DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 20 de marzo de 2024 Páx. 19942

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024 pola que se anuncian os acordos do Pleno de publicación do informe de fiscalización pronta das medidas adoptadas polas entidades locais de Galicia para abordar a crise humanitaria provocada pola invasión de Ucraína e o informe de fiscalización das obrigas de remisión de información das entidades locais de Galicia e de avaliación do contorno de control: control interno, contratos e convenios (exercicios 2019-2020).

De conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, anúnciase a aprobación e publicación por parte do Pleno do Consello de Contas de Galicia, con datas do 29 de febreiro e 7 de marzo, respectivamente, dos seguintes informes:

• [1702023_12] Informe de fiscalización pronta das medidas adoptadas polas entidades locais de Galicia para abordar a crise humanitaria provocada pola invasión de Ucraína.

• [1702022-03] Informe de fiscalización das obrigas de remisión de información das entidades locais de Galicia e de avaliación do contorno de control: control interno, contratos e convenios (exercicios 2019-2020).

Enlace para acceder ao texto completo dos informes: https://www.ccontasgalicia.es/sites/
consello_de_contas/files/contents/documents/2023/20240304_Informe_Informe_de_
fiscalizacion_1702023-12_IF_Informe_fiscalizacion_FAREFUX_G.pdf

https://www.ccontasgalicia.es/sites/consello_de_contas/files/contents/documents/2024/
1702022-03_IF_Informe_Fiscalizacion_Obriga_remision_exercicios_2019_e_2020_G.pdf

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2024

Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia