DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 2024 Páx. 19943

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 22 de decembro), pola que se fan públicos os resultados do terceiro exercicio.

En sesión que tivo lugar o 6 de marzo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio), para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado mediante a Resolución do 21 de decembro de 2021 (DOG núm. 244, do 22 de decembro),

ACORDA:

Primeiro. Informar que non houbo reclamacións presentadas a este exercicio.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, o exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto en cada unha das probas.

Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do terceiro exercicio, aprobados polo tribunal na sesión do día 8 de xaneiro de 2024, e publicados no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, e en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación da primeira proba do terceiro exercicio (nivel de coñecemento da lingua inglesa), o tribunal acordou que superarán esta proba as persoas aspirantes que teñan unha porcentaxe igual ou superior ao 50 % de respostas correctas.

As preguntas non contestadas ou incorrectas non penalizan nin reciben puntuación.

Feita a corrección e consonte os criterios anteriores, superaron o exercicio un total de sete (7) aspirantes no acceso libre e de cinco (5) aspirantes no acceso por promoción interna.

Terceiro. Quedaron exentos da realización do terceiro exercicio, proba primeira (inglés), tres (3) aspirantes de promoción interna e nove (9) de acceso libre, por acreditar no prazo sinalado que posúen coñecemento da lingua inglesa correspondente a un nivel B1, ou superior, dentro do Marco europeo común de referencia.

Á súa vez, nove (9) persoas aspirantes de promoción interna e dezaseis (16) de acceso libre quedaron exentas da realización da segunda proba do terceiro exercicio por presentar acreditación de posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais dos niveis de coñecemento de lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Por conseguinte, considérase superado, a estas persoas, o terceiro exercicio a todos os efectos.

Cuarto. Publicar no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal, os resultados obtidos (apto/non apto) polas persoas aspirantes presentadas ao terceiro exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021.

Quinto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación aos resultados, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2024

Alfonso Pereira Martínez
Presidente do tribunal