do persoal mínimo para garantir os ditos servizos esenciais ten en consideración os seguintes criterios que se expoñen a continuación de forma xeral, con independencia da xustificación concreta que para cada tipo de órgano ou xurisdición se especifique en cada suposto.

Para garantir a prestación dos anteditos servizos esenciais establécense, polo tanto, os servizos mínimos que se concretan a seguir, tendo en conta a extensión territorial, as diferentes dotacións de persoal en función do órgano concreto e as distintas funcións dos diversos corpos, de ser o caso. Neste sentido tense en conta, igualmente, a distinción entre órganos xurisdicionais e aqueles órganos que non o son, xa que nestes últimos ou ben non se establecen servizos mínimos, ou ben os servizos que se fixan son inferiores aos establecidos nos primeiros, xa que estes atenden os bens xuridicamente obxecto de maior protección. Igualmente, dentro dos órganos xurisdicionais faise unha distinción en función dos bens xurídicos protexidos, que en síntese consiste na distinción entre aqueles órganos que atenden asuntos relativos á xurisdición penal (coma os xulgados do penal e vixilancia penitenciaria, de violencia sobre a muller ou os xulgados mixtos) e aqueloutros que non os atenden, partindo polo tanto, da prestación dun maior número de servizos esenciais durante a folga naqueles órganos que garanten bens xurídicos especialmente protexidos polo ordenamento xurídico e, esencialmente, bens persoalísimos e primarios coma, entre outros, a liberdade das persoas. En definitiva, o número de efectivos fixados nestes órganos vai ser superior ao fixado para os outros, que seguirán a pauta xeral.

Ademais, as diferenzas de dotacións existentes nos órganos xudiciais en función das distintas ordes xurisdicionais, das súas necesidades concretas, das funcións que atenden, entre outras razóns, xustifican que non exista unha uniformidade total na fixación do número de funcionarios/as que deben constituír os mencionados servizos mínimos.

Así mesmo, as distintas funcións que corresponden a cada corpo funcionarial, establecidas polo artigo 476 e seguintes da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, fan necesaria, na determinación dos efectivos que deben atender os servizos esenciais en cada órgano, a concorrencia do persoal funcionario dos distintos corpos que sexa imprescindible para garantir estes servizos esenciais. Neste sentido, o persoal funcionario do corpo de auxilio xudicial, polas súas funcións, non se considera preciso para garantir os servizos esenciais en determinados órganos, coma no caso do Imelga ou dos xulgados de paz, e mesmo esta Administración entende suficiente, case na totalidade dos restantes supostos, que o persoal funcionario designado servizo mínimo sexa compartido por distintos xulgados ou seccións dos tribunais. Só se estima precisa a fixación dun auxilio xudicial en cada órgano naqueles supostos en que ou ben exista un único órgano por xurisdición ou na localidade, ou ben se entenda necesaria a súa presenza por mor das materias que o dito órgano atende, como por exemplo no caso de violencia sobre a muller.

Por outra banda, e en prol dunha maior protección do dereito fundamental de folga, esta Administración, respecto do persoal funcionario dos corpos de xestión e tramitación, considerou que o servizo mínimo, naqueles órganos onde poderían atenderse os servizos esenciais coa presenza dun/dunha único/a funcionario/a, que é a regra xeral, podería designarse tanto dun corpo coma doutro, establecendo con carácter excepcional a necesidade dun/dunha funcionario/a tanto do corpo de xestión coma de tramitación, como sucede nos xulgados do penal, de vixilancia penitenciaria ou de violencia sobre a muller, xa que os asuntos que atenden afectan os bens xurídicos máis protexidos polo ordenamento vixente, como pode ser a liberdade.

En conclusión, polo tanto, como regra xeral esta Administración non fixou, en prol da protección do dereito de folga, servizos mínimos naqueles órganos que non atenden servizos esenciais, e estableceu, naqueles que si os atenden, as dotacións mínimas que os poidan garantir. Neste sentido, non se designan funcionarios/as do corpo de auxilio xudicial nalgúns órganos, ou ben en certos casos estes/as funcionarios/as son compartidos por distintos órganos xudiciais; e, con respecto ao persoal funcionario dos corpos de xestión ou tramitación, establécese como norma xeral a suficiencia dun/dunha funcionario/a dos citados corpos por órgano, de forma alternativa.

Entrando xa na concreta xustificación que motiva o número de efectivos establecidos para cada tipo de órgano ou xurisdición, sinálase que:

Polo que respecta ás audiencias provinciais, estriba na necesidade de atender, entre outras, as seguintes cuestións: rexistro de asuntos en que venza un prazo preestablecido por lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de dereitos á cidadanía; actuacións en que venza un prazo improrrogable e preestablecido na lei cuxo incumprimento poida afectar a tutela xudicial efectiva; atención de sala en causas con preso; medidas cautelares (prisión provisional, liberdade provisional...); medidas en materia de dereito de familia, incluídas as derivadas dos xulgados de violencia sobre a muller; ou actuacións en execución de sentenza que afecten dereitos fundamentais (liberdades...).

No caso da oficina de rexistro e repartición fíxanse, tal e como se expuxo na orde, os servizos mínimos tipo, cun/cunha funcionario/a que poderá ser tanto do corpo de xestión coma de tramitación, en prol de garantir unha maior protección do dereito de folga, así como tamén cun/cunha funcionario/a do corpo de auxilio xudicial.

No caso das audiencias provinciais, que se estruturan en seccións, considérase necesario que, no caso das seccións civís, en cada unha delas exista un/unha funcionario/a do corpo de xestión ou tramitación, compartindo cada dúas seccións un/unha único/a funcionario/a de auxilio, e establécese que só no caso de ser o número de seccións impar, un/unha funcionario/a de auxilio deberá atender unha única sección.

No caso das seccións penais, que protexen bens xurídicos especialmente protexidos polo ordenamento vixente e, esencialmente, bens persoalísimos e primarios coma, entre outros, a liberdade das persoas, o número de efectivos fixados apártase da regra xeral no tocante ao persoal funcionario do corpo de xestión e tramitación, xa que se establece a necesidade dun/dunha funcionario/a de cada un destes corpos. Así mesmo, fíxase un/unha funcionario/a de auxilio por cada respectiva sección.

Nos xulgados de garda, fundaméntase na necesidade de atender as actuacións que xorden durante o servizo de garda que teñen carácter esencial.

Nos rexistros civís, fundaméntase na necesidade de atender as actuacións do Rexistro Civil que teñan carácter esencial.

Nos xulgados de primeira instancia, estriba na necesidade de atender, entre outras, as seguintes cuestións: rexistro de asuntos en que venza un prazo preestablecido por lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de dereitos á cidadanía; actuacións en que venza un prazo improrrogable preestablecido na lei cuxo incumprimento poida afectar a tutela xudicial efectiva; actuacións propias do Rexistro Civil; adopción de medidas cautelares ou provisionais urxentes cuxa demora dificulte a efectividade da tutela xudicial; procesos en materia de familia; internamentos, ou atención ás salas de vistas.

Respecto da concreta xustificación do número de efectivos, a dotación de servizos mínimos segue, tal e como se sinalou na exposición de motivos da orde, a pauta xeral: un/unha funcionario/a, que ben pode ser de xestión ou ben de tramitación, en prol de garantir o dereito de folga do persoal, e mais un auxilio xudicial compartido por cada dous xulgados ou fracción. Este mínimo, non obstante, increméntase naqueles xulgados que teñen atribuídas competencias en materia de familia, nos cales se ven afectados os dereitos dos menores, entre outros, así como tamén nos que teñen funcións de rexistro civil.

Nos xulgados do mercantil, radica na necesidade de atender, entre outras, as seguintes cuestións: rexistro de asuntos en que venza un prazo preestablecido por lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de dereitos á cidadanía; actuacións en que venza un prazo improrrogable preestablecido na lei cuxo incumprimento poida afectar a tutela xudicial efectiva, tales como medidas cautelares ou provisionais urxentes en materia mercantil; embargos preventivos de buques; medidas cautelares cuxa demora dificulte a efectividade da tutela xudicial, tales como en materia de patentes e relacionadas coa propiedade intelectual e industrial, ou despedimentos colectivos en sede concursal.

Respecto da concreta dotación dos servizos mínimos, estableceuse, tal e como consta na exposición de motivos da orde, a dotación mínima de que se parte naqueles órganos que atenden servizos esenciais: un/unha funcionario/a, que ben pode ser de xestión ou ben de tramitación, en prol de garantir o dereito de folga do persoal, e mais un auxilio xudicial compartido por cada dous xulgados ou fracción.

Respecto dos xulgados de instrución, estriba na necesidade de atender, entre outras, as seguintes cuestións: rexistro de asuntos en que venza un prazo preestablecido por lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de dereitos á cidadanía; actuacións en que venza un prazo preestablecido na lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de dereitos á cidadanía, ou a adopción de medidas cautelares ou provisionais urxentes (peticións de liberdade provisional, afastamentos, prisión provisional…).

Respecto da concreta dotación dos servizos mínimos, igualmente neste suposto se estableceu a dotación mínima de que se parte naqueles órganos que atenden servizos esenciais: un/unha funcionario/a, que ben pode ser de xestión ou ben de tramitación, en prol de garantir o dereito de folga do persoal, e mais un auxilio xudicial compartido por cada dous xulgados ou fracción.

Exclusivamente se apartan desta regra xeral aqueles xulgados que estean de garda, nos cales, tal e como xa se expuxo e xustificou con anterioridade, se debe contar coa dotación habitual durante a prestación deste servizo, e mais aqueles que teñan competencias en materia de violencia sobre a muller, onde, polos bens xurídicos protexidos e o carácter esencial de gran parte das súas actuacións, os servizos mínimos se deben incrementar nun/nunha funcionario/a máis por corpo, en atención, así mesmo, ás distintas funcións atribuídas a cada un deles.

