DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 14 de marzo de 2024 Páx. 18841

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 5 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 32, do 14 de febreiro de 2024, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 12980, no artigo 33, letra e), elimínase o ordinal 1º («1º. Relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social de todas as mensualidades incluídas no período subvencionable. O recibo de liquidación das cotizacións (RLC) e os correspondentes xustificantes de pagamento)».

Na páxina 12980, no artigo 33, letra f), engádese un ordinal 4º: «4º. Relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social de todas as mensualidades incluídas no período subvencionable. O recibo de liquidación das cotizacións (RLC) e os correspondentes xustificantes de pagamento».

Na páxina 12998, no artigo 47, letra e), engádese: «así como a declaración responsable co contido mínimo que recolle o modelo publicado na páxina web https://empregoeigualdade.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego?content=iniciativa_0156.html&langId=gl_ES, podendo remitir, en todo caso, o propio modelo.».

Na páxina 13001, no artigo 50, no segundo cadro, na columna de proxecto, onde di: «2022 00099», debe dicir: «2018 00099».

Na páxina 13002, no artigo 51.2, engádese: «coa excepción das axudas establecidas no artigo 40 (asistencia técnica), para as cales deberá presentarse unha única solicitude por CEE».

Na páxina 13002, no artigo 53, engádese un punto 2: «2. A xustificación mensual do programa III establecida no artigo 48 das bases reguladoras presentarase no prazo máximo de corenta (40) días contados desde o último día do mes de referencia».

Modifícanse os anexos V, VI, VII e IX da versión en galego.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file