DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 7 de marzo de 2024, polo que se aproban o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas e, definitivamente, o proxecto de trazado de actualización do proxecto de fomento da mobilidade sustentable, nova senda na OU-402, treito: Reza, puntos quilométricos (pp.qq.) 1+090-3+780, de clave OU/21/145.06.

Antecedentes:

Con data do 6 de setembro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 169 o Anuncio do 18 de agosto de 2023 polo que se someten ao trámite de información pública a actualización do proxecto de fomento da mobilidade sustentable, nova senda na OU-402, treito Reza, puntos quilométricos 1+090-3+780, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido (clave OU/21/145.06).

En virtude do disposto no artigo 55.6 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia,

RESOLVO:

Publicar o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 7 de marzo de 2024, polo que se aproban o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas e, definitivamente, o proxecto de trazado de actualización do proxecto de fomento da mobilidade sustentable, nova senda na OU-402, treito: Reza. pp.qq. 1+090-3+780, que se recolle como anexo a esta resolución.

Contra o dito acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderase formular recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que, con carácter previo e potestativo, se poida formular recurso de reposición no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de ser un suxeito obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración, para interpor o recurso de reposición deberá empregar o modelo IF321B de recurso en materia de infraestruturas, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/, ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2024

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 7 de marzo de 2024, polo que se aproban o trámite de información pública e o informe das administracións afectadas e, definitivamente, o proxecto de trazado de actualización do proxecto de fomento da mobilidade sustentable, nova senda na OU-402, treito: Reza.
pp.qq. 1+090-3+780

1º. Aprobar o expediente correspondente aos trámites de información pública e informe das administracións afectadas do proxecto de trazado de actualización do proxecto de fomento da mobilidade sustentable, nova senda na OU-402, treito: Reza. pp.qq. 1+090-3+780, de clave OU/21/145.06, coas seguintes modificacións respecto do trazado sometido a información pública:

• Entre os pp.qq. 1+075 e 1+150 (aproximadamente), na marxe dereita da estrada, correspondentes á fronte da parcela de referencia catastral 1696817NG9819N0000IT, substituirase o terraplén proxectado por un muro de contención de coieira situado xunto ao límite da senda.

• Entre os pp.qq. aproximados 1+380 e 1+445 na marxe dereita, correspondentes ás parcelas con referencia catastral 1696808NG9819N, 1696807NG9819N, 1696806NG9819N, 1696845NG9819N e 1696805NG9819N (números de orde 8, 9, 10, 11 e 12 no proxecto), definirase a senda cun largo homoxéneo de 2,30 m para non afectar o peche existente.

2º. Aprobar definitivamente o proxecto de trazado de actualización do proxecto de fomento da mobilidade sustentable, nova senda na OU-402, treito: Reza. pp.qq. 1+090-3+780, de clave OU/21/145.06.

Consonte establece o artigo 23.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Ourense, no cal se asentan as infraestruturas obxecto do proxecto, deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, en que se establecen as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo dun ano e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

A aprobación definitiva do proxecto de trazado implica a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, dos depósitos dos materiais sobrantes, dos préstamos necesarios para executalas e para reposición de servizos afectados, previstos no proxecto, así como para a implantación do proxecto e as modificacións deste que, de ser o caso, se poidan aprobar posteriormente, e a urxencia da ocupación, todo iso para os efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño.