DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 19 de marzo de 2024 Páx. 19830

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de convocatoria do procedemento selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de enxeñeira/o técnica/o de obras públicas, funcionaria/o de carreira da escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A2, polo sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 33, do 15 de febreiro de 2024, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de enxeñeira/o técnico/a de obras públicas, funcionario/a de carreira da escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A2, polo sistema de concurso-oposición.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es) cando así o establezan as bases específicas da convocatoria.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 15 de febreiro de 2024

O alcalde
P.D. (Resolución núm. 1260/2023, do 4.7.2023;
BOP núm. 131, do 11 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Cohesión Social,
Recursos Humanos e Réxime Interior