DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 18 de marzo de 2024 Páx. 19500

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de pediatra de atención primaria, convocado pola Resolución do 11 de maio de 2023.

A Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 196, do 14 de outubro), establece medidas extraordinarias e temporais en materia de emprego público dirixidas a garantir a adecuada atención sanitaria de toda a poboación galega, co fin de impulsar a incorporación urxente, estable e permanente de persoal aos postos de difícil cobertura no nivel da atención primaria, incluíndo no seu ámbito a categoría de pediatra de atención primaria.

O Decreto 32/2023, do 13 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público para a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde para o ano 2023, incluíu a oferta de 60 prazas de pediatra de atención primaria.

Realizado o acto telemático de elección de destino convocado mediante a Resolución do 1 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 26, do 6 de febreiro), resultaron adxudicadas 58 prazas, sendo necesaria a resolución do proceso selectivo respecto dos destinos adxudicados dadas as necesidades expostas. Do acto de elección resultaron pendentes de adxudicación 2 prazas.

A base décima da mesma resolución establece que, unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que, de ser o caso, se actualice a relación de seleccionados, se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino daqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Ao abeiro da antedita resolución, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación actualizada de aspirantes definitivamente seleccionados/as no proceso selectivo e nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde na categoría de pediatra de atención primaria os/as aspirantes que se inclúen no anexo desta resolución.

Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza correspondente que figura no indicado anexo e declarar finalizado para os ditos aspirantes o concurso de méritos para o ingreso na categoría de pediatra de atención primaria, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 11 de maio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 25 de maio).

Segundo. Este concurso de méritos tramitouse en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario, e a dita lei, como figura na súa parte expositiva, inclúe no seu artigo 2 unhas garantías para que o persoal seleccionado «se incorpore e permaneza varios anos no desempeño efectivo dos postos adxudicados».

Polo tanto, en cumprimento do que dispón ese artigo 2 e a convocatoria deste concurso de méritos:

a) Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse de modo efectivo e permanente ao servizo activo no destino elixido e adxudicado.

A falta de incorporación ao destino nesas condicións e prazo, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso.

b) Posteriormente, poderán participar nos concursos de traslados da categoría de pediatra de atención primaria, ou nos sistemas de promoción interna ou provisión de prazas doutra categoría, cando cumpra os requisitos comúns deses procedementos e acrediten dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro elixido e adxudicado como destino nesta resolución.

Aqueles/as seleccionados/as neste proceso que tomen posesión como pediatra de atención primaria serán excluídos/as dos procesos de selección temporal nos que estea inscrito/a no Servizo Galego de Saúde.

Respecto aos procesos de selección de persoal fixo facultativo especialista de área (pediatría e as súas áreas específicas) xa convocados e en que estean participando, poderán manter esa participación con carácter transitorio e ata que se coñeza o resultado final deses procesos, en concreto no concurso-oposición convocado pola Resolución do 14 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 3, do 4 de xaneiro) e no concurso de méritos de estabilización convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro).

Se finalmente chega a figurar entre as persoas seleccionadas neses procesos, para manter a súa participación neles sen ser excluído/a e, xa que logo, para incorporarse ao servizo activo no seu futuro destino de facultativo especialista de área, deberá renunciar previamente á súa praza de pediatra de atención primaria, por non acreditar os dous anos de permanencia na situación de servizo activo no centro adxudicado como destino nesta categoría (artigo 2 da Lei 2/2022).

Terceiro. En aplicación da base 10.3 da resolución de convocatoria do proceso, a non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso. Neste suposto, o órgano convocante procederá a seleccionar e nomear persoal estatutario fixo da categoría a novos/as aspirantes, no número que corresponda e pola orde de prelación que resulte da lista definitiva da categoría entre aqueles aspirantes que teñan elixidos os destinos non adxudicados, con independencia da quenda de acceso do aspirante que non se incorporou ao servizo activo. Realizadas estas adxudicacións publicarase resolución ofertando novamente a acto de elección as seguintes prazas que non resultaron adxudicadas no primeiro acto de elección:

Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Centro de saúde

Quenda

Cervo

Mañá

Viveiro

Mañá

Cuarto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente convalidada.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2024

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Definitivamente seleccionados, nomeamento e adxudicación de destino

Pediatría de atención primaria

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro/s de saúde

Concello

Quenda

****0998**

Alfonso Labandeira, Raquel

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Teo-Cacheiras

Teo

Tarde

****1330**

Alvariño Castro, Alberto

A.S. da Coruña e Cee

O Ventorrillo

Coruña, A

Desprazable

****4669**

Aramburu Robles, Almudena

A.S. de Vigo

Mondariz-Covelo

Mondariz, Covelo

Mañá

****2664**

Bauluz Barcena, María

A.S. de Vigo

Ponteareas

Ponteareas

Desprazable

****6258**

Caballero Gil, José Ángel

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Lalín

Lalín

Tarde

****8937**

Cabo Jiménez, Verónica

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Chantada

Chantada

Mañá

****7228**

Camino Barreiro, Iria

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Moraña-Cuntis

Moraña, Cuntis

Mañá

****7371**

Capelo Míguez, Juan Manuel

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Maceda-Castro Caldelas-Trives

Maceda, Castro Caldelas, Pobra de Trives, A

Mañá

****8000**

Carnicero Iglesias, Ana

A.S. de Pontevedra e O Salnés

A Lama-Cotobade-Ponte Caldelas

Lama, A, Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas

Mañá

****3572**

Casas Pérez, Marina

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Quiroga-Escairón-A Pobra do Brollón-Bóveda-Rubián

Quiroga, Pobra do Brollón, A, Bóveda

Mañá

****1600**

Codias López, Alejandra

A.S. da Coruña e Cee

Cambre

Cambre

Desprazable

****0007**

Collazo Álvarez, Alba María

A.S. de Vigo

Redondela

Redondela

Desprazable

****0971**

Constenla Villoslada, Cristina

A.S. da Coruña e Cee

Fisterra

Fisterra

Mañá

****8350**

Crujeiras Paz, Mercedes

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Boiro

Boiro

Tarde

****8157**

De Lamas Pérez, Carmela

A.S. de Ferrol

Fontenla Maristany

Ferrol

Tarde

****5229**

Delgado Martín, María Victoria

A.S. de Vigo

Moaña

Moaña

Desprazable

****7231**

Díaz Esteban, Blanca María

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Mondoñedo

Mondoñedo

Mañá

****5938**

Fernández Soto, Zaida

A.S. de Vigo

Rúa Cuba

Vigo

Tarde

****6356**

Fernández Villar, Aida María

A.S. de Vigo

Colmeiro

Vigo

Tarde

****0892**

Fernández Viso, Sara

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Vilalba

Vilalba

Mañá

****8690**

Fuentes Pérez, Nazareth

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Sanxenxo

Sanxenxo

Mañá

****8052**

García Alonso, Laura

A.S. de Pontevedra e O Salnés

O Grove

Grove, O

Mañá

****0755**

Germil Ares, Iria Noela

A.S. de Ferrol

Ortigueira

Ortigueira

Mañá

****7120**

Gómez Costas, Ezequiel Josnie

A.S. de Vigo

Ponteareas

Ponteareas

Mañá

****2693**

Gómez Silva, Graciela

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Ames-Bertamiráns

Ames

Tarde

****4307**

Lemos Bouzas, María Xesús

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa

Desprazable

****6158**

Lendoiro Fuentes, Marta

A.S. da Coruña e Cee

Sada

Sada

Desprazable

****4451**

Liñares Nistal, Pomba

A.S. de Vigo

Tui

Tui

Tarde

****8043**

Lomba Estévez, Marta

A.S. de Vigo

Tomiño

Tomiño

Desprazable

****5190**

López García, Gonzalo

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Viveiro

Viveiro

Mañá

****4491**

Mariño García, Paula

A.S. da Coruña e Cee

Matogrande

Coruña, A

Tarde

****5960**

Martínez Blanco, Beatriz

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Ribeira

Ribeira

Desprazable

****5646**

Montero Alonso, María

A.S. de Vigo

A Doblada

Vigo

Tarde

****9395**

Montero Vázquez, David

A.S. da Coruña e Cee

Arteixo

Arteixo

Desprazable

****2036**

Navarro Martínez, Jesús Francisco

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

O Barco

Barco de Valdeorras, O

Mañá

****1228**

Ojea Jorge, Vanesa

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Illa-Ribadumia

Illa de Arousa, A, Ribadumia

Mañá

****7316**

Otero Domínguez, Elvira

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Mazaricos-A Baña

Mazaricos, Baña, A

Mañá

****9964**

Pardellas Carollo, Yolanda

A.S. de Vigo

A Cañiza

Cañiza, A

Mañá

****4330**

Pérez Cortizas, Ángela

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Valga

Valga, Pontecesures

Mañá

****2764**

Pérez Tato, Helena

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Verin

Verín

Mañá

****9132**

Reis Iglesias, Leticia

A.S. de Vigo

Moaña

Moaña

Desprazable

****0144**

Ríos Duro, Héctor

A.S. da Coruña e Cee

O Ventorrillo

Coruña, A

Desprazable

****4322**

Rodríguez González, Lucia

A.S. de Vigo

A Doblada

Vigo

Tarde

****8007**

Rodríguez Miguélez, Maria Teresa

A.S. da Coruña e Cee

Matogrande

Coruña, A

Tarde

****2179**

Román Eyo, Lucía

A.S. de Vigo

Rúa Cuba

Vigo

Tarde

****9135**

Romero Rey, Henar

A.S. da Coruña e Cee

Vimianzo

Vimianzo

Mañá

****0163**

Rujido Freire, Susana

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Silleda-Vila de Cruces

Silleda, Vila de Cruces

Mañá

****6613**

Sáez Soto, Rebeca

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Monterroso

Monterroso

Mañá

****9541**

Sánchez Rodríguez, Laura

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Rianxo

Rianxo

Mañá

****0447**

Seoane Rodríguez, Marta

A.S. da Coruña e Cee

Ponteceso-Corme

Ponteceso

Mañá

*****9211*

Sotomayor Gallegos, Christian Salomón

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Verín

Verín

Mañá

****7748**

Táboas Ledo, María Fernanda

A.S. de Vigo

Cangas

Cangas

Tarde

****1310**

Urricelqui Laparte, Gonzalo

A.S. de Coruña e Cee

Muxía-Dumbría

Muxía, Dumbría

Mañá

****5328**

Varela Rey, Verónica

A.S. de Coruña e Cee

Carballo

Carballo

Mañá

****8287**

Vázquez Canal, Raquel

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A Ponte-Carballiño

Ourense, Carballiño, O

Mañá

****3653**

Vázquez Gómez, Lorena

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Vilalba

Vilalba

Mañá

****1405**

Vila Díaz, Sonia

A.S. de Ferrol

Ortigueira-Cariño

Ortigueira, Cariño

Mañá

****7436**

Vila Pérez, Daniel

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Sanxenxo-Baltar

Sanxenxo

Desprazable