DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 15 de marzo de 2024 Páx. 19098

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 20 de abril de 2023 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 20 de abril de 2023, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia e clasificación na agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais (especialidade de persoal de limpeza e cociña).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 78, do luns 24 de abril de 2023, constatamos a existencia dun erro no nome dun centro de destino.

Na páxina 24936 onde di: «CEIP PENÍNSULA DA PAZ», debe dicir: «CEIP DE CERVO».