En canto aos xulgados do penal, fundaméntase na necesidade de garantir a celebración de xuízos orais en causas con preso, asegurando deste xeito as vistas con preso sinaladas, así como na de atender aquelas actuacións en que venza un prazo preestablecido na lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de dereitos á cidadanía, as dilixencias urxentes e os asuntos de violencia de xénero.

Na medida en que a xurisdición penal protexe os bens xurídicos especialmente protexidos polo ordenamento xurídico e, esencialmente, bens persoalísimos e primarios coma, entre outros, a liberdade das persoas, o número de efectivos fixados nos xulgados do penal arrédase da regra xeral no tocante ao persoal funcionario dos corpos de xestión e tramitación, xa que se establece a necesidade dun/unha funcionario/a de cada un destes corpos. Non obstante, no tocante ao persoal funcionario de auxilio xudicial a dotación dos servizos mínimos segue o tipo fixado con carácter xeral: un/unha funcionario/a por cada dous xulgados ou fracción.

Nos xulgados de menores, estriba na necesidade de atender, entre outras, as seguintes cuestións: actuacións en que venza un prazo preestablecido na lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de dereitos aos menores; adopción de medidas cautelares ou provisionais urxentes (internamentos de menores…); celebración de vistas con menor suxeito a medida de internamento, ou tramitación de permisos extraordinarios.

Respecto da concreta dotación dos servizos mínimos, igualmente neste suposto se estableceu, tal e como consta na exposición de motivos da orde, a dotación mínima de que se parte naqueles órganos que atenden servizos esenciais: un/unha funcionario/a, que ben pode ser de xestión ou ben de tramitación, en prol de garantir o dereito de folga do persoal. O auxilio xudicial é único por xulgado, dado que só existe un único xulgado de menores.

Nos xulgados do contencioso-administrativo, estriba na necesidade de atender, entre outras, as seguintes cuestións: actuacións en que venza un prazo preestablecido na lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de dereitos á cidadanía; adopción de medidas cautelares ou provisionais urxentes (como autorizacións de entrada en domicilio, autorizacións en materia sanitaria...); procesos de tramitación preferente ou en materia de dereitos fundamentais.

Respecto da concreta dotación dos servizos mínimos, tamén neste suposto se estableceu, tal e como consta na exposición de motivos da orde, a dotación mínima de que se parte naqueles órganos que atenden servizos esenciais: un/unha funcionario/a, que ben pode ser de xestión ou ben de tramitación, en prol de garantir o dereito de folga do persoal, e mais un auxilio xudicial compartido por cada dous xulgados ou fracción.

Nos xulgados do social, radica na necesidade de atender, entre outras, as seguintes cuestións: actuacións en que venza un prazo preestablecido na lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de dereitos á cidadanía, asegurando desta forma a celebración de vistas que poidan afectar os dereitos dos/das traballadores/as, tales como as demandas de tutela de dereitos fundamentais e liberdades públicas; actuacións declaradas urxentes pola lexislación procesual, tales como medidas cautelares necesarias para asegurar a efectividade da tutela xudicial, procesos de conflitos colectivos, impugnacións de altas médicas, vacacións, mobilidade xeográfica, modificacións substanciais nas condicións de traballo, suspensión do contrato e redución de xornada por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción ou derivadas de forza maior, ou procedementos para o exercicio da conciliación da vida persoal, familiar e laboral recoñecidos legal ou convencionalmente.

Respecto da concreta dotación dos servizos mínimos, igualmente neste suposto se estableceu, tal e como consta na exposición de motivos da orde, a dotación mínima de que se parte naqueles órganos que atenden servizos esenciais: un/unha funcionario/a, que ben pode ser de xestión ou ben de tramitación, en prol de garantir o dereito de folga do persoal, e mais un auxilio xudicial compartido por cada dous xulgados ou fracción.

No caso dos xulgados de vixilancia penitenciaria, estriba na necesidade de atender aquelas actuacións en que venza un prazo preestablecido na lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de dereitos aos internos, así como na de tutelar os dereitos dos presos.

Respecto da xustificación da concreta dotación de efectivos, ao igual que se motivou respecto dos xulgados do penal, e na medida en que os xulgados de vixilancia penitenciaria garanten bens xurídicos especialmente protexidos polo ordenamento xurídico, e esencialmente bens persoalísimos e primarios coma, entre outros, a liberdade das persoas, o número de efectivos fixados nestes xulgados arrédase da regra xeral no tocante ao persoal funcionario dos corpos de xestión e tramitación, xa que se establece a necesidade dun/dunha funcionario/a de cada un destes corpos. No tocante ao persoal funcionario de auxilio xudicial, establécese un/unha funcionario/a como servizo mínimo, dado que non existe máis dun xulgado deste tipo na mesma localidade.

Nos xulgados con competencia en violencia sobre a muller, fundaméntase na necesidade de atender, entre outras, as seguintes cuestións: actuacións en que venza un prazo preestablecido na lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de dereitos da cidadanía; adopción de medidas cautelares ou provisionais urxentes en materia de familia ou de violencia sobre a muller, ou causas con detido na materia.

Respecto da xustificación da concreta dotación de efectivos, ao igual que se motivou respecto dos xulgados do penal ou dos de vixilancia penitenciaria, en que a dotación de servizos mínimos tamén é coincidente, e dado que estes xulgados especializados da orde penal garanten bens xurídicos especialmente protexidos polo ordenamento xurídico, o número de efectivos fixados nestes xulgados arrédase da regra xeral no tocante ao persoal funcionario dos corpos de xestión e tramitación, xa que se establece a necesidade dun/dunha funcionario/a de cada un destes corpos. No tocante aos funcionarios de auxilio xudicial, establécese un/unha funcionario/a como servizo mínimo, pois non existe máis dun xulgado deste tipo na mesma localidade.

Nos servizos comúns de atención á cidadanía e á vítima, trátase dun servizo que ten encomendada, entre outras funcións principais, a da asistencia ás vítimas de delitos.

Respecto da concreta dotación de servizos mínimos, fíxase a dotación mínima: un/unha funcionario/a por cada servizo.

Nos servizos comúns de notificacións e embargos, radica na necesidade de asegurar a realización de actos de comunicación de carácter urxente.

A concreta dotación de servizos mínimos arrédase do tipo mínimo que permite un/unha funcionario/a de xestión ou de tramitación, xa que se considera necesaria a presenza dun/unha funcionario/a de cada un destes corpos en atención ás funcións encomendadas a estes servizos, como sucede coa Comisión Xudicial. Así mesmo, cómpre sinalar que este servizo presta asistencia a todos os órganos do partido xudicial en que estea constituído.

Nas oficinas das fiscalías, fundaméntase na necesidade de, entre outras cuestións, garantir as medidas cautelares ou provisionais urxentes en materia de familia, de violencia sobre a muller e de liberdade provisional.

Respecto da concreta dotación de servizos mínimos, séguese a pauta do tipo mínimo que se vén establecendo, tal e como consta na exposición de motivos, agás no caso das fiscalías provinciais, en que se designa un/unha funcionario/a a maiores co fin de garantir aqueles servizos esenciais relacionados cos menores, e no caso das seccións territoriais, onde se establece o mínimo para permitir a apertura do servizo: un/unha funcionario/a.

En relación co Instituto de Medicina Legal de Galicia, fundaméntase na necesidade de garantir o servizo que lle é propio na materia: a prestación do servizo de garda; a asistencia médico-forense ao xulgado de garda; o levantamento de cadáveres; a asistencia a detidos e a vítimas de violencia de xénero; a asistencia nos internamentos; as autopsias; a atención a aquelas actuacións en que venza un prazo preestablecido na lei cuxo incumprimento poida supor perda ou prexuízo de dereitos á cidadanía, ou a redacción de informes urxentes, entre outros.

A dotación dos servizos mínimos está constituída, xa que logo, polo persoal que presta o servizo de garda e, así mesmo, por un/unha funcionario/a do corpo de tramitación, dado que o Imelga non conta con persoal funcionario de xestión, para dar soporte, rexistrar e dar trámite a aquelas actuacións urxentes descritas con anterioridade que poidan constituír servizo esencial.

No ámbito da Xefatura Territorial Pontevedra, cómpre a fixación de servizos mínimos no funcionamento dos rexistros administrativos, para garantir as actuacións da cidadanía, cuxo incumprimento pode supor a perda ou prexuízo dos seus dereitos. Considérase, así mesmo, esencial o mantemento dos edificios administrativos co obxecto de garantir o correcto funcionamento das súas instalacións nas posibles situacións de emerxencia que poidan acontecer.

Edificios xudiciais:

Persoal laboral (persoal de limpeza).

En canto aos edificios xudiciais do Concello de Pontevedra, a fixación desta porcentaxe de servizos mínimos está xustificada pola necesidade de garantir unhas mínimas condicións de hixiene que permitan asegurar diariamente a retirada de lixo, limpeza de baños, e outras necesidades urxentes e inaprazables, con especial atención ás zonas de uso común.

Edificios administrativos:

En canto ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra (Campolongo), determínanse os seguintes servizos mínimos para garantir a atención ao cidadán no Rexistro do edificio e contar cun efectivo con responsabilidade no mantemento do edificio, para garantir o funcionamento con normalidade do edificio.

No ámbito da Consellería de Facenda e Administración Pública, no que se refire á Axencia Tributaria de Galicia, cómpre a fixación de servizos mínimos para garantir o funcionamento do sistema de cita previa na delegación da axencia en Pontevedra, xa que o día da folga pode coincidir co último día para:

– A presentación dos impostos que xestiona esta axencia (ISD ten seis meses ou un mes segundo os casos para presentarse, ITPAXD ten un mes para presentarse) que necesariamente, segundo a normativa vixente, ten que realizarse para os suxeitos pasivos non obrigados a relacionarse electronicamente coa Atriga de xeito presencial nas delegacións e non cabe a súa presentación polo Rexistro Xeral, segundo regulan as súas ordes.

– Achegar un certificado de estar ao día coas obrigas coa Xunta de Galicia en relación con solicitudes de axudas, subvencións ou procedementos de contratación, que se emiten de xeito presencial unicamente nas dependencias desta axencia.

No ámbito da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, polo que se refire ao servizo esencial da educación, este non pode ser reducido exclusivamente á actividade docente, xa que xunto a esta actividade se realizan outras funcións como son a vixilancia e coidado dos nenos e nenas, menores de idade, que acoden aos centros docentes públicos, así como o coidado, mantemento e vixilancia das instalacións destinadas ao servizo público educativo.

Con carácter xeral, o artigo 39 da Constitución depara unha protección especial aos menores; dun xeito máis específico, a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa (DOG do 15 de xullo), dispón no seu artigo 7 que o alumnado ten dereito a que se respecte a súa identidade, integridade e dignidade persoal, e á protección integral contra toda agresión física e moral. Polo tanto, a custodia e seguridade dos menores de idade que accedan a un centro docente, o cumprimento dos principios constitucionais mencionados e dos dereitos citados é responsabilidade ineludible desta Administración educativa e parte indivisible do dereito esencial á educación.

O dereito á seguridade e o correlativo deber de protección dos menores, dada a súa entidade, debe exercerse continuamente. Como servizo mínimo para garantilos establécese que os centros docentes permanezan abertos no seu horario habitual, coa necesaria presenza nos ditos centros do/da director/a ou, de ser o caso, doutro membro do equipo directivo que o/a substitúa, xa que tales membros do equipo directivo teñen a representación do centro e garanten o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes, como sinalan as alíneas a) e d) do artigo 132 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e polo tanto están capacitados e facultados para resolver calquera incidencia respecto da seguridade dos menores de idade. Así mesmo, consonte a normativa citada, o/a director/a tamén está facultado e capacitado para resolver calquera incidencia que se poida producir respecto do conxunto dos bens que integran un centro docente.

A presenza dun subalterno ou subalterna deriva das funcións que a este tipo de persoal compete respecto do coidado e vixilancia das instalacións e do control de entrada e saída do centro educativo, tanto para evitar a entrada de persoas alleas ao centro como para evitar a saída dos menores de idades cando non corresponda.

Dentro do deber de outorgar protección básica ao menor de idade debemos incluír a súa alimentación. Así, cando un servizo público asume esta responsabilidade, non pode desatendela, o que motiva que unha persoa con funcións de cociña deba permanecer nos centros educativos ordinarios con servizo de comedor.

O dereito á seguridade e o correlativo deber de protección dos/das menores que, como se dixo, non pode ser paralizado, inclúe a actividade básica de coidar a integridade física e hixiene daqueles que, por teren diminuídas as súas capacidades, necesitan unha constante vixilancia e atención (artigo 49 da Constitución) por parte de coidadores de alumnado con necesidades educativas especiais presentes nos centros docentes ordinarios. O alumnado dos centros de educación especial teñen unhas necesidades relativas á súa atención aínda máis reforzadas, polo que debe haber unha presenza mínima de persoal sanitario, persoal coidador, de comedores e de limpeza.

No ámbito da Consellería de Política Social e Xuventude, tómase en consideración para a determinación dos servizos mínimos a necesidade da presenza efectiva que garanta o funcionamento dos centros, tendo como referencia para os centros asistenciais o número de efectivos presentes nun día festivo por seren estes os días en que a prestación de servizos e realización de actividades, así como o número de persoas usuarias, acada os seus niveis mínimos, e limitaranse ao mantemento básico e esencial dos centros, o cal non pode ser desatendido. Estes servizos mínimos fixados no ámbito dos servizos sociais considéranse imprescindibles para garantir unha atención adecuada ás persoas residentes ou usuarias destes centros, máxime cando é necesario dar unha resposta inmediata ás diferentes situacións de emerxencia social.

No que respecta á Consellería de Sanidade, os servizos mínimos que se establecen resultan totalmente necesarios para manter a adecuada cobertura dos servizos esenciais que presta a Xefatura Territorial de Sanidade, evitando que se produzan graves prexuízos para a saúde da cidadanía e permitindo cumprir coa normativa vixente.

Tales servizos mínimos responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible ao exercicio do dereito á folga co mantemento dunha serie de servizos á poboación, que baixo ningún concepto poden quedar desasistidos, xa que se realizan no eido da protección da saúde, cun carácter marcadamente preventivo e deberán ser prestados tendo en conta as obrigas que o marco normativo vixente, no contexto europeo, nacional ou autonómico, establece en materia ambiental e alimentaria co obxectivo de protexer a saúde da cidadanía. No ámbito sanitario, os servizos deben garantir o cumprimento das normas esenciais para asegurar o control de calquera incidencia que se poida producir nos establecementos e servizos de sanidade ambiental ou alimentaria.

En canto á inspección de saúde pública cubriranse as necesidades urxentes ou de perentoria necesidade, así como actuacións especiais no marco das súas competencias.

Os/as inspectores/as veterinarios/as oficial de saúde pública de comarca cubrirá/n as necesidades urxentes ou de perentoria necesidade do seu ámbito, entre as cales se encontran alertas nivel I, intoxicacións alimentarias, abrochos e actuacións especiais en establecementos e servizos no marco das competencias da Consellería de Sanidade.

Os/as inspectores/as veterinarios/as de saúde pública de matadoiro cubrirán as situacións especiais derivadas das urxencias que se poidan producir, entre as cales están as de benestar animal, as de desabastecemento que se poidan producir por festividades locais, no día anterior ou posterior ao día da folga, e outras de semellante natureza.

O/a inspector/a farmacéutico/a de saúde pública cubrirá as necesidades urxentes ou de perentoria necesidade, entre as cales se encontran alertas, casos illados de lexionela, gromos e actuacións especiais en establecementos e servizos no marco das súas competencias.

En canto ás alertas epidemiolóxicas, o obxectivo principal é o de detectar rapidamente aquelas ameazas e situacións que poidan ter un impacto grave na saúde da poboación e requiran a toma de medidas de xeito rápido, coa finalidade de dar una resposta de saúde pública adaptada á situación, polo que as persoas que estean de garda nesta data cubrirán os servizos mínimos.

Por isto, é polo que se considera imprescindible a presenza destes/as traballadores/as como servizo esencial.

Finalmente, en relación coa Consellería do Mar, os servizos mínimos establecidos por esta consellería fundaméntanse nos seguintes motivos:

A. Servizo de Gardacostas de Galicia.

A vixilancia pesqueira non só é necesaria para manter o control do sector, coa finalidade de ofrecer unha efectiva protección dos recursos mariños, senón que tamén colabora en tarefas e actuacións de salvamento e rescate marítimo cando as necesidades así o exixen. Así, os servizos mínimos deben cubrir de xeito efectivo a área de busca e salvamento marítimo e loita contra a contaminación do mar en Galicia, dada a imposibilidade de que tal servizo quede desatendido, pola transcendencia que esta actividade ten no salvamento de vidas e na protección e prevención de contaminacións mariñas.

O Servizo de Gardacostas de Galicia está operativo as 24 horas do día os 365 días do ano, sen que se diferencien os servizos establecidos para festivos, sábados e domingos dos programados para o resto dos días laborables. As emerxencias, de producírense no día fixado para a folga, poden ser atendidas garantindo unha tripulación (composta por un/unha patrón/oa, un mecánico/a e un vixilante mariñeiro/a) na base operativa de Pontevedra.

B. Ente público Portos de Galicia.

Os portos, que comezaron como puntos de descarga de mercadorías e pesca, evolucionaron ata convertérense nuns complexos industriais e mercantís onde se desenvolven numerosas actividades produtivas e administrativas e que, así mesmo, realizan unha función de desenvolvemento rexional, permitindo a localización e promoción doutras industrias, e social, en beneficio da comunidade concentrada na súa zona de influencia.

En Galicia, o funcionamento e a evolución do sistema portuario teñen unha especial importancia, xa que as actividades relacionadas co mar representan un factor fundamental na súa estrutura socioeconómica, e non en van máis do 60 por cento da poboación total das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra reside en concellos que contan con instalacións portuarias, e unha gran parte desa poboación desenvolve actividades directa ou indirectamente relacionadas co sector marítimo.

Os portos autonómicos teñen unha forte actividade comercial, pesqueira e náutico-recreativa, tales como os de Ribadeo, Burela, Celeiro, Cariño, Laxe, Brens-Cee, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, y están suxeitos ao código internacional de protección de instalacións portuarias e buques fronte a actos terroristas e de atentado a instalacións críticas, código PBIP, e tamén portos pesqueiros de primeira orde e instalacións náuticas ao longo de toda a franxa costeira galega, que atinxe máis de 65 concellos. Todo o anterior implica o control do tránsito de buques, embarcacións e pasaxeiros exteriores. Todas elas son actividades portuarias con relevante impacto na área de influencia das comarcas da zona de influencia destes portos e que exixen que o/a responsable, xefe/a de zona, se relacione con diversos departamentos da Xunta e doutras administracións, concellos, capitanías marítimas dependentes da Dirección Xeral da Mariña Mercante ou cos diferentes concesionarios e empresariado en relación cos servizos portuarios; ademais, considerando o elevado número de portos de cada zona territorial de Portos e a súa dispersión en centos de quilómetros resulta preciso que o xefe da Zona Sur-Pontevedra sexa asistido por un mínimo de persoal gardapeiraos que garanta a posibilidade de desprazarse aos portos de xeito presencial para os efectos de control e policía administrativa da actividade destes. Polo tanto, considérase esencial que se manteña desde a xefatura, co mínimo apoio dun máximo de 2 gardapeiraos na Zona Sur, a capacidade de relación e decisión e inspección in situ dos portos ante calquera incidencia que afecte os portos xestionados por Portos de Galicia. Portos de Galicia non ten servizos ordinarios (nin de oficinas nin nos portos) os sábados e domingos; aínda que para casos de incidencias nos portos en días festivos, sábados ou domingos si se acostuma a actuar desde os cargos de goberno do organismo, a través de instrucións aos/ás tres xefes/as de zona territorial de Portos, que, pola súa vez, dispoñen a actuación dos gardapeiraos adscritos a cada zona de Portos.

En consecuencia, de acordo coa normativa citada e cos argumentos expostos, en virtude das facultades que me confiren o artigo 5.2 do Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia e o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e coa conformidade do Comité de Folga

DISPOÑO:

Artigo único

1) Terán a consideración de servizos mínimos os que se relacionan a seguir:

1.1. Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

1.1.1. Secretaría Xeral para o Deporte.

– Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

3 camareiros/as-limpadores/as: 2 na quenda de mañá e 1 na quenda de tarde.

3 ordenanzas: 1 na quenda de maña, 1 na quenda de tarde e 1 na quenda de noite.

2 oficiais de cociña: 1 na quenda de mañá e 1 na quenda de tarde.

3 preceptores/as: 1 na quenda de mañá, 1 na quenda de tarde e 1 na quenda de noite.

1.1.2. Dirección Xeral de Xustiza:

1. Audiencias provinciais.

1.1. Seccións civís das audiencias provinciais.

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a por cada unha das respectivas seccións, e 1 funcionario/a de auxilio por cada 2 seccións ou fracción.

1.2. Seccións penais das audiencias provinciais.

– 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio por cada unha das respectivas seccións.

1.3. Oficinas de rexistro e repartición das audiencias provinciais.

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a e 1 auxilio xudicial.

2. Xulgados.

2.1. Xulgados que actúen de garda.

Terán que contar con toda a dotación do persoal que efectúa o servizo de garda habitualmente.

2.2. Xulgados de primeira instancia.

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a por cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.

– Nos xulgados de primeira instancia con competencias en materia de familia, 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio.

– Nos xulgados de primeira instancia con competencias en materia de rexistro civil, 1 xestor/a e 1 tramitador/a.

2.3. Xulgados do mercantil (exclusivos).

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a para cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.

2.4. Xulgados de instrución.

– Os xulgados de garda terán que contar con toda a dotación do persoal que efectúa o servizo de garda habitualmente.

– No resto de xulgados: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a para cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.

– Nos xulgados con competencias en materia de violencia sobre a muller, a dotación será: 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio.

2.5. Xulgados do penal.

– 1 xestor/a e 1 tramitador/a para cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.

2.6. Xulgado de menores.

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a e 1 auxilio xudicial.

2.7. Xulgados do contencioso-administrativo.

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a en cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.

2.8. Xulgados do social.

– 1 xestor/a ou 1 tramitador/a en cada xulgado, e 1 auxilio para cada 2 xulgados ou fracción.

2.9. Xulgado de vixilancia penitenciaria.

– 1 xestor/a, 1 tramitador/a e 1 auxilio.

3. Servizos.

3.1. Oficinas de rexistro e repartición dos decanatos.

– 2 de xestión ou de tramitación e 1 auxilio.

3.2. Servizos comúns de atención á cidadanía e á vítima.

– 1 de xestión ou 1 de tramitación.

3.3. Servizos comúns de notificación e embargo.

– 1 de xestión, 1 de tramitación e 1 auxilio.

4. Fiscalías.

Ademais do persoal que lle corresponda ao servizo de garda:

– Fiscalía provincial: 1 xestor/a ou 1 tramitador/a e 1 auxilio, e, a maiores, 1 xestor/a ou 1 tramitador/a para a Fiscalía de Menores.

5. Instituto de Medicina Legal de Galicia.

– Na Subdirección do Imelga de Pontevedra: o equipo do persoal que presta o servizo de garda e 1 tramitador/a.

1.1.3. Xefatura Territorial de Pontevedra.

Audiencia Provincial de Pontevedra: 1 limpador/a na quenda de tarde.

Edificio Xudicial A Parda (Antigo): 4 limpadores/as na quenda de tarde.

Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra (Campolongo):

– Persoal de Rexistro: 1 na quenda de mañá e outro na quenda de tarde.

– Xefe de mantemento: 1; horario especial.

1.2. Consellería de Facenda e Administración Pública.

1.2.1. Delegación da Axencia Tributaria de Galicia en Pontevedra.

1 funcionario/a do Departamento de Recadación.

1 funcionario/a do Departamento de Información e Asistencia.

