DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 6 de marzo de 2024 polo que se somete a información pública a aprobación inicial da modificación do proxecto construtivo da conexión exterior de saneamento do proxecto sectorial do parque empresarial das Gándaras (Lugo).

De conformidade co establecido na Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, a modificación do proxecto construtivo da conexión exterior de saneamento do proxecto sectorial do parque empresarial das Gándaras, aprobouse inicialmente o 16 de febreiro de 2024 e sométese a información pública durante o prazo de trinta días hábiles, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a devandita documentación no Portal de transparencia e Goberno aberto da Xunta de Galicia e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2024

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo