DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19507

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de área na especialidade de pediatría e as súas áreas específicas, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023.

A Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 196, do 14 de outubro), establece medidas extraordinarias e temporais en materia de emprego público dirixidas a garantir a adecuada atención sanitaria de toda a poboación galega, co fin de impulsar a incorporación urxente, estable e permanente de persoal aos postos de difícil cobertura, incluíndo no seu ámbito diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área.

O Decreto 32/2023, do 13 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público para a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde para o ano 2023, incluíu a oferta de 12 prazas de facultativo/a especialista de pediatría e as súas áreas específicas, co obxecto de conseguir a incorporación estable de pediatras nos hospitais dos distritos sanitarios da Barbanza, A Mariña, Monforte de Lemos, Verín, O Barco de Valdeorras.

Realizado o acto telemático de elección de destino convocado pola Resolución do 1 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 26, do 6 de febreiro), resultaron adxudicadas 12 prazas ofertadas.

A base décima da mesma resolución establece que, unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que, de ser o caso, se actualice a relación de seleccionados, se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino daqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Ao abeiro da antedita resolución, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, a relación actualizada de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo e nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de facultativo/a especialista de área na especialidade de pediatría e as súas áreas específicas aos/ás aspirantes que se inclúen no anexo desta resolución.

Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo e declarar finalizado para os ditos aspirantes o concurso de méritos para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista de área na especialidade de pediatría e as súas áreas específicas, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 11 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio).

Segundo. Este concurso de méritos tramitouse en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario, e a dita lei, como figura na súa parte expositiva, inclúe no seu artigo 2 unhas garantías para que o persoal seleccionado «se incorpore e permaneza varios anos no desempeño efectivo dos postos adxudicados».

Polo tanto, en cumprimento do que dispón ese artigo 2 e a convocatoria deste concurso de méritos:

a) Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo no destino elixido e adxudicado.

A prestación de servizos do persoal seleccionado neste concurso, realizado en execución do Decreto 32/2023, do 13 de abril, realizarase en réxime de xornada ordinaria e complementaria (gardas), dentro do respecto ao réxime de xornada que establece a Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, sen que resulte de aplicación calquera réxime de exención de gardas por razóns de idade ata que transcorran dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino no concurso.

A falta de incorporación ao destino nesas condicións e prazo, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso.

b) Posteriormente, poderán participar nos concursos de traslados da categoría de facultativo especialista de área na especialidade de pediatría e as súas áreas específicas, ou nos sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría, cando cumpra os requisitos comúns deses procedementos e acrediten dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino nesta resolución.

Aqueles/as seleccionados/as neste proceso que tomen posesión como facultativo especialista de área na especialidade de pediatría e as súas áreas específicas serán excluídos/as dos procesos de selección temporal en que estean inscritos/as no Servizo Galego de Saúde.

Respecto aos procesos de selección de persoal fixo na categoría de facultativo especialista de área (pediatría e as súas áreas específicas) xa convocados e nos que estean participando, en concreto o concurso-oposición convocado pola Resolución do 14 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 4 de xaneiro) e o concurso de méritos de estabilización convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro), serán excluídos/as destes procesos no momento en que como consecuencia da resolución deste concurso de méritos tomen posesión de praza na dita categoría e especialidade, dado que non se pode acceder posteriormente á mesma categoría na que xa acredita a condición de persoal fixo.

Terceiro. En aplicación da base 10.3 da resolución de convocatoria do proceso, a non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso. Neste suposto, o órgano convocante procederá a seleccionar e nomear persoal estatutario fixo da categoría a novos/as aspirantes, no número que corresponda e pola orde de prelación que resulte da lista definitiva da categoría entre aqueles aspirantes que teñan elixidos os destinos non adxudicados, con independencia da quenda de acceso do aspirante que non se incorporou ao servizo activo.

Cuarto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente convalidada.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2024

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Definitivamente seleccionados, nomeamento e adxudicación de destino

FACULTATIVO/A ESPECIALISTA DE ÁREA EN LA ESPECIALIDAD DE PEDIATRÍA Y SUS ÁREAS ESPECÍFICAS

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

****8385**

Abadi García, Tarek

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Hospital Público da Mariña

Burela

****2994**

Espiño Lorenzo, Pilar

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Hospital Público do Salnés

Vilagarcía de Arousa

****7256**

Fariña Nogueira, Sabela

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Hospital Público do Salnés

Vilagarcía de Arousa

****7372**

Fuentes Pita, Patricia

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Hospital Público da Barbanza

Ribeira

****8347**

García Magán, Carlos

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Verín

Verín

*****5386*

Gobbato, Carla Constancia

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Verín

Verín

****1690**

González Piñeiro, Yolanda

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Hospital Público do Salnés

Vilagarcía de Arousa

****4859**

Novoa Illanes, Alba

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Hospital Público da Barbanza

Ribeira

****3294**

Ocampo Fontangordo, Luis

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Valdeorras

Barco de Valdeorras, O

****8983**

Portela Liste, Ana

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Hospital Público de Monforte

Monforte de Lemos

****5438**

Ramos Pérez, Alfonso Manuel

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Hospital Público da Mariña

Burela

****5786**

Vilas Vázquez, Concepción Olga

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Hospital Público do Salnés

Vilagarcía de Arousa