1.3. Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

1.3.1. Servizos periféricos da Consellería:

1 funcionario/a da unidade de persoal da xefatura territorial correspondente.

1.3.2. Centros docentes non universitarios de titularidade pública:

– A dirección ou membro do equipo da dirección e un subalterno o subalterna en cada centro escolar. En todo caso, quedará garantida a apertura e peche de todos os centros.

– Unha persoa de cociña nos centros ordinarios con comedor escolar de xestión directa.

– 1 auxiliar coidador/a en cada centro educativo que non sexa centro de educación especial e que neste curso teña asignado persoal desa categoría.

– O 20 % do persoal de comedores, ATS, limpeza, coidadores e persoal médico dos centros de educación especial.

A designación nominal do persoal que deberá cubrir os distintos servizos relacionados neste punto será realizada pola dirección do centro respectivo e publicarase no taboleiro de anuncios do centro.

1.4. Consellería de Política Social e Xuventude.

1.4. Pontevedra.

a) Centros de titularidade pública con xestión propia.

– Centro de menores Avelino Montero.

2 educadores/as en quenda de mañá.

2 educadores/as en quenda de tarde.

1 oficial/a 2ª cociña en quenda de mañá.

1 axudante de cociña en quenda de tarde.

1 camareiro/a limpador/a en quenda de mañá.

1 camareiro/a limpador/a en quenda de tarde.

1 vixilante en quenda de noite.

– Residencia de maiores (Pontevedra).

2 enfermeiros/as en quenda de mañá.

2 enfermeiros/as en quenda de tarde.

1 enfermeiro/a en quenda de noite

8 auxiliares de clínica en quenda de mañá.

6 auxiliares de clínica en quenda de tarde.

2 auxiliares de clínica en quenda de noite.

1 subalterno/a en quenda de mañá.

1 subalterno/a en quenda de tarde.

1 subalterno/a en quenda de noite.

1 oficial/a cociña en quenda de mañá.

1 oficial/a cociña en quenda de tarde.

1 axudante/a de cociña en quenda de mañá.

1 axudante/a de cociña en quenda de tarde.

8 camareiros/as limpadores/as en quenda de mañá.

4 camareiros/as limpadores/as en quenda de tarde.

b) Centros de titularidade pública con xestión externa (en réxime de concesión).

– Punto de encontro familiar de Pontevedra.

1 psicólogo/a.

1 educador/as social.

c) Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Escolas infantís de xestión directa ou externalizada.

Dúas persoas traballadoras de persoal de atención directa aos nenos e nenas, que garantan a apertura e peche dos centros ao longo da xornada. Nas escolas de dúas ou máis unidades abertas haberá, ademais, unha persoa de atención directa por cada unha das unidades que teña a escola en funcionamento.

Outros centros de traballo.

1 traballador/a na súa quenda habitual para garantir a apertura e peche dos centros. 

d) Axencia Galega de Servizos Sociais.

Escolas infantís de xestión directa ou externalizada.

Dúas persoas traballadoras de persoal de atención directa aos nenos e nenas, que garantan a apertura e peche dos centros ao longo da xornada. Nas escolas de dúas ou máis unidades abertas haberá, ademais, unha persoa de atención directa por cada unha das unidades que teña a escola en funcionamento.

Outros centros de traballo.

1 traballador na súa quenda habitual para garantir a apertura e peche dos centros.

1.5. Consellería de Sanidade.

Xefatura Territorial de Pontevedra.

Respecto do Servizo de Control de Riscos Ambientais:

– 1 xefe dos servizos veterinarios oficiais de saúde pública, zona de Pontevedra ou director técnico sanitario de industrias alimentarias.

– 1 inspector/a veterinario/a de saúde pública da comarca de Pontevedra.

– 1 inspector/a veterinario/a de saúde pública de matadoiro.

– 1 xefa de sección de sanidade ambiental ou coordinadora de programas de saúde ambiental.

– 1 farmacéutico/a inspector/a de saúde pública.

Respecto das alertas epidemiolóxicas:

– 1 xefa do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas.

– 1 xefa da Sección de Epidemioloxía.

1.6. Consellería do Mar.

1.6.1. Servizo de Gardacostas de Galicia.

a) Bases de vixilancia de Pontevedra.

– 1 patrón/oa na quenda de mañá.

– 1 mecánico/a na quenda de mañá.

– 1 vixilante mariñeiro/a na quenda de mañá.

b) Salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña.

As empresas Tragsatec, Remolcanosa e Avincis deberán garantir que a sala de operacións e todas as embarcacións e aeronaves afectas ao Servizo de Gardacostas de Galicia estarán operativas as 24 horas da xornada de folga.

1.6.2. Ente público Portos de Galicia.

– 1 xefe/a de zona (Zona Sur-Pontevedra), na quenda de mañá.

– 2 gardapeiraos (Zona Sur-Pontevedra), na quenda de mañá.

2) En todo caso, quedará garantida a apertura e o peche de todos os centros de traballo.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2024

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes