DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 13 de marzo de 2024 Páx. 18654

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas Foexga (fomento das exportacións galegas), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IG422B), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IG422A), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva.

O Consello de Dirección do Igape (en diante, Igape), na súa xuntanza do 27 de febreiro de 2024, acordou, por unanimidade dos seus membros asistentes, aprobar as bases reguladoras das axudas Foexga, susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e facultou a persoa titular da Dirección Xeral para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia as bases reguladoras das axudas Foexga (código de procedemento IG422B), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IG422A), e convocar para o exercicio 2024 as ditas axudas, en réxime de concorrencia non competitiva.

A convocatoria de axuda proposta ten un custo de 2.380.000 € no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento Feder do 60 %, computándose como cofinanciamento nacional polo 40 % restante, parte de cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible dos beneficiarios.

En particular:

Obxectivo político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica, innovadora e intelixente, e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Prioridade P1A Transición dixital e intelixente.

Obxectivo específico 1.3: reforzar o crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.

Actuación 1.3.03: axudas á internacionalización de empresas galegas.

Ámbito de intervención 021: desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Os indicadores do programa Galicia Feder 2021-2027 correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de realización RCO01-empresas apoiadas (das cales, microempresas, pequenas, medianas, grandes).

– Indicador de realización RCO02-empresas apoiadas a través de subvencións.

– Indicador de resultado RCR02-investimentos privados que acompañan o apoio público.

Segundo. As entidades colaboradoras son as encargadas de tramitar a solicitude de axuda (facer a reserva do crédito, presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).

O prazo de adhesión das entidades colaboradoras será de 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (código de procedemento IG422A).

Terceiro. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento.

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de tres meses desde a data de presentación da solicitude e, transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda (código de procedemento IG422B) iniciarase o día seguinte hábil ao da finalización do prazo de adhesión das entidades colaboradoras, contado desde as 8.00 horas do día do inicio do prazo, e finalizará ás 14.00 horas do 31 de outubro de 2024, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito. Neste caso, informarase do peche adiantado do prazo de solicitude a través da páxina web do Igape e no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de execución de cada actuación iniciarase na data de solicitude e rematará no prazo dun mes a partir do día seguinte ao de finalización de cada actuación, prazo en que se deberá presentar a solicitude de cobramento.

Este prazo non poderá exceder do 30 de novembro de 2024, para as solicitudes con accións que se realicen ata esta data, e do 31 de marzo de 2025, para solicitudes con accións que se realicen ata esta data. Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pagamento. As accións realizadas entre o 1 de decembro de 2024 e o 31 de decembro de 2024 poderán ser imputadas ao 2025.

Cuarto. Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Partida orzamentaria

Ano 2024

Ano 2025

Total

09 A1 741A 7700

1.900.000

480.000

2.380.000

A persoa titular da Dirección Xeral do Igape ampliará o crédito no caso de que o crédito actual sexa insuficiente para atender todas as solicitudes presentadas, logo de declaración da súa dispoñibilidade, nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, mediante resolución publicada para o efecto.

Así mesmo, non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria, ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Quinto. Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados, conforme o disposto no artigo 54 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns, relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e á política de visados (en diante, RDC).

Sexto. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións, non requirirá o consentimento do beneficiario.

Sétimo. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Oitavo. Publicar no Diario Oficial de Galicia o convenio para a xestión das axudas Foexga o que se deben adherir as entidades colaboradoras.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2024

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Bases reguladoras das axudas Foexga, susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión

A internacionalización achega ás empresas a posibilidade de aumentar o seu tamaño e acadar maiores economías de escala, acceder a recursos inaccesibles ou caros no seu mercado de orixe, conseguindo economías de localización, mellorar a notoriedade e diferenciación dos seus produtos e marcas, entrar en contacto con consumidores máis exixentes e competidores máis eficientes que estimulan a súa innovación e desenvolvemento tecnolóxico e, en definitiva, mellorar a súa eficiencia económica e capacidade competitiva en liña coa Estratexia galega de especialización intelixente (RIS3).

O 8 de abril de 2022, o Consello da Xunta de Galicia adoptou o acordo mediante o cal se aprobou a Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, que define o marco para as políticas de investigación e innovación na Comunidade Autónoma para este período, así como o Plan galego de investigación e innovación 2022-2024, que concreta desde un punto de vista operativo este marco estratéxico.

A RIS3, no período 2021-2027, aborda a través da I+D+i tres grandes retos da economía e a sociedade galega. Para darlles resposta, por unha banda, a estratexia orienta as capacidades e esforzos de investigación e innovación en Galicia cara a 3 prioridades temáticas transversais e, pola outra, reforza e impulsa o ecosistema galego de innovación a través de 5 obxectivos estratéxicos, arredor dos cales articula os instrumentos e actuacións que se vaian desenvolver integrados nos correspondentes programas.

Os instrumentos, apoios e actuacións que se desenvolven no marco da RIS3 en relación con cada obxectivo estratéxico recóllense nos correspondentes programas. O obxectivo estratéxico 5 busca impulsar unha maior presenza na contorna nacional, priorizando as empresas innovadoras (obxectivo estratéxico 5).

En consecuencia, a presente convocatoria enmárcase na RIS3, polo seu carácter transversal responde aos tres retos e ás tres prioridades. Ten como obxectivo estratéxico impulsar unha maior presenza na contorna nacional, priorizando as empresas innovadoras (obxectivo estratéxico 5) e intégrase no programa Posiciona.

A internacionalización do tecido empresarial galego foi e seguirá sendo un dos eixes prioritarios de actuación dentro da política económica da Xunta de Galicia de cara a mellorar a súa competitividade e acadar o crecemento económico. Mediante un modelo facilitador de información, servizos directos nos principais mercados internacionais, financiamento ás empresas para a súa entrada neles, formación e especialización de recursos humanos, o Goberno galego aposta pola internacionalización das empresas galegas.

Esta aposta plásmase na Estratexia da Xunta de Galicia de internacionalización da empresa galega 2021-2025, que inclúe entre os seus obxectivos o de lograr un significativo aumento na cantidade, na calidade e no impacto efectivo das exportacións da empresa galega. Aumento do número de empresas da base exportadora, procura e apertura de novos mercados, apoio na ampliación de cota de mercados con menor presenza e maior potencial de crecemento futuro, e consolidación de cota nos mercados maduros. En definitiva, esta estratexia persegue unha fase de consolidación dos distintos esforzos e accións emprendidas ao longo dos últimos anos para estimular, fortalecer, expandir e consolidar a internacionalización das pemes galegas e dos seus produtos e servizos.

En concreto, estas bases encaixan nos obxectivos dos seguintes eixes da Estratexia de internacionalización da empresa galega 2021-2025:

Eixe 3. Acompañamento e dotación de medios. Obxectivo: maior presenza internacional; diversificación de mercados, pero sobre todo, zonas xeográficas.

A Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, establece no seu artigo 4 como funcións do Igape, entre outras, proporcionar información sobre os mercados e favorecer o desenvolvemento das exportacións e acordos con empresas estranxeiras.

A convocatoria de axuda proposta ten un custo de 2.380.000 € no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento Feder do 60 %, computándose como cofinanciamento nacional o 40 % restante, parte de cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible dos beneficiarios.

En particular:

Obxectivo político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Prioridade P1A Transición dixital e intelixente.

Obxectivo específico 1.3: reforzar o crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.

Actuación 1.3.03: axudas á internacionalización de empresas galegas.

Ámbito de intervención 021: desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Os indicadores do programa Galicia Feder 2021-2027 correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de realización RCOO1-empresas apoiadas (das cales, microempresas, pequenas, medianas, grandes).

– Indicador de realización RCOO2-empresas apoiadas a través de subvencións.

– Indicador de resultado RCRO2-investimentos privados que acompañan o apoio público.

A estas bases reguladoras resúltalles de aplicación o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH, polas súas siglas en inglés); isto é, que ningunha das actuacións promovidas nestas bases incide negativamente en ningún dos seis obxectivos medio ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852: mitigación do cambio climático, adaptación do cambio climático, uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños, economía circular, prevención e control da contaminación, e protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

En aplicación do disposto na Lei 18/2022, de creación e crecemento de empresas, que modifica o artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, nestas bases incorpórase a obriga para as empresas de cumpriren os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para poder ser beneficiarias de subvencións de importe superior a 30.000 euros.

O obxectivo destas bases é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas.

As convocatorias desta liña de axudas serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape. As ditas convocatorias incluirán o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

Polo seu obxecto e finalidade, e por non corresponder ningunha avaliación das solicitudes, senón a mera comprobación dos requisitos das persoas beneficiarias, as axudas reguladas nestas bases outorgaranse en réxime de concorrencia non competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A preparación e presentación por parte da entidade colaboradora de solicitudes será necesariamente telemática, en beneficio de ambas as partes, e dado que as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios técnicos axeitados.

Artigo 1. Obxecto

1. As presentes bases teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas Foexga, coa finalidade de incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.

2. O obxectivo principal destas axudas é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.

3. As actuacións que engloban están dirixidas a:

a) Aumentar a base de empresas exportadoras.

b) Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

c) Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica, das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.

d) Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.

4. O Igape publicará na súa páxina web https://www.Igape.gal/gl/pemes-e-autonomos/internacionalizacion a relación actualizada en todo momento das entidades colaboradoras adheridas ao programa.

Artigo 2. Réxime das subvencións

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario, coas garantías previstas no artigo 31.4 desta lei.

2. A concesión destas axudas estará, en todo caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario e, no caso de esgotamento do crédito, a Administración deberá publicar no Diario Oficial de Galicia e tamén na páxina web do Igape a dita circunstancia, o que suporá a non admisión das solicitudes posteriores, sen prexuízo de que a Administración poida optar por incrementar o crédito orzamentario nos seguintes supostos:

a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

3. As axudas recollidas nestas bases incardínanse no réxime de axudas de minimis establecido no Regulamento (UE) nº 2023/2831) da Comisión, do 13 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro de 2023); no Regulamento (CE) nº 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño), e no Regulamento 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro de 2019 (DOUE L 51, do 22 de febreiro de 2019), e no Regulamento (UE) 2023/2391 da Comisión, do 4 de outubro de 2023, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 717/2014, (UE) nº 1407/2013, (UE) nº 1408/2013 e (UE) nº 360/2012, no que incumbe ás axudas de minimis para a transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura, e o Regulamento (UE) nº 717/2014, no que respecta ao importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa, o seu período de aplicación e outros asuntos.

4. A convocatoria de axuda proposta ten un custo de 2.380.000 € no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento Feder do 60 %, computándose como cofinanciamento nacional polo 40 % restante parte de cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible dos beneficiarios.

En particular:

Obxectivo político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica, innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

Prioridade P1A Transición dixital e intelixente.

Obxectivo específico 1.3: reforzar o crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.

Actuación 1.3.03: axudas á internacionalización de empresas galegas.

Ámbito de intervención 021: desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

5. Os indicadores do programa Galicia Feder 2021-2027 correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de realización RCOO1-empresas apoiadas (das cales, microempresas, pequenas, medianas, grandes).

– Indicador de realización RCOO2-empresas apoiadas a través de subvencións.

– Indicador de resultado RCRO2-investimentos privados que acompañan o apoio público.

6. En cumprimento do artigo 9.4 do RDC todos os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, polas súas siglas en inglés, «do no significant harm»).

7. Nesta convocatoria incorpórase o establecemento de métodos de custos simplificados conforme o disposto no artigo 54 do RDC.

Artigo 3. Actuacións, gastos subvencionables e importes de subvención

1. Serán subvencionables as seguintes actuacións de internacionalización organizadas e executadas por unha entidade colaboradora adherida en que participen un mínimo de dúas empresas, aínda que só unha teña dereito a subvención por estas bases:

a) Misións empresariais directas ao estranxeiro (incluíndo encontros empresariais, misións institucionais ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro), só en formatos presenciais e sempre que leven aparellados o desenvolvemento dunha axenda empresarial. Exceptúanse deste requisito de axenda as misións que teñan por obxecto visitas a feiras e a participación nas misións institucionais.

b) Participación presencial en feiras ou noutros eventos expositivos que se celebren no estranxeiro, así como aqueloutros eventos promocionais do tipo congresos, conferencias ou simposios que, aínda que non teñan un compoñente expositivo como tal, permitan indubidablemente a promoción da empresa a nivel internacional e teñan lugar no estranxeiro.

Estas actuacións deberán executarse preferentemente nos países que se recollen no anexo IV.

2. Gastos subvencionables, límites de subvención e contía da axuda.

Serán subvencionables aqueles gastos que correspondan de xeito indubidable á natureza da actuación subvencionada, resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do plan para o cal foron concibidos e sexan facturados polas entidades colaboradoras. Os gastos clasifícanse en:

a) Custos directos: determinados con base no seu custo real, que se corresponden cos descritos no cadro seguinte.

Custos directos (conceptos)

Límite de gasto subvencionable para cada peme e acción en que participe

• Cotas de inscrición nos eventos promocionais non expositivos dos citados no artigo 3.1.b), así como custo das entradas a feiras, congresos ou eventos de recomendado interese e incluídos no programa da actuación.

Cota ou fee de inscrición ou entradas cun límite de 2.000 € por evento.

• Asistencia externa en destino para a realización de axendas e para organización da acción.

 

• Gastos de intérpretes para accións individuais e conxuntas.

 

• Aluguer do espazo, stand e/ou salas para a realización da acción, gastos de decoración básica, aluguer de mobiliario, gastos de subministracións básicas no stand (luz, auga, limpeza), inserción no catálogo de expositores e outros gastos de servizos inherentes ao evento expositivo.

 

• Gastos de envío de mostras sen valor comercial e catálogos co seu seguro correspondente.

 

• Viaxe dunha persoa da peme participante (2 persoas no caso de actuacións das citadas no artigo 3.1.b).

Límites anexo V.

Datas da viaxe subvencionable: entre a data da convocatoria e a data límite de presentación da solicitude de cobramento. Só se subvencionarán os gastos correspondentes a avión, tren e/ou autobús.

Só se subvencionarán este tipo de custos cando a persoa que viaxa sexa persoal propio da empresa, ou forme parte do seu consello de administración.

• Aloxamento dunha persoa da peme participante en réxime de aloxamento ou aloxamento e almorzo (2 persoas no caso de actuacións das citadas no artigo 3.1.b).

Só se subvencionarán pernoitas comprendidas entre as datas das actuacións cun máximo de 5 pernoitas (7 pernoitas no caso de actuacións das citadas no artigo 3.1.b) e tendo en conta os límites indicados no anexo V.

No caso de accións en máis dun país, engadiranse un máximo de 3 pernoitas máis subvencionadas por país, cun máximo total de 12 pernoitas.

Só se subvencionarán este tipo de custos cando a persoa que viaxa sexa persoal propio da empresa, ou forme parte do seu consello de administración.

• Traslados grupais.

Só se subvencionarán os traslados que sexan contratados e facturados á cámara como organizadora; inclúense todos aqueles traslados en grupo que se realicen no marco da acción, incluídos os traslados desde e ata o aeroporto, así como traslados desde ou ata lugares onde se celebren reunións ou eventos incluídos no programa conxunto da acción. Quedan excluídos os traslados individuais de calquera tipo.

• Taxa de visado e seguro de viaxe, incluídas as coberturas de cancelación, e custo de realización de probas PCR ou similares sempre que se consideren obrigatorias para a realización da viaxe, dunha persoa da peme participante. No caso das actuacións das citadas no artigo 3.1.b), dúas persoas por peme participante.

 

Servizos prestados directamente pola entidade colaboradora organizadora da acción 

• Gastos de organización da acción, información e asesoramento á peme (dossier de mercado, asesorías telefónicas, reunións previas, seguimento da axenda de entrevistas, elaboración de listas, informes e todas aquelas precisas para a eficiente organización da acción e a xestión da subvención para a peme).

Máximo de 1.200 €. Este límite será de 600 € naquelas accións excepcionais descritas no artigo 3.1.a) que non leven aparellado o desenvolvemento dunha axenda empresarial.

• Parte proporcional do servizo de apoio técnico en destino.

Límites: 600 euros/día por acción con independencia do número de pemes participantes.

A prestación deste servizo por parte da entidade colaboradora será obrigatoria en calquera actuación agrupada cunha participación igual ou superior a 4 empresas. Poderase solicitar a excepción desta obriga, que se poderá acordar cando polas características da actuación se desprenda que non achega valor engadido a actuación.

Parte proporcional dos gastos de viaxe e aloxamento das persoas da entidade colaboradora designadas para prestar o servizo de acompañamento, incluídos os seguros de viaxe, as probas PCR ou similares, e os visados correspondentes.

Só se subvencionarán pernoitas comprendidas entre as datas das actuacións cun máximo de 5 pernoitas (7 pernoitas no caso de actuacións das citadas no artigo 3.1.b) e tendo en conta os límites indicados no anexo V.

Límites máximos de gasto subvencionable por todos os conceptos.

Por cada peme beneficiaria e por cada misión en que participe: 8.000 €.

Por cada peme beneficiaria e por cada evento expositivo en que participe: 32.000 €.

b) Custos indirectos: determinados mediante un método de custo simplificado consistente nun tipo fixo do 7 % dos custos directos subvencionables, de conformidade co establecido na alínea a) do artigo 54 do RDC.

Serán aqueles custos distintos dos custos directos subvencionables, que non poden vincularse directamente á actividade subvencionada pero resultan necesarios para a súa realización, nos cales se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), subministración (comunicacións, auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, mantemento ou limpeza.

Fíxanse nun tipo fixo do 7 % sobre os custos directos subvencionables indicados na letra a) anterior, ao abeiro do disposto no artigo 54.a) do RDC.

A contía da axuda será dunha subvención do 70 % dos custos directos subvencionables relacionados na letra a) do punto 2 deste artigo 3. Ademais, engádese a subvención dos custos indirectos do proxecto, correspondente a un tipo fixo do 7 % sobre os custos directos subvencionables ao abeiro do disposto no artigo 54.a) do RDC.

3. Cando o importe dos investimentos ou gastos subvencionables supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben e importe igual ou superior a 40.000 € no caso de execución de obra no momento de publicar estas bases), a entidade colaboradora deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á súa contratación, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren.

As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:

a) Comparabilidade: deberán referirse á mesma tipoloxía de elemento obxecto de investimento, con prestacións similares e conter conceptos análogos e comparables e co detalle suficiente para a súa comparación.

b) Non vinculación: os provedores das tres ofertas non poderán ser vinculados entre si nin coa empresa solicitante. Para estes efectos, considérase que existe vinculación entre empresas se responden á definición de «empresas asociadas» ou de «empresas vinculadas» establecida nos números 2 e 3, respectivamente, do artigo 3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

c) Identificación do ofertante e do destinatario: deberán conter a razón social, o domicilio e o número ou código de identificación fiscal. Excepcionalmente, poderán admitirse ofertas ou orzamentos en que se omita algún dos elementos identificativos do emisor ou do destinatario cando, ao criterio dos servizos técnicos do Igape, se considere que están clara e inequivocamente identificados o ofertante e o destinatario.

d) Data e validez: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión e un prazo de validez. As ofertas non poderán ter un prazo de validez vencido na data de presentación da solicitude.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).

Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderá considerase subvencionable o importe da oferta elixida cando acredite que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios adicionais ao prezo.

4. Admítese a subcontratación das actividades subvencionadas pola entidade colaboradora, sen límite respecto ao importe da actividade subvencionada. Exíxelle á entidade colaboradora o cumprimento das obrigas establecidas nos artigos 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 43 do seu regulamento. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

5. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade colaboradora ou coa peme beneficiaria ou cos seus órganos directivos ou xestores, agás que concorran as seguintes circunstancias:

a) Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

b) Que se solicite e conceda a súa autorización previa (a solicitude de autorización e a súa xustificación presentaranse xunto coa solicitude de subvención).

A non vinculación demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.

6. No caso de que a entidade colaboradora teña a condición de poder adxudicador nos termos previstos no artigo 3.3.d) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberá presentar, se é o caso, o correspondente expediente de contratación tramitado para o efecto, nos termos previstos nos artigos 316 a 320 da devandita Lei de contratos do sector público. Así mesmo, deberán aportar un certificado do secretario ou responsable de control da legalidade da entidade en que se acredite que se respectaron os procedementos de contratación pública. Será responsabilidade da entidade colaboradora o cumprimento da citada normativa; o seu incumprimento poderá dar lugar á perda do dereito ao cobramento total ou parcial e ás demais responsabilidades previstas na normativa de subvencións públicas.

Conforme o artigo 3.3.d) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, teñen a consideración de poderes adxudicadores todos os entes, organismos ou entidades con personalidade xurídica propia distintas das administracións públicas, fundacións públicas ou mutuas colaboradoras coa Seguridade Social que fosen creados especificamente para satisfacer necesidades de interese xeral que non teñan carácter industrial ou mercantil, sempre que un ou varios suxeitos que deban considerarse poder adxudicador de acordo cos criterios dese número 3 financien maioritariamente a súa actividade, controlen a súa xestión, ou nomeen a máis da metade dos membros do seu órgano de administración, dirección ou vixilancia.

7. Polo que respecta á asistencia externa para a realización de axendas en destino, as empresas subcontratadas polas entidades colaboradoras para prestar este tipo de servizos deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape. Esta é unha base de expertos en comercio exterior con experiencia contrastada en servizos de apoio á internacionalización e con amplos coñecementos do mercado do país de situación. Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado por oficinas comerciais de España no estranxeiro, cámaras de comercio españolas no exterior ou por cámaras de comercio estranxeiras. En definitiva, unicamente se requirirá no caso de que este servizo sexa prestado por empresas privadas, para os efectos de avaliar a súa capacidade e para enriquecer a base de datos de axentes comerciais mediadores de utilidade para todas as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización.

8. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados no período de execución establecido na convocatoria destas bases e na resolución de concesión. Tamén serán subvencionables os gastos efectuados desde o 1 de xullo de 2023 correspondentes a reserva das empresas de participacións nas accións e, reserva de espazo de stands, salas, hoteis ou viaxes.

9. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado e non se admitirán os pagamentos en efectivo.

10. En consonancia coa Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, queda expresamente excluído do ámbito de aplicación destas bases o Imposto sobre o valor engadido (IVE), a non ser que se acredite que non é recuperable.

11. Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables en que incorrese nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

Artigo 4. Financiamento e concorrencia

1. A concesión destas axudas, que terán a modalidade de subvención, outorgaranse con cargo aos orzamentos do Igape segundo a distribución establecida na convocatoria da axuda.

2. En todo caso, a concesión de axudas queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

3. Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para os mesmos fins.

4. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que, de recibir a persoa beneficiaria outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 300.000 euros nos tres anos previos ao da concesión da axuda. Para as empresas do sector da pesca e da acuicultura o límite redúcese a 40.000 euros. E para as empresas do sector agrícola o límite redúcese a 20.000 euros.

5. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que a entidade colaboradora presente a documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder a axuda, solicitarase do solicitante unha declaración, escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda de minimis recibida durante os tres anos previos ao da concesión da axuda. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 5. Entidades colaboradoras

1. Para os efectos destas axudas, poderán ser entidades colaboradoras as cámaras oficiais de Comercio, Industria e Navegación galegas, que son corporacións de dereito público que se configuran como órganos consultivos e de colaboración coas administracións públicas, especialmente coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo, e que o soliciten nos prazos que se indican na convocatoria, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria destas bases no Diario Oficial de Galicia.

2. As entidades colaboradoras serán as encargadas de programar, organizar e executar as actuacións e actuar de enlace entre as empresas solicitantes das actuacións sinaladas no punto 3.1 destas bases, asumindo as funcións e compromisos do número 8 deste artigo.

3. Para acreditar a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e o Igape.

4. Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas cámaras nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento, ou que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

Esta circunstancia será acreditada por parte das sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante declaración responsable.

Para as sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada establécese a necesidade de acreditar o cumprimento dos prazos legais de pagamento mediante certificación, emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que atenderá ao prazo efectivo dos pagamentos da empresa cliente con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora.

5. De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio entre elas e o Igape, en que se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, cuxo modelo figura no anexo VII destas bases. O dito convenio terá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.

6. As entidades colaboradoras estarán exentas da constitución de garantía prevista no artigo 13.2.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, logo de autorización polo Consello da Xunta de Galicia, nos termos previstos no artigo 72.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

7. Son obrigas das entidades colaboradoras, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.

b) Someterse ás actuacións de inspección e control que o Igape poida efectuar respecto á xestión destas axudas e que permitan a xustificación financeira ante a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e ás verificacións do artigo 74 do RDC.

c) Conservar as solicitudes das empresas para participar na acción e os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda outorgada, durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento á entidade colaboradora. Deberán restituír as cantidades percibidas nos casos en que concorra causa de reintegro.

d) Subministrar, por requirimento do Igape, durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro de 2025, informe de resultados concretos obtidos grazas ao proxecto financiado, para os efectos de realizar as avaliacións oportunas sobre o resultado das actuacións financiadas.

e) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas con gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder e comunicar ás empresas esta obriga.

f) Remitir copia dixitalizada da dita documentación ao Igape.

g) Difundir a convocatoria destas axudas nas súas páxinas web e dar publicidade do carácter público do financiamento do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, segundo o establecido no anexo XI destas bases e comunicar ás empresas esta obriga.

i) Facilitar cantos datos resulten necesarios para a valoración do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros mecanismos de seguimento.

8. As entidades colaboradoras adheridas asumirán os seguintes compromisos:

a) Programar, organizar, convocar e realizar as accións nos termos previstos nestas bases, xestionando a súa realización e os custos e pagamentos que correspondan no seu desenvolvemento, asumindo a xestión económica e a dirección técnica, e realizando a asignación dos medios humanos e materiais que sexan necesarios para este fin.

b) Realizar ante o Igape os trámites para solicitar a axuda, a través da aplicación informática que se habilite para o efecto.

c) Enviarlle ao Igape a convocatoria das accións subvencionadas polo Igape –co seu orzamento orientativo non limitativo– (segundo o modelo do anexo VI) para a súa revisión co fin de garantir o establecido nestas bases e a adecuación dos criterios de selección das empresas interesadas aos obxectivos destas bases e aos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, libre concorrencia, igualdade e non discriminación, así como para a súa difusión.

d) Realizar o proceso de selección das empresas que soliciten participar nas accións obxecto de apoio, conforme os procedementos que garantan os principios de publicidade, transparencia, obxectividade, libre concorrencia e igualdade e non discriminación, de acordo co artigo 5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e comprobar que as empresas seleccionadas compren os requisitos establecidos no artigo 8 destas bases para seren beneficiarias das axudas.

e) Comunicar ao Igape o peche da convocatoria e a relación de empresas seleccionadas para cada acción, emitindo unha acta de selección de empresas.

f) Enviar ao Igape a información/documentación que se vaia facilitar ás empresas participantes na acción. Entre outros, o informe país/sectorial onde consten as oportunidades de negocio para as empresas galegas e as relacións bilaterais do país con Galicia.

g) Prestar ás pemes o servizo de acompañamento na acción en calidade de apoio técnico en destino, incluíndo os custos necesarios para a viaxe, aloxamento e relacionados (taxas, visados, PCR, etc.) da persoa ou persoas das entidades colaboradoras que se despracen para prestar estes servizos. A prestación deste servizo por parte da entidade colaboradora será obrigatorio en calquera actuación cunha participación igual ou superior a 4 empresas. A entidade colaboradora poderá solicitar a excepción desta obriga, que se poderá acordar extraordinariamente cando polas características da actuación se desprenda que non achega valor engadido.

h) Notificar ás empresas participantes a axuda concedida emitindo o correspondente documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA). Esta comunicación farase ás empresas no prazo de dez días desde o remate do proceso de selección das empresas participantes na acción e conforme a resolución correspondente á actuación en que participa a empresa; de producirse modificacións a esta resolución, a entidade colaboradora deberá confeccionar e enviar un novo DECA á empresa que conteña os datos das citadas resolucións de modificación, no prazo dun mes desde a notificación da dita modificación.

i) Xustificar a axuda ante o Igape atendendo ao procedemento descrito nestas bases para a xestión destas axudas.

j) As cámaras deberán ingresar ás pemes os importes íntegros –sen compensación doutros gastos non elixibles– correspondentes ás subvencións recibidas do Igape correspondentes aos importes de subvención, nun prazo máximo de 10 días tras recibir a transferencia de Igape. Unha vez feitas as transferencias das subvencións ás pemes, as cámaras deberán remitir ao Igape un escrito informando disto con copia simple das transferencias efectuadas.

k) Poñer todos os medios para recadar das empresas a documentación necesaria para a debida xustificación da subvención.

l) Facilitar canta información e documentación precise para verificar a correcta aplicación das subvencións.

m) Promover e difundir este programa, así como informar o Igape do resto de actividades e programas de apoio á internacionalización empresarial que leven a cabo.

n) Reintegrar, nos casos previstos no artigo 33 Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a totalidade ou parte das cantidades percibidas máis os correspondentes xuros de mora. Esta obriga será independente das sancións que, se é o caso, resulten exixibles.

o) Comprometerse a evitar os impactos negativos significativos no medio ambiente na execución das actuacións, respectando o principio de «non causar prexuízo significativo» (principio «do no significant harm»-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do RDC.

Artigo 6. Adhesión de entidades colaboradoras

1. Forma e lugar de presentación da solicitude de adhesión (código de procedemento IG422A).

As entidades colaboradoras interesadas deberán acceder obrigatoriamente á aplicación informática accesible desde a oficina virtual do Igape (https://www.Igape.gal/gl/oficinavirtual) ou desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, para cubrir a solicitude de adhesión (anexo I) e o convenio de colaboración (anexo VII).

Nesta aplicación deberá enumerar un conxunto de persoas da súa organización que serán as autorizadas por parte da entidade colaboradora para tramitar telematicamente e asinar electronicamente as solicitudes de axuda das subvencións. Para poder realizar estas tarefas, as persoas citadas deberán estar provistas de certificado X509v3 dunha das entidades certificadoras das admitidas pola Consellería de Facenda e Administración Pública (consultar en https://www.Igape.gal/gl/oficinavirtual).

O usuario e contrasinal utilizados para o acceso á oficina virtual do Igape serán, unha vez asinado o convenio, os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para cubrir as solicitudes de axuda e para ver o seu estado.

2. Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse unicamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizada (anexo I), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. O formulario de solicitude de adhesión deberá vir acompañado da seguinte documentación:

a) Escritura de constitución e estatutos e documento acreditativo do poder suficiente do representante legal da entidade, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.

b) Certificado de situación censual emitido pola AEAT, no caso de estar exento do Imposto de actividades económicas (IAE).

c) Convenio de colaboración (anexo VII) asinado dixitalmente pola entidade colaboradora.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) NIF da entidade representante.

d) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE). 

e) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

h) Documentación depositada no Rexistro Mercantil, segundo o artigo 6.3 das bases.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e presentar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet https://www.Igape.gal/gl/oficinavirtual

6. Prazo de presentación das solicitudes de adhesión.

O prazo para a presentación das solicitudes de adhesión será o establecido na convocatoria.

7. Emenda.

De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, requirirase a entidade colaboradora para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos exixidos, con indicación de que, de non facelo así, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución.

Igual requirimento efectuará o Igape no suposto de resultado negativo da consulta cos organismos seguintes: Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Consellería de Facenda e Administración Pública, así como na verificación do NIF e o IAE.

Os requirimentos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Enviaráselle ao interesado ao enderezo de correo electrónico que facilitase na adhesión un aviso que informará da posta á disposición do requirimento.

Poderá acceder ao citado requirimento no taboleiro dispoñible na aplicación co seu usuario e contrasinal.

8. Instrución do procedemento e audiencia.

Logo de revisar as solicitudes e feitas as emendas, e inmediatamente antes da resolución, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de 10 días hábiles, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Poderase prescindir do trámite a que se refire o parágrafo anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

9. Competencia.

É competente para a instrución do procedemento de selección de entidades colaboradoras a Área de Internacionalización do Igape e, para a súa resolución, a persoa titular da Dirección Xeral do Igape.

Artigo 7. Resolución e notificacións das resolucións das solicitudes de adhesión

O prazo máximo para resolver sobre as adhesións é de 10 días hábiles, contados desde a solicitude. Transcorrido o dito prazo, os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. A resolución ditarase individualmente para cada unha das solicitudes, e notificarase seguindo estritamente a súa orde de presentación, salvo que se deba emendar, momento en que se terá en conta a data de presentación da emenda.

Tendo en conta os prazos anteriores, aquelas solicitudes de adhesión que na data de fin de prazo de presentación de solicitudes de axuda das empresas non estivesen adheridas serán arquivadas ao non ser materialmente posible executar o obxecto principal da colaboración por ter rematado o seu período.

Sen prexuízo do anterior, aqueles expedientes que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán adheridos.

O convenio de colaboración asinado polo Igape remitiráselle á entidade colaboradora unha vez resolta a solicitude de adhesión.

As notificacións das resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape na ligazón tramitación electrónica para recibir as notificacións, establecendo a seguinte mensaxe: «entidade colaboradora adherida». A partir dese momento, a entidade colaboradora poderá operar na aplicación para solicitar as axudas. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recibo das notificacións (xustificante de recepción telemático).

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, o Igape practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Na páxina web do Igape https://www.Igape.gal/gl/pemes-e-autonomos/internacionalizacion poderá consultarse a listaxe de entidades colaboradoras adheridas ao programa.

Artigo 8. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran a definición de pemes (microempresas, pequenas e medianas empresas) segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización, con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de fin de execución da actuación, a través do procedemento do Igape IG192.

d) As persoas beneficiarias deberán contar con presenza nos medios dixitais internacionais, como mínimo, cunha páxina web con versión en inglés.

e) As persoas beneficiarias deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiarias da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

f) As persoas beneficiarias sométense ao rexime de minimis, segundo o recollido no artigo 2.3 destas bases.

g) Estaren ao día nos pagamentos debidos ás cámaras.

h) As empresas participantes nunha mesma acción non deberán ter vinculación entre si de ningún tipo para poder optar á subvención; no caso de que participen nunha acción dúas empresas vinculadas só unha delas poderá optar á subvención. Enténdese por vinculación calquera participación dunha empresa, tanto directa como indirecta, na xestión, control ou capital social doutra. A vinculación faise extensiva á relación de membros do órgano de goberno, directivos ou xestores.

i) Que cumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

Esta circunstancia será acreditada por parte das sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante declaración responsable.

Para as sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada establécese a necesidade de acreditar o cumprimento dos prazos legais de pagamento mediante certificación, emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que atenderá ao prazo efectivo dos pagamentos da empresa cliente con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora.

2. Mediante a presentación da solicitude de participación na acción, as persoas beneficiarias aceptan a tramitación a través da entidade colaboradora, que será así mesmo a encargada de informar puntualmente o interesado sobre o estado da súa petición, os dereitos e obrigas desta, e das notificacións recibidas, de acordo co establecido no artigo 15.2. O Igape porá á disposición deste programa unha aplicación no enderezo da internet https://www.Igape.gal/gl/oficinavirtual, para os efectos de cubrir o cuestionario de solicitude (anexo X) de participación electronicamente.

Este formulario deberá ser asinado e presentado ante a entidade colaboradora no prazo que estableza a correspondente convocatoria de acción, e deberá xuntarse a documentación necesaria para que a entidade colaboradora poida efectuar a comprobación de que se cumpren os requisitos de beneficiario, así como xustificante do pagamento correspondente á cota de participación na acción.

Artigo 9. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas beneficiarias, sen prexuízo do disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as seguintes:

a) As descritas no artigo 5.7 letras a), b), d), e) e g) e 5.8 letras l), n) e o) obrigas comúns ás entidades colaboradoras.

b) Cubrir o cuestionario de participación (anexo X) no enderezo da internet:

https://www.Igape.gal/gl/oficinavirtual e presentalo asinado ante a entidade colaboradora convocante da acción.

c) Confirmar a inscrición na actuación realizando o pagamento das facturas emitidas pola entidade colaboradora na data correspondente a cada convocatoria e, en todo caso, antes da data en que deban ser presentadas ante o Igape. Este pagamento debe estar debidamente documentado mediante xustificante bancario, tal e como establece o artigo 19 destas bases.

d) Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases e como acreditar os requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na resolución de convocatoria como son:

a. DNI/NIE da persoa representante.

b. NIF da entidade solicitante.

c. NIF da entidade representante.

d. Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE). 

e. Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

f. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g. Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

h. Declaración de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

i. Declaración de concesións de subvencións e axudas.

j. Declaración de concesións pola regra de minimis.

e) Participar nas actuacións que fundamenten a concesión da subvención. A axuda aboarase a través da entidade colaboradora unha vez finalizada a acción e cumpridas todas as obrigas.

f) Comunicarlle á entidade colaboradora a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como calquera modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o ultimo pagamento á entidade colaboradora.

h) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se concede a axuda.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

j) Consentir que o Igape comprobe os datos necesarios para a determinación da concesión da axuda.

Artigo 10. Forma e lugar de presentación das solicitudes (código de procedemento IG422B)

Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, as entidades colaboradoras deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do proxecto para o que solicitan a subvención e o orzamento de gastos a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.Igape.gal/gl/oficinavirtual

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

No devandito formulario electrónico a entidade colaboradora realizará as seguintes declaracións:

a. Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b. Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, así como a normativa vixente sobre accesibilidade de persoas con discapacidade.

c. Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se solicita a axuda.

d. Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

e. Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante un período de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o ultimo pagamento á entidade colaboradora.

f. Cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente (principio «do no significant harm»-DNSH), segundo o anexo IX a estas bases.

g. Para subvencións de importe superior a 30.000 €, segundo o establecido no artigo 5.4 das bases reguladoras, o beneficiario debe cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará do seguinte xeito, de acordo co anexo XII destas bases:

i. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante declaración responsable.

ii. Para aquelas sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación, emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que atenderá ao prazo efectivo dos pagamentos da empresa cliente con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora.

As solicitudes de axuda presentaranse mediante un formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática e que se xunta como anexo II a estas bases a título informativo. No formulario será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou naquelas en que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda; transcorrido este teráselles por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

Unha vez xerada a solicitude, deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo II), que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.Igape.gal/gl/oficinavirtual, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Os solicitantes por esta vía electrónica unicamente poderán ser as entidades colaboradoras adheridas ao programa.

O formulario do anexo II deberá vir acompañado da seguinte documentación:

a) Convocatoria para a selección das pemes segundo o modelo do anexo VI.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@Igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico e que desexan recibir o xustificante.

Artigo 11. Instrución do procedemento de concesión das axudas

1. Emenda.

De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude ou o formulario non reúnen algunha da documentación ou informacións exixidas, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se considerará que desiste na súa petición, logo da correspondente resolución.

Os requirimentos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Enviaráselle ao interesado ao enderezo de correo electrónico que facilitase na adhesión un aviso que informará da posta á disposición do requirimento.

A documentación requirida deberase presentar, así mesmo, por medios electrónicos a través da mesma aplicación informática.

2. Concesión.

A concesión das subvencións efectuarase respectando a rigorosa orde da data da solicitude efectuada na aplicación informática, e ata o esgotamento do crédito dispoñible, sempre que cumpran os requisitos establecidos nestas bases.

As reservas que están na listaxe de espera serán atendidas co crédito que quedase libre se se produce algunha cancelación ou modificación das actuacións reservadas. Para este efecto, se un solicitante renuncia ao crédito reservado para a súa solicitude, a entidade colaboradora deberá enviar un escrito asinado por esta e polo solicitante en que comunique este feito, para o efecto de cancelar esa reserva e liberar os créditos correspondentes.

Non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Existencia de crédito.

A concesión destas axudas estará, en todo caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario e, no caso de esgotamento do crédito, a Administración deberá publicar no DOG e tamén na páxina web do Igape a dita circunstancia, o que suporá a non admisión das solicitudes posteriores, sen prexuízo de que a Administración poida optar por incrementar o crédito orzamentario nos seguintes supostos:

a) Xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa.

Artigo 12. Órganos competentes

O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención será a Área de Internacionalización do Igape.

A persoa titular da Dirección da Área de Internacionalización é o órgano competente para resolver os arquivamentos, as desistencias e as renuncias de dereitos nos expedientes tramitados na súa Área, nos casos previstos na lexislación vixente, por delegación do Consello de Dirección.

A competencia para ditar a resolución que poña fin ao procedemento na vía administrativa correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

Artigo 13. Audiencia

Instruído o procedemento e inmediatamente antes da resolución, porase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días hábiles, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Porén, poderase prescindir do trámite a que se refire o parágrafo anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 14. Prazo máximo de resolución

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución da convocatoria; transcorrido este, poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 15. Resolución e notificación das resolucións

1. Unha vez comprobada a documentación, a Dirección da Área de Internacionalización do Igape elevará a proposta de resolución á Dirección Xeral do Instituto, que resolverá a concesión ou denegación de cada axuda, por delegación do Consello de Dirección do Igape. O procedemento e contido da resolución axustaranse ao disposto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación da entidade colaboradora, a contía da subvención e obrigas que corresponden á entidade colaboradora, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operación que debe conter o DECA, no caso de axudas ás pemes.

Na resolución constará a información sobre o cofinanciamento pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 e as correspondentes porcentaxes, con indicación do obxectivo político, obxectivo específico, actuación e ámbito de intervención.

Tamén incluirá a comunicación de que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das entidades beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no número 3 do artigo 49 do Regulamento (UE) nº 2021/1060.

Cos datos recollidos na resolución de concesión, a entidade colaboradora ten a obriga de emitir a cada empresa beneficiaria o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA); este documento deberá conter toda a información da resolución de concesión e pola parte proporcional resultante e correspondente a cada empresa que participe na actuación agrupada correspondente á resolución. Esta notificación realizarase no prazo estipulado no artigo 5.8.h) destas bases.

3. As notificacións das resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As persoas solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape na ligazón tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará da persoa interesada o seu certificado dixital en vigor e a sinatura electrónica dun xustificante de recibo das notificacións (xustificante de recepción telemático).

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, o Igape efectuará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. As notificacións realizaranse ás entidades colaboradoras e estas terán a obriga de notificarlles ás persoas beneficiarias das axudas, emitindo o correspondente documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA). Esta comunicación farase ás empresas no prazo de dez días desde o remate do proceso de selección das empresas participantes na acción e conforme a resolución de concesión correspondente; de producirse modificacións a esta resolución, a cámara deberá confeccionar e enviar un novo DECA á empresa que conteña os datos das citadas resolucións de modificación.

Artigo 16. Réxime de recursos

A resolución dos expedientes instruídos ao abeiro do disposto nestas bases esgotará a vía administrativa. O interesado, de conformidade co previsto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderá interpoñer contra ela recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución se fose expresa, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Potestativamente, recurso previo de reposición, ante a persoa titular da Dirección da Área de Internacionalización, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de arquivamento, por delegación do Consello de Dirección do Igape, e ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, no caso de recursos de reposición contra as resolucións de concesión ou denegación das axudas, por delegación do Consello de Dirección do Igape. En ambos os casos, o prazo para interpoñer o recurso será dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 17. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou por calquera dos seus organismos, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Poderase acordar a modificación da resolución de concesión, por instancia da entidade colaboradora, sempre que esta presente a solicitude de modificación con anterioridade á data de finalización do prazo de xustificación do investimento obxecto da subvención, e se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da subvención.

d) Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, teñan lugar con posterioridade a ela.

3. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado, por delegación do Consello de Dirección do Igape, pola Dirección Xeral do Igape, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se lle dará audiencia ao interesado.

Artigo 18. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 19. Xustificación da actuación

1. O prazo para solicitar o cobramento será o indicado na resolución de convocatoria destas axudas.

2. Para presentar a solicitude de cobramento, a entidade colaboradora deberá cubrir previamente o formulario de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.Igape.gal/gl/oficinavirtual

Neste formulario deberá identificar as pemes beneficiarias da axuda, clasificalas segundo sexan microempresas, pequenas ou medianas empresas e declarar ante o Igape que as devanditas empresas compren os requisitos para obter a condición de beneficiario, segundo o artigo 8 destas bases reguladoras, e que foron seleccionadas segundo o modelo de convocatoria remitido ao Igape.

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobramento. O dito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa.

3. A solicitude de cobramento presentarase mediante o modelo normalizado que a título informativo figura como anexo III a estas bases, na cal será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou aquelas en que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao inicio do expediente de incumprimento no caso de non seren corrixidas, logo de requirimento formulado para tal fin.

4. Unha vez xerada a solicitude de cobramento na aplicación informática, deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do modelo de solicitude de cobramento normalizada co IDEL (anexo III), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

5. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase a entidade colaboradora para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá o interesado das sancións que conforme a lei correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. A documentación xustificativa da actuación subvencionable que a entidade colaboradora ten que remitir ao Igape é a seguinte:

a) Acta de pemes seleccionadas participantes na acción subvencionada e a ficha de inscrición correspondente a cada unha delas, así como os DECA emitidos a favor das empresas participantes.

b) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condiciones impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, así como acreditar, de ser o caso, o disposto no artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia (segundo o modelo do anexo VIII-Informe de execución).

c) Un arquivo Excel co detalle de facturas e pagamentos en que se cubran ademais, os seguintes datos relativos á contabilidade en que se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida de contabilidade separada: número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable da entidade colaboradora de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

d) O detalle doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do seu importe e procedencia.

e) Facturas das entidades colaboradoras ás pemes, que deben reflectir os seguintes datos:

– Data de emisión.

– NIF da empresa beneficiaria.

– Base impoñible, IVE, total da base impoñible máis IVE.

– Enumeración dos servizos prestados e o seu importe, especialmente aqueles prestados pola propia entidade colaboradora, como os de organización da actuación e acompañamento á acción para apoio técnico en destino, persoa que viaxa, datas, cidade/s de orixe e destino ...

– A factura debe estar asinada pola entidade colaboradora. Non se admitirán as facturas que non cumpran co indicado ou que se manipulen manualmente.

f) Documentación acreditativa do pagamento realizado pola peme beneficiaria, por algún dos seguintes medios:

– Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario; ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

– Informe dun auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto subvencionado, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas no proxecto e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos do organismo beneficiario selada polo banco ou carta de recepción asinada polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ao proxecto.

g) Facturas dos provedores ás entidades colaboradoras que deben reflectir os seguintes datos e estar emitidas entre a data de solicitude de axuda e o prazo máximo de xustificación establecido na resolución de concesión.

1º. Data de emisión.

2º. NIF da empresa beneficiaria.

3º. Base impoñible, IVE, total da base impoñible máis IVE.

4º. Detalle dos servizos prestados e o seu importe.

h) Documentación acreditativa do pagamento a provedores terceiros realizado pola entidade colaboradora, por algún dos seguintes medios:

– Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario; ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

– Informe dun auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto subvencionado, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas no proxecto e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos do organismo beneficiario selada polo banco ou carta de recepción asinada polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ao proxecto.

i) As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, debe presentar a entidade colaboradora, de acordo co establecido no artigo 3.3 das bases reguladoras.

j) Declaración sobre calquera outra axuda recibida e/ou solicitada durante os tres anos anteriores ao da concesión da axuda, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

k) A copia –que permita a súa lectura–, de material onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 5.7.g) e 9.a) destas bases.

A entidade colaboradora deberá presentar a documentación xustificativa obrigatoriamente por vía electrónica. O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

En todos os casos, os beneficiarios e as entidades colaboradoras deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

No caso de que o beneficiario se opoña á consulta ou non preste o consentimento expreso, deberá achegar as certificacións xunto co resto da documentación xustificativa.

7. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou deixar sen efecto a concesión e o reintegro, de ser o caso, das cantidades previamente aboadas.

Artigo 20. Pagamento ás entidades colaboradoras

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, o Igape, antes de proceder ao seu pagamento, poderá realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento das actuacións subvencionadas.

2. O Igape aboará as subvencións á entidade colaboradora para que esta ingrese ás pemes os importes de subvención referidos correspondentes ás subvencións recibidas do Igape correspondentes aos importes de subvención da operación, nun prazo máximo de 10 días tras recibir a transferencia de Igape. Unha vez feitas as transferencias ás pemes, as entidades colaboradoras deberán remitir ao Igape copia simple das transferencias efectuadas.

3. As entidades colaboradoras deberán informar as pemes beneficiarias da axuda recibida polo Igape en réxime de minimis.

Artigo 21. Perda do dereito á subvención, reintegro e sancións

1. Serán causas de revogación e reintegro da subvención as establecidas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O procedemento para declarar o incumprimento e reintegro de cantidades axustarase ao disposto nos capítulos I e II do título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e título V do regulamento; para a súa resolución será competente a directora xeral do Igape. Contra a súa resolución caberá recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela nos dous meses seguintes á súa notificación e, potestativamente, recurso de reposición ante a directora xeral do Igape no mes seguinte á súa notificación.

2. As cantidades que se deberán reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público e resultará aplicable para o seu cobramento o previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

3. Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, os beneficiarios e entidades colaboradoras sométense ao réxime de infraccións e sancións establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título VI do seu regulamento.

4. Se no procedemento de reintegro quedase acreditada a infracción grave destas bases pola entidade colaboradora, o Igape poderá resolver a revogación da súa colaboración e o reintegro das cantidades aboadas polo Igape por conta dos beneficiarios. A exixencia de reintegro aos beneficiarios procederá nos supostos en que concorra algunha das causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. O Igape reserva para si o dereito de realizar cantas comprobacións, inspeccións e demais medidas de control se consideren oportunas para velar pola correcta aplicación dos recursos públicos, e as entidades colaboradoras e os beneficiarios someteranse ás actuacións de control que realice o Igape para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Se no curso destas verificacións se detecta que os beneficiarios da subvención ou as entidades colaboradoras adheridas incumpriron algunha das condicións establecidas, resolverase a adhesión, o que implicará a perda dos beneficios e, de ser o caso, a obriga de reintegrar as cantidades obtidas indebidamente cos xuros legais que correspondan, sen prexuízo das accións legais e sancións que correspondan.

6. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Ter obtido a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Cando non se xustifique ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actuación e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Cando non se faciliten os datos requiridos sobre a actividade exportadora ou non permitan someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e ás verificacións do artigo 74 do RDC.

d) Cando non dispoñan dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable en cada caso.

e) Cando non acrediten que se atopan ao día nas súas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

f) Non comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.

g) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

h) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

i) Non darlle publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido nos artigos 5.7.g) e 9.a). destas bases.

7. Perda parcial do dereito ao cobramento: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá declarar a perda parcial do dereito ao cobramento e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables, debendo, se é o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % da base subvencionable do proxecto por empresa participante, entenderase que o dito incumprimento é total, e deberán reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

8. Efectuado o pagamento das subvencións polo Igape, o incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

Artigo 22. Fiscalización e control

Os beneficiarios e as entidades colaboradoras destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice o Instituto Galego de Promoción Económica para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 74 do RDC.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer tales feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto: https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 24. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na seguinte normativa:

a) Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos Fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados (DOUE L 231, do 30 de xuño de 2021).

b) Regulamento (UE) nº 2021/1058, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión (DOUE L 231, do 30 de xuño de 2021).

c) A normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

d) Regulamento (UE) nº 2023/2831) da Comisión, do 13 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro); Regulamento (UE) nº 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura; Regulamento (UE) nº 1408/2013, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola, modificado polo Regulamento (UE) nº 2019/316, da Comisión, do 21 de febreiro, e Regulamento (UE) nº 2023/2391, da Comisión, do 4 de outubro, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 717/2014, (UE) nº 1407/2013, (UE) nº 1408/2013 e (UE) nº 360/2012, no que incumbe ás axudas de minimis para a transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura, e o Regulamento (UE) nº 717/2014, no que respecta ao importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa, ao seu período de aplicación e outros asuntos.

e) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

f) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

g) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

h) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

i) Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos).

j) No resto da normativa que resulte de aplicación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Países prioritarios

Países prioritarios das actuacións 2024:

Europa:

Alemaña, Estonia, Letonia , Lituania, Francia, Italia, Noruega, Polonia, Reino Unido.

Asia:

China, Corea do Sur, Emiratos Árabes Unidos, India, Irán, Israel, Xapón, Catar, Singapur, Turquía.

América:

Canada, Brasil, Chile, Colombia, Estados Unidos de América, México, Perú, Uruguai, Rep. Dominicana.

Africa: Angola, Zambia, Mozambique, Marrocos, Sudáfrica.

ANEXO V

Límites gastos de viaxe e aloxamento

Gastos máximos de viaxe subvencionables por persoa e por tramos de distancia entre o país de orixe e o país ou países de destino (terase en conta só unha cidade de destino por país ou países obxecto da actuación).

Distancias cidade de orixe e destino

Importe ida

Importe volta

Entre 100 e 499 km

220,00 €

220,00 €

Entre 500 e 1.999 Km

580,00 €

580,00 €

Entre 2.000 e 2.999 km

690,00 €

690,00 €

Entre 3.000 e 3.999 km

1.140,00 €

1.140,00 €

Entre 4.000 e 7.999 km

1.250,00 €

1.250,00 €

8.000 Km ou máis

1.590,00 €

1.590,00 €

Fonte límite: distancia desde a cidade de orixe á cidade de destino de realización das accións calculada en quilómetros, segundo o calculador establecido pola Comisión Europea para o aboamento dos desprazamentos nos proxectos europeos.

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

Gastos máximos de aloxamento e almorzo subvencionables:

Fonte: per diem Comisión Europea. Detalle país na ligazón:

https://international-partnerships.ec.europa.eu/system/files/2022-

09/Per %20diem %20rates %20- %2025 %20July %202022.pdf

(tarifas publicadas o 25.7.2022)

Nos per diem establécense os límites máximos de aloxamento: 100 % do importe total indicado per diem.

ANEXO VI

Modelo de convocatoria inscrición empresas en acción Foexga

missing image file

Axudas Foexga 2024

Convocatoria

RESOLUCIÓN _______________ pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas Foexga susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva (DOG ….)

A Cámara de Comercio de .... e o Igape convocan......

Nome da acción

Data

□ ORGANIZA: Cámara de Comercio de ...... e Igape

□ COFINANCIA: Feder/Igape

□ SECTOR:

□ DATAS:

□ DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN:

Selección das empresas

A selección das pemes efectuarase respectando a rigorosa orde da data da solicitude efectuada, e ata o esgotamento das prazas dispoñibles, sempre que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

Custo

Especifíquese custo de participación por empresa.

Contía da axuda

Esta acción contará cunha axuda de

Plan de viaxe previsto

Formalización de inscricións

Data límite de inscrición:

Para formalizar a inscrición na acción, debe enviar á Cámara de ……….a seguinte documentación:

• Solicitude de participación (formulario IG249 que se deberá cubrir na oficina virtual do Igape).

• Xustificante de pagamento á c/c núm. c/c ……………….. . a nome da Cámara de Comercio de ……….

• ….

Requisitos dos beneficiarios

Artigo 8 das bases de axuda.

Obrigas dos beneficiarios

Artigo 9 das bases de axuda.

Prazo, forma de xustificación e réxime xurídico

Para a tramitación da subvención a empresa participante deberá enviar á Cámara de Comercio toda a información que esta necesite para poder xustificar a correcta realización da acción, conforme os parámetros desta convocatoria, cando a Cámara o solicite.

O Igape aboará as subvencións á entidade colaboradora para que esta ingrese ás pemes os importes íntegros – sen compensación doutros gastos non elixibles– correspondentes ás subvencións recibidas do Igape, nun prazo máximo de 10 días tras recibir a transferencia de Igape. Unha vez feitas as transferencias das subvencións ás pemes, as entidades colaboradoras deberán remitir ao Igape copia simple das transferencias efectuadas.

Será de aplicación a regulación sobre o réxime de xustificación, pagamento, reintegro e réxime sancionador de subvencións contida na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Penalización por baixa voluntaria da empresa

En caso de BAIXA VOLUNTARIA DA EMPRESA establécense as seguintes penalizacións:

(segundo a política comercial da entidade colaboradora)

.................

Información e inscricións

Cámara de Comercio de ………

Enderezo

Tfno:……. / Fax:…… / correo electrónico: ……..

ANEXO VII

Convenio entre o Igape e a entidade colaboradora ______________________
para a xestión de axudas Foexga

Dunha parte, Covadonga Toca Carús, directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), con CIF Q 6550010J, domiciliado no Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15707 Santiago de Compostela, está facultada para este acto en virtude da delegación de facultades do ____________________________ da presidenta do Igape, feita pública mediante a Resolución do _______________________________

Doutra parte, ___________________________________, con NIF____________, actuando en nome e representación da entidade ________________________________ con NIF _______________, debidamente facultado para subscribir este convenio,

EXPOÑEN:

I. Que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) acordou realizar unha selección de entidades colaboradoras para a xestión das axudas Foexga. Estas entidades colaboradoras actuarán de ligazón entre o Igape e as empresas beneficiarias das axudas.

II. Que ambas as partes consideran que, por razóns de eficacia na xestión e co fin de conseguir unha mellor prestación de servizos aos beneficiarios das axudas, e de conformidade cos artigos 9 e 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acordan subscribir o presente convenio de colaboración, de conformidade coas seguintes

CLÁUSULAS

Primeira. Obxecto da colaboración

O presente convenio ten por obxecto definir os termos de colaboración entre a entidade ______________________________ e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), de acordo coa Resolución do ----------------– pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Foexga susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (DOG núm. ___, do __ de ________ de ____).

Segunda. Condicións das actuacións, axuda do Igape e procedemento de tramitación

As condicións das actuacións e importes de subvención, os requisitos dos beneficiarios e das entidades colaboradoras, a axuda do Igape e o procedemento de tramitación das solicitudes, a dotación orzamentaria, a xustificación e o aboamento da subvención, modificacións, incumprimentos e reintegros, establécense nas mencionadas bases reguladoras da axuda e no presente convenio.

Terceira. Entidade colaboradora

A entidade _______________________ é unha entidade colaboradora que cumpre co establecido no artigo 6 das bases reguladoras da axuda.

Cuarta. Compromisos e obrigas da entidade colaboradora

A entidade colaboradora comprométese a:

a) Coñecer o contido das bases reguladoras da axuda e deste convenio e cumprir cos requisitos establecidos neles.

b) Ter o domicilio social ou un centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Consentir expresamente a utilización de medios electrónicos na comunicación entre as entidades colaboradoras e o Igape, segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

d) Non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de entidade colaboradora recollidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Comunicar ao Igape calquera variación que se poida producir nos datos recollidos nos documentos presentados.

f) Consentir que o órgano xestor solicite a información necesaria en relación co seu NIF e IAE da entidade colaboradora, ou ben anexar copia do seu NIF e IAE a este convenio.

g) Consentir que o órgano xestor solicite a información necesaria para coñecer se o solicitante da adhesión está ao día nas súas obrigacións coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría da Seguridade Social e coa Facenda da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, ou ben anexar copia da certificación xustificativa de estar ao día nas súas obrigacións cos organismos sinalados anteriormente.

h) A entidade colaboradora será a encargada de programar, organizar e executar as actuacións e actuar de enlace entre as empresas solicitantes das actuacións -asumindo a xestión económica e a dirección técnica-, así como todas as obrigas recollidas no art. 6 das bases reguladoras e sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Quinta. Obrigas do Igape

O Igape obrígase a aboar por cada actuación aprobada e debidamente xustificada ao abeiro deste convenio e das bases reguladoras da axuda, a prol da empresa beneficiaria e a través da entidade colaboradora adherida, o importe da axuda que corresponda segundo as bases reguladoras da axuda.

Sexta. Control

Tanto as entidades colaboradoras como as empresas beneficiarias, quedan obrigadas a someterse ás actuacións de control que efectúen o Igape ou os órganos internos ou externos de control da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e ás verificacións do artigo 74 do RDC, para verificar o cumprimento dos requisitos e finalidades das operacións acollidas a este convenio, e sométense ao réxime de infraccións e sancións establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Sétima. Publicidade dos datos

De conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no Decreto 126/2006, do 20 de xullo, polo que se regula o Rexistro de Convenios da Xunta de Galicia, o Igape e a e Consellería de Economía, Industria e Innovación incluirán as axudas concedidas ao abeiro das bases reguladoras e as sancións, que como consecuencia delas puidesen impoñerse, nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais dos beneficiarios e a súa remisión ás entidades colaboradoras para os efectos da aprobación da operación, e a referida publicidade.

Oitava. Procedementos internos para a tramitación de operacións

As partes adheridas ao convenio comprométense a seguir as normas de procedemento interno que se establezan, de ser o caso, necesarias para asegurar a maior axilidade na tramitación dos expedientes, dentro do respecto á legalidade e á súa normativa propia.

En particular, o Igape reserva para si a potestade de introducir modificacións no funcionamento e na recollida de datos da oficina virtual, co obxecto de mellorar a efectividade das interaccións entre entidades ou as actuacións de control que son propias do seu papel no convenio.

Novena. Denuncia do convenio

Será causa suficiente para a resolución do presente convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas, logo de denuncia da outra cun mínimo de 30 días de aviso previo. A resolución suporá en todo caso deixar atendidas fronte aos beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

Décima. Natureza

Este convenio ten natureza administrativa e considérase incluído no artigo 6 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, polo que queda fóra do ámbito da súa aplicación, sen prexuízo da aplicación dos principios e criterios desta lei para resolver as dúbidas e lagoas que puidesen presentarse. Rexerase polas súas propias cláusulas e, supletoriamente, polas normas xerais do dereito administrativo. As dúbidas que poidan xurdir en relación coa interpretación e cumprimento do convenio serán resoltas pola directora xeral do Igape, sen prexuízo da competencia da orde xurisdicional contencioso-administrativa.

Décimo primeira. Vixencia

O convenio entrará en vigor o día da súa sinatura pola directora xeral do Igape e estenderá a súa vixencia ata o 30.12.2025 sen prexuízo das prórrogas, que, se é o caso, así se pactasen por acordo expreso das partes, unha vez tramitadas as habilitacións oportunas.

Décimo segunda. Remisión normativa

Para todo o non previsto neste convenio aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento, no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de marzo de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares (DOG nº 82, do 30 de abril), na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no resto da normativa que resulte de aplicación.

En canto ao cómputo de prazos, observarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Data, sinatura e selo:

--------------------------------–

A directora xeral do Igape:

______________________

Data, sinatura e selo:

---------------------------------–

O/a representante legal da entidade
colaboradora

__________________________________

ANEXO VIII

Informe de execución

1. Para todo tipo de actuacións: informe da entidade colaboradora sobre a organización e acompañamento da acción, que debe incluír:

Identificación da acción. Titulo, datas e País.

Relación de empresas participantes.

Detalle dos traballos realizados para a organización da acción.

Identificación da persoa ou persoas mediante as que se prestou o servizo de acompañamento técnico na acción.

Copia da documentación técnica ofrecida ás pemes participantes.

Valoración da acción cun informe detallado que inclúa datos concretos dos resultados e beneficios obtidos coa acción subvencionada.

2. Por cada empresa solicitante, informe de evidencias da participación na acción, que debe incluír, segundo o tipo de actuación en que participe:

a) Misións empresariais directas ao estranxeiro (incluíndo encontros empresariais, misións institucionais ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro), só en formatos presenciais e sempre que leven aparellado o desenvolvemento dunha axenda empresarial. Exceptúanse deste requisito as visitas a feiras e a participación nas misións institucionais.

Data inicio:

Data fin:

País celebración:

Cidade celebración:

Nome/s persoa/s que viaxa/n:

Aloxamento:

• Nome hotel:

• Data entrada:

• Data saída:

• Cidade hotel:

Per diem país: Fonte:

http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/implementation/per_diems/index_en.htm

• Nº pernoitas:

• Total aloxamento subvencionable:

Viaxe:

• Data saída:

• Data regreso:

• Cidade orixe:

• Cidade destino:

• Cidade regreso:

• Distancia entre cidade orixe e destino: fonte:

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

• Gasto máximo subvencionable:

• Entrada á feira no caso de visitas a feiras, ou proba de participación no evento encontro empresarial (invitacións, programas etc.)

• Copia da axenda facilitada pola asistencia externa no caso de misións con axenda.

Polo que respecta á asistencia externa para a realización de axendas en destino que presten este tipo de servizos, deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape. Esta é unha base de expertos en comercio exterior con experiencia contrastada en servizos de apoio á internacionalización e con amplos coñecementos do mercado do país de situación. Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado por oficinas comerciais de España no estranxeiro, cámaras de comercio españolas no exterior ou por cámaras de comercio estranxeiras. En definitiva, unicamente se requirirá no caso de que este servizo sexa prestado por empresas privadas para os efectos de avaliar a súa capacidade e para enriquecer a base de datos de axentes comerciais mediadores de utilidade para todas as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización.

• Informe asinado polo representante legal da empresa que recolla a opinión sobre o resultado obtido coa acción e valoración da axuda na estratexia de internacionalización da empresa. Este informe deberá incluír expresamente, no caso de visitas a feiras ou participación en encontros empresariais, a motivación do interese da asistencia para a empresa.

b) Participación en feiras ou noutros eventos expositivos que se celebren no estranxeiro, así como aqueles outros eventos promocionais do tipo congresos, conferencias ou simposios que, aínda que non teñan un compoñente expositivo como tal, permitan indubidablemente a promoción da empresa a nivel internacional e teñan lugar no estranxeiro.

Data inicio:

Data fin:

País celebración:

Cidade celebración:

Nome/s persoa/s que viaxa/n:

Aloxamento:

• Nome hotel:

• Data entrada:

• Data saída:

• Cidade hotel:

• Per diem país:

Fonte:

http://ec.europa.eu/europeaid/work/procedures/implementation/per_diems/index_en.htm

• Nº pernoitas:

• Total aloxamento subvencionable:

Viaxe:

• Data saída:

• Data regreso:

• Cidade orixe:

• Cidade destino:

• Cidade regreso:

• Distancia entre cidade orixe e destino: fonte:

http://ec.europa.eu/programmes/erasmus-plus/resources_en

• Gasto máximo subvencionable:

Fotografía/s stand da empresa solicitante na feira comercial: deberán identificarse claramente o nome da empresa e/ou da marca comercial ou dos produtos ou servizos expostos pola empresa solicitante.

Fotografía/s ou ligazóns do catálogo expositor: (parte que mostre o ano e o título da feira comercial e o nome da empresa solicitante da axuda como expositora).

Outras evidencias de participación (no caso de dispor dalgunha destas evidencias, xunte aquí a imaxen):

• Acreditación (credencial/badge) de participación da empresa como expositor (identificando o nome da empresa).

• Acreditacións (credencial/badge) persoais do/dos participante/s na feria por parte da empresa solicitante.

• Certificado expedido polo organizador de que a empresa participou como expositora na feira comercial internacional.

Informe asinado polo representante legal da empresa que recolla a opinión sobre o resultado obtido coa acción e valoración da axuda na estratexia de internacionalización da empresa.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XI

Requisitos de comunicación do financiamento público

Responsabilidade da persoa beneficiaria.

As axudas para a execución de accións de promoción do programa Foexga son subvencións susceptibles de seren cofinanciadas con fondos da Unión Europea. En relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no artigo 50 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, a persoa beneficiaria, durante o período de mantemento do investimento, recoñecerá a axuda dos fondos europeos a través do Feder, e para iso:

a) No seu sitio web oficial, cando o dito sitio web exista, e nas súas contas nas redes sociais fará unha breve descrición da operación, de xeito proporcionado en relación co nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, destacando a axuda financeira da Unión Europea.

Para cumprir con este requisito pode utilizarse a seguinte imaxe:

https://Igape.gal/images/01-pemes-autonomos/01-03-internacionalizacion/Cartel_Ayudas_Igape_Foexga_ga.pdf

missing image file

b) Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación, proporcionará unha declaración que destaque a axuda da Unión Europea de xeito visible.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

missing image file

c) Para as actuacións que impliquen investimentos físicos e cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros, tan pronto como comecen e durante toda a súa execución, colocará un cartel temporal ou valo publicitario resistente nun lugar ben visible para o público.

d) Para as actuacións cuxo custo total sexa superior a 500.000 euros e que impliquen investimentos físicos ou nas que se instalen os equipamentos adquiridos, no prazo de tres meses desde a finalización da execución física, colocará un cartel ou placa permanente nun lugar ben visible para o público.

e) Para as actuacións que non se inclúan na letra d) anterior, exhibirá nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente, con información sobre a actuación onde se destaque a axuda dos fondos europeos; nos casos en que a persoa beneficiaria sexa unha persoa física, asegurará, na medida do posible, a dispoñibilidade de información axeitada onde se destaque a axuda dos fondos europeos, nun lugar visible para o público ou mediante unha pantalla electrónica.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

https://Igape.gal/images/01-pemes-autonomos/01-03-internacionalizacion/Cartel_Ayudas_Igape_Foexga_ga.pdf

missing image file

Cando varias actuacións teñan lugar no mesmo lugar só é preciso colocar unha placa ou cartel.

Durante o período de obrigatoriedade de conservación da documentación, a persoa beneficiaria deberá conservar, preferentemente en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elabore no marco da actuación.

Este material deberá ser posto á disposición do organismo intermedio ou das institucións da Unión Europea, se así llo solicitan.

A persoa beneficiaria deberá respectar, en todo momento, as orientacións recollidas no documento de uso do emblema europeo (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) 2021/1060.

ANEXO XII

Acreditación do cumprimento dos prazos establecidos na Lei 3/2004

– No caso das solicitantes que, de acordo coa normativa contable, poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, a través dunha declaración responsable.

– Para as solicitantes que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificado emitido por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas:

• Para o caso en que as contas anuais auditadas de 2022 e exercicios posteriores xa reflictan a nova información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, se da información da memoria se deduce que a empresa cumpriu ao 100 % cos prazos de pagamento a provedores, abondaría un certificado , emitido polo auditor de contas da sociedade, que indique que no seu traballo de auditoría realizou procedementos para obter evidencia da corrección do contido da memoria das contas anuais cumprindo, por tanto, o requisito del artigo 13.3.bis da Lei xeral de subvencións. Este certificado resultará válido ata que estean auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.

Para o resto de casos en que non sexa posible emitir o certificado anteriormente mencionado (por non existir aínda contas anuais auditadas do exercicio 2022 ou porque estas reflictan unha porcentaxe de cumprimento de prazos de pagamento a provedores inferior ao 100 %), poderá emitirse un certificado de que o requisito se cumpre no momento de solicitude da subvención o axuda*. A emisión deste certificado de que a sociedade solicitante da subvención está ao día nos pagamentos a provedores estará baseada nun «informe de procedementos acordados».

Para emitir o certificado, na data de referencia utilizada, os procedementos acordados incluirán, polo menos, o seguinte, a partir do detalle sobre os pagamentos pendentes a provedores: o auditor comprobará o importe total do detalle facilitado cos rexistros contables, obtendo, de ser o caso, a conciliación oportuna, e tomará unha mostra para comprobar a corrección das facturas seleccionadas en canto a provedor, data de factura, entrega de bens ou prestación de servizos, antigüidade e clasificación. Así mesmo, comprobarase unha mostra de pagamentos realizados con posterioridade á data de referencia co obxectivo de comprobar que non existen facturas adicionais ás recollidas no detalle facilitado pola entidade ou comprobarase, a partir do detalle de facturas de provedores do libro rexistro de IVE soportado, para unha mostra de facturas, se se atopan pendentes de pagamento e, en tal caso, a súa inclusión no detalle de facturas na data de referencia e, en caso contrario a partir do maior de provedores seleccionarase unha mostra cun grao de confianza suficiente e realizarase confirmación externa con provedores.

Unha vez realizados estes procedementos, entenderase cumprido o requisito do artigo 13.3.bis da Lei xeral de subvencións cando da información proporcionada non derive que existen facturas pendentes de pagamento cunha antigüidade superior a 60 días.

* O certificado terá unha data de corte, que se considerará data de referencia, anterior á data de emisión do certificado (dun máximo dun mes), posto que o auditor, para poder emitir o seu informe nunha data, ten que terminar os procedementos de comprobación antes da data de solicitude da subvención ou axuda.