DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 2024 Páx. 20088

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT404E).

O Consello Europeo aprobou o 21 de xullo de 2020 a creación do programa NextGenerationEU, como instrumento de estímulo económico en resposta á crise causada pola COVID-19.

O 10 de novembro de 2020, o Parlamento Europeo e o Consello alcanzaron o acordo sobre o paquete de medidas que inclúe os fondos de NextGenerationEU e o Marco financeiro plurianual 2021-2027, e creouse o Mecanismo europeo de Recuperación e Resiliencia, como instrumento de apoio aos Estados membros a través de transferencias directas e préstamos para incrementar os investimentos públicos e acometer reformas para paliar os devastadores danos producidas pola COVID-19.

O Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, sinala que os Estados membros elaborarán plans de recuperación e resiliencia nacionais para acollerse a el e alcanzar os obxectivos establecidos, e estes serán presentados formalmente polos Estados como moi tarde o 30 de abril.

A Resolución do 29 de abril de 2021, da Subsecretaría do Ministerio de Asuntos Económico e Transformación Dixital, dá publicidade ao Acordo do Consello de Ministros, do 27 de abril de 2021, polo que se aproba o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, que define as estratexias que se seguirán no desenvolvemento dos fondos europeos de recuperación. As medidas que recolle o Plan cumpren cos seis piares establecidos polo Regulamento da UE, e articúlanse ao redor de catro eixes principais (a transición ecolóxica, a transformación dixital, a cohesión social e territorial e a igualdade de xénero). Estes catro eixes de traballo desenvólvense a través de dez políticas panca, que integran, á súa vez, 30 compoñentes ou liñas de acción, para contribuír a alcanzar os obxectivos xerais do plan.

O Consello de Ministros do 13 de xullo de 2021, por proposta do ministro de Cultura e Deporte, aprobou a distribución territorial e os criterios de repartición dos créditos que serán xestionados polas comunidades autónomas con cargo ao orzamento do Ministerio de Cultura e Deporte no marco dos compoñentes 24 e 25.

O compoñente 24, Revalorización da industria cultural, recolle reformas e investimentos orientadas a fortalecer a cadea de valor das industrias culturais españolas e promove tres eixes estratéxicos: a competitividade, a dinamización e cohesión do territorio, e a dixitalización e sustentabilidade dos grandes servizos culturais. Dentro deste atópanse diversos proxectos de que participarán as comunidades autónomas, entre os que está o C24.I02.P02 Modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, así como o fomento de circuítos de difusión interterritorial, tras as transferencias dos pertinentes fondos durante os anos 2021 e 2022 para convocatorias pública de axudas. Deste xeito, as comunidades autónomas receptoras deste financiamento deberán destinar os créditos a entidades públicas e privadas do seu ámbito territorial.

O día 22 de xullo de 2021 aprobáronse os criterios de repartición dos fondos afectados para o financiamento das actuacións descritas e a súa execución que corresponden ás comunidades autónomas, a través de convocatorias de axudas en réxime de concorrencia competitiva.

En cumprimento coa regulamentación antes descrita, todos os proxectos de investimento deben de respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, Do No Significant Harm) e as condicións da etiquetaxe climática e dixital. Iso inclúe o cumprimento das condicións específicas asignadas previstas nos compoñentes 24 e 25, así como nos investimentos en que se enmarcan os devanditos proxectos, tanto no referido ao principio DNSH como á etiquetaxe climática e dixital.

O Estatuto de autonomía de Galicia establece no artigo 27.19 que lle «corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia e fomento da cultura e da investigación en Galicia», sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ten a responsabilidade de promocionar e fomentar a cultura galega, e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é o ente instrumental en que centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas.

A Axencia Galega das Industrias Culturais, creada pola Lei 4/2008, do 23 de maio, concíbese, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5, como unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego.

O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singulares.

Con esta finalidade, a Agadic realizou dúas convocatorias para a modernización das infraestruturas dos espazos de exhibición de artes escénicas e musicais e, logo da modificación dos documentos reitores na Conferencia Sectorial de Cultura na súa sesión do 12 e do 15 de decembro de 2023, realízase esta nova convocatoria de axudas para seguir impulsando a modernización e xestión sustentable das artes escénicas e musicais, con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, no exercicio 2024.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Convocatoria e bases reguladoras

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT404E).

Segundo. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta convocatoria, sempre que cumpran os requisitos establecidos nas bases, as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas titulares, arrendatarios ou posuidores de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e/ou musicais abertos ao público, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público, así como as entidades públicas que integran a Administración local, de conformidade co disposto no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e os seus organismos dependentes titulares, arrendatarios ou posuidores de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e musicais abertos ao público situados en Galicia, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

Terceiro. Financiamento

1. Os créditos dispoñibles para o financiamento desta convocatoria imputaranse aos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais nas aplicacións, código de proxecto, importe e distribución dos créditos que se reflicten no cadro seguinte:

Categorías

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Total

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Categoría 1

10.A1.432B.770.1

2021 00003

100.000 €

30.000 €

70.000 €

Categoría 2

10.A1.432B.760.1

2021 00003

400.000 €

150.000 €

250.000 €

Total

500.000 €

180.000 €

320.000 €

2. As actuacións subvencionables con cargo a estas axudas estarán financiadas no 100 % polos fondos de NextGenerationEU polo que deberán cumprirse as obrigas específicas e demais disposicións que se establecen ao respecto nestas bases reguladoras.

Ás persoas beneficiarias destas axudas que realicen actividades económicas seralles de aplicación a normativa comunitaria en materia de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Cuarto. Solicitudes

1. Para poder ser persoa beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 9 das bases reguladoras.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Prazo de duración do procedemento de concesión

As solicitudes serán tramitadas de acordo co procedemento de concorrencia competitiva que non poderá ter unha duración superior aos 5 meses contados a partir do día seguinte ao da presentación da solicitude.

Sexto. Información ás persoas interesadas

1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais: http://industrias
culturais.xunta.gal

b) Os teléfonos 881 99 60 77/881 99 60 78.

c) No enderezo electrónico agadic@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

Sétimo. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao de publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Oitavo. Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2024

Román Rodríguez González
Presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO I

Bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas
das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU
e do Mecanismo de recuperación y resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, e se convocan para o año 2024 (código de procedemento CT404E)

Artigo 1. Obxecto, finalidade, réxime e principios de xestión

1. Estas bases teñan por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais, para a modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación y resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, e se convocan para o año 2024 (código de procedemento CT404E).

2. Estas axudas están destinadas a cubrir o investimento dedicado á transición verde e transformación dos espazos escénicos e musicais que impulsen un crecemento intelixente e sustentable da súa xestión. As accións elixibles que se financiarán a través desta liña de axudas son as seguintes:

a) Modernización de sistemas dixitais de audio e comunicacións en rede.

b) Modernización dos sistemas de iluminación dixital.

c) Modernización dos sistemas de vídeo dixital.

d) Modernización dos sistemas de xestión dixital de maquinaria escénica.

e) Modernización das ferramentas e sistemas dixitais de xestión artística e de produción de espectáculos nos recintos escénicos e musicais.

f) Modernización e rehabilitación de edificios para a súa adaptación ao cambio climático.

3. Estas subvencións serán tramitadas e concedidas en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

4. Estas subvencións son incompatibles co financiamento doutros fondos estruturais da (UE) ou outras axudas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e dos seus organismos dependentes para o mesmo proxecto, pero compatibles con outras axudas do resto dos departamentos da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade.

5. Estas axudas son compatibles co mercado interior sempre que se cumpra co disposto no artigo 53 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108.

6. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas, ingresos ou recursos doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais supere a intensidade da normativa comunitaria.

7. En cumprimento do disposto no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e a súa normativa de desenvolvemento, todos os proxectos de investimento deben de respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH, Do No Significant Harm) e as condicións da etiquetaxe climática e dixital. Iso inclúe o cumprimento das condicións específicas asignadas previstas no compoñente 24, así como nos investimentos en que se enmarcan os devanditos proxectos, tanto no referido ao principio DNSH como á etiquetaxe climática e dixital.

8. O procedemento de concesión destas subvencións está suxeito á análise sistemática e automatizada do risco de conflito de interese, de conformidade co establecido na disposición adicional centésimo décimo segunda da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do estado para o ano 2023, e a Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Establécense dúas categorías de persoas beneficiarias desta convocatoria:

Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas titulares, arrendatarias ou posuidoras de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e/ou musicais abertos ao público, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

Categoría 2. As entidades públicas que integran a Administración local, de conformidade co disposto no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e os seus organismos dependentes titulares, arrendatarios ou posuidores de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e musicais abertos ao público situados en Galicia, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

2. A presente convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

De acordo co artigo 1 do Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión do 17 de xuño de 2014, nesta convocatoria poderán ser beneficiarias as empresas que non se atopaban en crise no momento do estudo das solicitudes presentadas tras o remate do prazo da súa presentación, circunstancia que será comprobada pola Agadic.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións:

a) As asociacións, fundacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.

b) As persoas ou entidades públicas ou privadas en que concorran algunha das circunstancias ou prohibicións indicadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursas nas devanditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, que figura no anexo II.

4. As persoas solicitantes para poder ser consideradas beneficiarias, ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:

Categoría 1. Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas.

a) Ter social ou estatutariamente como obxecto social a organización ou desenvolvemento de espectáculos de artes escénicas ou musicais no suposto de persoas xurídicas ou estar dado de alta na epígrafe do IAE correspondente con esta actividade no caso da persoa física autónoma.

b) Documentación acreditativa da propiedade do inmoble, arrendamento ou calquera outro título válido en dereito de dispoñibilidade do espazo escénico ou musical sobre o que se vai realizar o investimento da axuda solicitada.

c) Dispor da licenza de actividade adecuada á actividade escénica ou musical que habilite o espazo para o desenvolvemento da súa actividade aberta ao público.

d) Cumprir os requisitos e condicións establecidos nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Categoría 2. Entidades públicas que integran a Administración local e organismos delas dependentes.

a) Contar cun establecemento en propiedade ou ser arrendatario ou posuír calquera outro título de dispoñibilidade do espazo escénico ou musical, na Comunidade Autónoma de Galicia, habilitado para o desenvolvemento da actividade escénica musical profesional aberta ao público. Quedan excluídos espazos como pavillóns polideportivos, salóns de conferencias ou espazos similares que non reúnan as condicións necesarias para o desenvolvemento da actividade profesional.

b) A Administración local deberá ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das últimas contas xerais que correspondan. E, no suposto de agrupacións ou asociacións de concellos, deberán cumprir con este requisito todos eles.

Artigo 3. Financiamento, contías máximas e intensidade das axudas

1. As axudas relativas ao obxecto desta resolución financiaranse cun crédito total de 500.000 euros, dos orzamentos da Axencia Galega das Industrias Culturais para o 2024 e 2025, código de proxecto 2021 00003, distribuído segundo o cadro que segue:

Categorías

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Total

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Categoría 1

10.A1.432B.770.1

2021 00003

100.000 €

30.000 €

70.000 €

Categoría 2

10.A1.432B.760.1

2021 00003

400.000 €

150.000 €

250.000 €

Total

500.000 €

180.000 €

320.000 €

2. As porcentaxes máximas de axuda e contías máximas son as seguintes:

Categoría 1. Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas. A contía máxima da axuda será do 80 % do proxecto cun límite máximo, en todo caso, por persoa beneficiaria de 15.000 euros.

Categoría 2. Entidades públicas que integran a Administración local e organismos delas dependentes: a contía máxima da axuda será do 70 % do proxecto cun límite máximo, en todo caso, por persoa beneficiaria de 40.000 euros, salvo que se trate de agrupacións de entidades, que será de 50.000 euros.

3. Os importes previstos poderán ser incrementados ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia e tras declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda e sempre antes da resolución de concesión. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver. Se as solicitudes presentadas por categoría non esgotan o crédito que teñen asignado no cadro anterior, o crédito sobrante poderase destinar á outra categoría sen que esta alteración precise de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto.

4. Estas axudas están financiadas ao 100 % polos fondos de NextGenerationEU a través do Mecanismo europeo de recuperación e resiliencia establecido polo Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece un instrumento de recuperación da Unión Europea para apoio da recuperación tras a crise da COVID-19, e regulado segundo o Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. O dito financiamento queda legalmente vinculado á realización das actuacións subvencionadas, medidas integradas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España.

5. Nestas subvencións admitiranse aqueles gastos que fosen realizados e pagados, desde o día seguinte da presentación da solicitude de subvención e o 1 de xullo de 2025, ambos incluídos.

Artigo 4. Proxectos subvencionables. Modalidades e requisitos

1. Os proxectos presentados a esta convocatoria só poderán ser para un único espazo escénico e deberán responder a unha ou varias das accións elixibles descritas no artigo 1.2 e 4.3 destas bases.

2. O importe mínimo do proxecto que se presente para a categoría 1 debe ser de 15.000 euros e de 50.000 euros para a categoría 2. En ambos os dous casos IVE excluído.

3. Para os efectos destas bases, descríbense a seguir as accións elixibles:

a) Modernización de sistemas dixitais de audio e comunicacións en rede.

Enténdense por sistemas dixitais de audio e comunicación en rede as partes ou sistemas completos de reprodución e/ou amplificación dixitais do son nun contexto profesional e con especificacións técnicas e uso de nivel profesional como poden ser Mesas de mesturas dixitais, tarxetas de son dixitais, sistemas de transporte e distribución de sinal dixital de audio (dixital snakes), caxetíns dixitais de escenario, incluídos cable de rede, software de edición, procesamento, reprodución de sinal dixital de audio (Qlab, Pro-tools ou análogos) entre outros.

Enténdese por sistemas de comunicación en rede, entre outros, os sistemas de intercomunicacións dixitais en redes pechadas vía RF (full duplex) enfocadas á coordinación en directo de eventos escénicos ou musicais (intercom sen fíos do equipo técnico e de produción) ou sistemas de captación, edición e procesamento de imaxe e son dixitais para a súa comunicación pública a través de rede (streaming, etc.).

Esta liña tamén engloba sistemas de audio que sirvan para eliminar barreiras na comunicación das persoas con discapacidade sensorial e persoas maiores: audio descrición, bucle magnético, son amplificado con auriculares, interpretación en lingua de signos, mochilas vibratorias, así como calquera outro sistema que axude á integración deste colectivo.

b) Modernización dos sistemas de iluminación dixital.

Enténdese por sistema de iluminación dixital, entre outros, as mesas de luces dixitais, as controladoras de iluminación dixitais (wings, etc.), os ordenadores para instalar software de control de iluminación, o software de control de iluminación para computadores persoais, o software de deseño de iluminación, simulación e programación offline (Wisywig, etc.), o software de control global (Qlab, Resolume, etc.), os proxectores de iluminación led (Recortes, PC, Fresnell, Parled, Panoramas CYC Led) que reciben directamente sinal DMX, os proxectores de iluminación móbiles, splitters dixitais (DMX), cablaxe fixo de sinal DMX nas varas de iluminación, cablaxe portátil DMX.

c) Modernización dos sistemas de vídeo dixital.

Enténdese por sistema de vídeo dixital, entre outros, sistemas de proxectores (videoproxectores dixitais); sistemas de xestión, reprodución e transporte de sinal de vídeo dixital (media servers), Servidores; mesas de mestura/edición de vídeo dixitais (hardware e software para este fin); sistemas de posprodución e procesamento de vídeo dixital; software de xestión de vídeo en tempo real e videomapping (Qlab, Resolume, etc.).

Inclúense tamén nesta liña todos os elementos de innovación tecnolóxica que permitan a realización de actividades accesibles aos colectivos de persoas con discapacidade.

d) Modernización dos sistemas de xestión dixital de maquinaria escénica.

Enténdese por sistema de xestión dixital de maquinaria escénica, entre outros, consolas programables de control de motores, software de control de motores para computadores persoais.

e) Modernización das ferramentas e sistemas dixitais de xestión artística e de produción de espectáculos nos recintos escénicos e musicais.

Enténdese por ferramentas e sistemas dixitais de xestión artística e de produción de espectáculos, entre outros, aplicacións informáticas deseñadas para a xestión de produción (estilo Visual Plannig, ou similares), planificación de eventos (estilo Vivien ou similares), xestión de proxectos (estilo Project ou similares) ou para a xestión de programación artística (estilo Venueops ou similares).

f) Modernización e rehabilitación de edificios para a súa adaptación ao cambio climático.

As actuacións que se enmarcan nesta liña son aquelas que procuran a consecución da eficacia enerxética, rehabilitacións de edificios, melloras no illamento térmico dos espazos, melloras nos sistemas de climatización (frío e calor), melloras nos equipamentos escénicos, utilización de equipamentos máis eficientes.

Na rehabilitación dos edificios terá que recollerse as directrices recollidas na Directiva (UE) 2018/844 relativa á eficacia enerxética dos edificios de cara a que sexan edificios de consumo de enerxía case nulo, permitindo a súa adaptación ao cambio climático, adoptando as solucións de adaptación que sexan posibles no marco das opcións que permita a edificación existente e a súa protección no caso de que sexan edificios protexidos, como a utilización de cubertas vexetais, toldos, zonas de sombra.

No suposto que se instalen aparellos de auga, estes terán unha etiqueta de produto existente na Unión. Para evitar o impacto da obra, identificaranse e abordarán os riscos de degradación ambiental relacionados coa preservación da calidade da auga e a prevención da tensión hídrica, de acordo cun plan de xestión de uso e protección da auga.

Os compoñentes e materiais non conterán amianto nin substancias que figuran no anexo XIV do Regulamento (CE)1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello e, ademais, adoptaranse medidas para reducir o ruído, o po e as emisións contaminantes.

Así mesmo os axentes encargados da construción seguirán o principio de xerarquía dos residuos, dando prioridade á prevención, preparación para a reutilización, reciclaxe, valorización enerxética e, por último, eliminación, sempre que sexa posible desde un punto de vista ambiental.

Polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos xerados nas actuacións previstas neste investimento será preparado para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo, utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE, dando prioridade á prevención, preparación para a reutilización, reciclado, valorización enerxética e, por último, eliminación, sempre que sexa posible desde un punto de vista ambiental.

Artigo 5. Concepto de gastos subvencionables

1. Serán gastos subvencionables de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable que se realicen nos espazos escénicos e musicais situados en Galicia, resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto presentado e fosen realizados e pagados, desde o día seguinte ao da solicitude e o 1 de xullo de 2025, ambos incluídos. O período subvencionable, polo tanto, abrangue desde o día seguinte da presentación da solicitude de subvención e o 1 de xullo de 2025, ambos incluídos.

Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que á persoa beneficiaria lle corresponde liquidar eses gastos.

2. Para os efectos da presente convocatoria, considéranse gastos subvencionables:

2.1. Proxecto técnico. Enténdese por gastos de proxecto técnico os relativos aos honorarios dos profesionais encargados da redacción do proxecto que se presenta á subvención.

2.2. Obras de instalación, modernización e rehabilitación. Neste concepto inclúense todos aqueles gastos relativos á adecuación e mellora dos espazos escénicos, así como os gastos que impliquen obra necesarios para a renovación e instalación dos equipamentos.

2.3. A compra de equipamentos e materiais. Estes gastos son os relativos á adquisición de bens de equipamento necesarios para o funcionamento no espazo escénico que impliquen unha mellora e modernización co obxectivo de optimizar a xestión de forma sustentable.

2.4. Os custos de montaxe e instalación de novos equipamentos, da maquinaria ou de instalacións de servizos básicos. Trátase de gastos relacionados coa renovación dos sistemas de servizos básicos, como sistemas eléctricos, de ciclo da auga, climatización, etc. así como todos os sistemas de escenario, tremoia, etc.

2.5. Os custos relacionados coa renovación e modernización das ferramentas que permitan mellorar a xestión artística e a produción de espectáculos.

2.6. Honorarios de técnicos contratados para a elaboración dos distintos proxectos que se pretendan acometer.

2.7. Gastos de auditoría ou consultoría en ámbitos técnicos (informática, enxeñarías...) vinculados directamente co proxecto que se presenta a subvención.

3. Non serán subvencionables de conformidade co disposto no artigo 29.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, os gastos relativos a:

– Xuros debedores das contas bancarias.

– Xuros, recargas e sancións administrativas e penais.

– Gastos de procedementos xudiciais.

O Imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables pola entidade beneficiaria non serán subvencionables.

– Calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto de subvención.

Artigo 6. Subcontratación

1. Para os efectos destas bases, enténdese que unha persoa beneficiaria subcontrata cando concerta con outros a execución total ou parcial da actividade subvencionable. Para determinar a existencia de subcontratación, atenderase ao obxecto social co que se pretenda contratar a actividade.

2. Nestas bases admítense a subcontratación de conformidade co establecido no artigo 27.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establecen que se subcontratará total ou parcialmente a actividade subvencionada cando a normativa reguladora da subvención así o prevexa.

3. En ningún caso se poderán subcontratar actividades que, aumentando o custo do proxecto subvencionado, non acheguen valor engadido ao seu contido e nos supostos establecidos no artigo 27.7 da Lei 9/2007:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións do artigo 10 da Lei 9/2007.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto de contratación.

c) Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe de custo total da operación, agás que o dito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades vinculadas coa persoa beneficiaria, agás que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado e que se obteña a autorización previa do órgano concedente nos termos que se fixen nestas bases reguladoras.

e) Persoas ou entidades solicitantes de axuda ou subvención na mesma convocatoria e programa que non obtivesen subvención por non reuniren os requisitos ou non alcanzaren a valoración suficiente.

Artigo 7. Presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida, para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 8. Prazo para presentar as solicitudes e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reunen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirida para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As persoas solicitantes deberán achegar xunto coa súa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

Categoría 1. Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas.

1.1. Documentación administrativa:

1.1.1. Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a firme en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no Rexistro Mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.1.4. Declaración de axudas (anexo V).

1.1.5. Alta no IAE (no caso de persoas físicas autónomas), nunha epígrafe relacionada coa a organización ou desenvolvemento de espectáculos de artes escénicas ou musicais.

1.2. Documentación específica:

1.2.1. Ficha resumo-memoria técnica do proxecto (anexo III). A memoria deberá indicar o nome do espazo, incluída a lista de material técnico existente, non poderá superar as 10 follas de extensión e deberá conter como máximo 3.500 palabras.

1.2.2. Plan económico financeiro/orzamento desagregado (anexo IV).

1.2.3. Licencia municipal do espazo escénico ou musical.

1.2.4. Documentación acreditativa da capacidade permitida no espazo.

1.2.5. Documentación acreditativa do total de actuacións profesionais realizadas no espazo nos últimos tres anos.

1.2.6. Documentación acreditativa do volume de contratación estable ou temporal en nómina entre o 31 de decembro de 2022 e a data de publicación desta convocatoria.

1.2.7. Copia da escritura de propiedade, contrato de alugueiro ou outros documentos válidos en dereito que amose a dispoñibilidade do espazo por parte da persoa solicitante. O contrato de alugueiro ou outro documento válido en dereito deberá ter unha vixencia de polo menos tres anos contados a partir da data de finalización da xustificación da subvención.

Categoría 2. Entidades públicas que integran a Administración local e organismos delas dependentes.

2.1. Documentación administrativa:

2.1.1. Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa responsable da secretaría da entidade, ou cargo asimilable, en que se faga constar o acordo adoptado polo órgano competente para solicitar a subvención.

2.1.2. Normas de creación e estatutos de constitución, no suposto de entidades do sector público.

2.1.3. Acreditación do cumprimento de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio que corresponda no suposto de entidades locais.

2.1.4. No suposto de entidades do sector público, a rendición de contas anuais ante o seu órgano de goberno.

2.2. Documentación específica:

2.2.1. Ficha resumo-memoria técnica do proxecto (anexo III). A memoria deberá indicar o nome do espazo, incluída a lista de material técnico existente, non poderá superar as 10 follas de extensión e deberá conter como máximo 3.500 palabras.

2.2.2. Documentación acreditativa da capacidade permitida no espazo.

2.2.3. Documentación acreditativa do total de actuacións profesionais realizas no espazo nos últimos tres anos.

2.2.4. Documentación acreditativa do persoal e/ou das empresas de servizos contratadas desde o 31 de decembro de 2022 ata a data de publicación desta convocatoria.

2.2.5. Plan económico financeiro/orzamento desagregado (anexo IV).

2.2.6. Certificado do secretario ou cargo asimilable da entidade solicitante en que manifeste a propiedade do inmoble onde se vai realizar o investimento ou, de ser o caso, da documentación que acredite a súa dispoñibilidade, que deberá estar vixente polo menos tres anos a partir da data final de xustificación da subvención.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron achegados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento, consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– NIF da entidade solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Notificación das resolucións e actos administrativos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencias contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada Lei.

Artigo 14. Instrución do procedemento

1. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes:

1.1. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

1.2. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.

1.3. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria ás persoas interesadas, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ou aos profesionais ou expertos consultados.

En todo caso, a Dirección da Agadic poderá requirir ás persoas solicitantes para que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levará a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven destas bases.

Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención.

Artigo 15. Comisión de Valoración

1. O director da Agadic nomeará as persoas, con asignación de funcións, que formarán parte da Comisión de Valoración que se constituirá para a avaliación das solicitudes e proxectos presentados. Esta comisión, de carácter paritario entre mulleres e homes, seralle de aplicación a sección 3ª da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

2. A Comisión de Valoración terá a consideración de órgano colexiado e estará constituída por dúas persoas do cadro de persoal da Agadic, unha delas desempeñará a Secretaría e non terá dereito a voto, e dúas persoas expertas no ámbito das artes escénicas e musicais das que unha exercerá a Presidencia.

3. A condición de vogal da comisión ten carácter persoal e non pode actuar por delegación ni ser substituído en ningún caso. Os membros da comisión declararán por escrito non ter relación coas persoas solicitantes ou, se é o caso, cos partícipes das persoas xurídicas solicitantes na correspondente convocatoria e absteranse se se dá algunha das circunstancias do artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

4. A avaliación das solicitudes presentadas farase en dúas fases. A primeira será a avaliación dos criterios automáticos establecidos no artigo 16 e a segunda fase será a avaliación dos criterios técnicos. A comisión poderá solicitar das persoas beneficiarias cantos datos e acreditacións xulguen necesarios para unha máis correcta avaliación dos proxectos.

5. Os membros da comisión, con carácter previo á avaliación das solicitudes na aplicación dos criterios técnicos, elaborarán un documento onde concreten estes coa finalidade da súa aplicación obxectiva e homoxénea. Esta concreción farase constar na acta da sesión e no informe coa motivación das puntuacións outorgadas.

6. Finalizadas as avaliacións, a comisión levantará acta da sesión e emitirá un informe onde relacionen os proxectos examinados por orde de prelación e indicará a puntuación asignada a cada un deles.

Artigo 16. Criterios de valoración

1. A valoración das solicitudes presentadas realizarase de acordo cos criterios establecidos para cada unha das categorías:

Categoría 1. Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas:

Criterios automáticos

Puntos

40

1. Antigüidade do espazo escénico ou musical (alta continuada no CNAE)

Puntos

6

a) De 1 a 5 anos

1

b) De 6 a 10 anos

3

c) Máis de 11 anos

6

2. Capacidade do espazo escénico ou musical

Puntos

6

a) De 50 a 100 espectadores

2

b) De 101 a 300 espectadores

4

c) Máis de 301 espectadores

6

3. Programación de compañías/grupos profesionais galegos nos últimos 3 anos (2021-2023) nos espazos escénico/musicais. Para valorar este punto será necesario ter realizado un mínimo de 60 actuacións nese período

Puntos

6

a) Entre o 20 % e 40 % do total das compañías programadas

1

b) Entre o 41 % ao 60 % do total das compañías programadas

3

c) Máis do 61 % do total de compañías programadas

6

4. Volume de contratación estable ou temporal en nómina, tomando como referencia a maior cifra demostrable entre o 31 de decembro do 2022 e a data da publicación desta convocatoria

Puntos

8

a) Entre 2 e 4 traballadores

2

b) Entre 5 e 9 traballadores

5

c) Máis de 10 traballadores

8

5. Nº de habitantes do concello onde se sitúa o espazo

Puntos

6

a) Menos de 5.000 habitantes

6

b) Entre 5.001 e 20.000 habitantes

4

c) Entre 20.001 e 60.000 habitantes

2

d) Máis de 60.001 habitantes

1

6. Porcentaxe de axuda solicitada con respecto ao proxecto presentado

Puntos

5

a) Ata o 60 %

5

b) Entre o 61 % e o 70 %

3

c) Entre o 71 % e o 80 %

1

7. Participación do espazo na Rede galega de música ao vivo ou Rede galega de salas durante os últimos cinco anos

Puntos

3

a) Si

3

b) Non

0

Criterios técnicos

Puntos

20

a) Memoria técnica en que se describa a relevancia, grao de innovación e consistencia da proposta, para valorar o interese do proxecto, a súa calidade técnica, o seu carácter innovador e o valor engadido que poida achegar ás infraestruturas das artes escénicas e a música.

Ata 8

b) Viabilidade técnica e económica do proxecto que permita valorar a coherencia entre os medios e os obxectivos marcados, así como o peso nos orzamentos doutras fontes de financiamento, sexan públicas ou privadas.

Ata 4

c) Impacto sobre a creación e/ou mantemento do emprego, en accións de transición ecolóxica e/ou cohesión territorial e no proceso de dixitalización.

Ata 8

Categoría 2. Entidades públicas que integran a Administración Local e organismos delas dependentes.

Criterios automáticos

Puntos

40

1. Capacidade do espazo escénico ou musical

Puntos

6

a) De 150 a 300 espectadores

2

b) De 301 a 600 espectadores

4

c) Máis de 601 espectadores

6

2. Programación de compañías/grupos profesionais galegos nos últimos 3 anos (2021-2023) nos espazos escénico/musicais. Para valorar este punto será necesario ter realizado un mínimo de 60 actuacións nese período

Puntos

6

a) Entre o 20 % e 40 % do total das compañías programadas

1

b) Entre o 41 % ao 60 % do total das compañías programadas

3

c) Máis do 61 % do total de compañías programadas

6

3. Volume de contratación estable ou temporal tomando como referencia a maior cifra demostrable entre o 31 de decembro de 2022 e a data da publicación desta convocatoria

Puntos

8

a) Entre 2 e 4 traballadores

2

b) Entre 5 e 9 traballadores

5

c) Máis de 10 traballadores

8

4. Nº de días con actividade cultural aberta ao público nos últimos 3 anos

Puntos

6

a) De 50 a 70 días

2

b) De 71 a 100 días

5

c) Máis de 101 días

6

5. Nº de habitantes do concello onde se sitúa o espazo

Puntos

6

a) Menos de 5.000 habitantes

6

b) Entre 5.001 e 20.000 habitantes

4

c) Entre 20.001 e 60.000 habitantes

2

d) Máis de 60.001 habitantes

1

6. Porcentaxe de axuda solicitada con respecto ao proxecto presentado

Puntos

5

a) Ata o 40 %

5

b) Entre o 41 % e o 55 %

3

c) Entre o 56 % e o 70 %

1

7. Participación do espazo na Rede galega de teatros e auditorios durante os últimos cinco anos

Puntos

3

a) Si

3

b) Non

0

Criterios técnicos

Puntos

20

a) Memoria técnica en que se describa a relevancia, grao de innovación e consistencia da proposta, para valorar o interese do proxecto, a súa calidade técnica, o seu carácter innovador e o valor engadido que poida achegar ás infraestruturas das artes escénicas e a música.

Ata 8

b) Viabilidade técnica e económica do proxecto que permita valorar a coherencia entre os medios e os obxectivos marcados, así como o peso no orzamentos doutras fontes de financiamento, sexan públicas ou privadas.

Ata 4

c) Impacto sobre a creación e/ou mantemento do emprego, en accións de transición ecolóxica e/ou cohesión territorial e no proceso de dixitalización.

Ata 8

2. Como puntuación adicional, en cumprimento do acordo do Consello da Xunta polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, outorgarase 20 puntos ás solicitudes que respondan ao nomeado criterio.

Artigo 17. Audiencia

1. Efectuada a valoración, a comisión realizará un informe en que se concretará o seu resultado, á vista do cal o órgano instrutor elaborará unha proposta de resolución provisional debidamente motivada e que lles deberá ser notificada ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez (10) días, poidan formular alegacións, de acordo co establecido no artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Non obstante, poderase prescindir do trámite a que se refire o parágrafo anterior cando non figure no procedemento ou non se vaian ter en conta na resolución outros feitos ou probas aducidas polas persoas interesadas. Neste caso, a proposta de resolución terá carácter definitivo.

Artigo 18. Resolución da convocatoria

1. Instruído o procedemento, o órgano instrutor, á vista do expediente, da documentación requirida e unha vez entregado o informe preceptivo por parte da Comisión de Valoración, ditará a proposta de resolución, indicando o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas, que elevará á Presidencia do Consello Reitor da Agadic.

2. A Presidencia do Consello Reitor da Agadic deberá ditar resolución expresa, no prazo de quince (15) días desde a data de elevación da proposta de resolución. A concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

A citada resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de cinco meses, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública no Diario Oficial de Galicia. A resolución será motivada e expresará, cando menos:

a) A relación de entidades beneficiarias da axuda.

b) O importe global da axuda para cada entidade.

c) A lista de solicitudes denegadas, xunto coa súa causa de denegación.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

e) O carácter de axuda co financiamento do Plan de recuperación e resiliencia con fondos da Unión Europea.

De non mediar resolución expresa no prazo máximo determinado para a resolución da convocatoria, as persoas solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

3. No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que as persoas beneficiarias cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

Artigo 19. Aceptación e renuncia da subvención

1. Unha vez notificada a resolución, as persoas beneficiarias comunicarán á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

2. As entidades beneficiarias deberán remitir á Agadic o plan económico-financeiro (anexo IV) adaptado á subvención concedida (só no suposto de que a subvención recibida sexa inferior á solicitada e, como máximo, pola diferenza entre ambas as cantidades). Esta documentación deberase remitir no prazo máximo de 10 días hábiles, contados desde a notificación da resolución de concesión.

3. A aceptación da axuda implica a aceptación de que o proxecto cumprirá co principio DNSH (principio de non causar prexuízo significativo ao ambiente) e as condicións de etiquetaxe climática e dixital polo que adoptarán as medidas adecuadas para poder avaliar o devandito principio de conformidade coa Guía técnica sobre a aplicación do principio DNSH (2021/C58/01).

4. A renuncia da subvención poderá facerse axustándose ao modelo que se publicará na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 de dita norma.

Artigo 20. Obrigas das persoas beneficiarias

1. Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, as persoas beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigadas a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e a acreditalo ante o órgano concedente, así como ao cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión, e no documento no cal se establecen as condicións da axuda.

b) Xustificar ante a Axencia Galega das Industrias Culturais, de acordo co previsto nestas bases e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e desfrute da subvención.

c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

d) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

e) Cumprir coa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento destas bases reguladoras.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, así como ás comprobacións da Comisión Europea, a Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), o Tribunal de Contas da Unión Europea, e aos controis derivados do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia, que se realicen a través de autoridades nacionais ou europeas, facilitando canta información e documentación lles sexa requirida.

g) Comunicar á Axencia Galega das Industrias Culturais a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

h) Desenvolver as actividades financiadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Solicitarlle á Axencia Galega das Industrias Culturais autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas que estean suxeitas a autorización previa. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento subvencionable suporá a non admisión das cantidades desviadas.

j) Dar publicidade ás axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipamentos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o financiamento con fondos NextGeneration da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na páxina web e mantela actualizada. Na páxina web deberán figurar, como mínimo, os obxectivos que se perseguen. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Xunta de Galicia, así como financiado con cargo aos fondos da (UE) e o Plan de recuperación e resiliencia. Así mesmo, deberá informarse que foi apoiado pola Xunta de Galicia.

k) De ser o caso, os tres orzamentos que se requiren en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

l) Manter durante un mínimo de tres anos o material comprado ao abeiro desta convocatoria. Este cómputo iniciarase a partir da data da xustificación da subvención.

2. Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos europeos do Mecanismo de recuperación e resiliencia, as persoas beneficiarias adquiren igualmente as obrigacións que se relacionan a continuación, de conformidade co establecido na normativa comunitaria e nacional aplicable como consecuencia deste financiamento:

a) As persoas beneficiarias terán a obrigación de achegar a información que permita ao órgano concedente medir a contribución da actividade subvencionada ao correspondente indicador.

b) As persoas beneficiarias deberán establecer mecanismos que aseguren que as actuacións que desenvolvan terceiros (subcontratacións) contribúen ao logro das actuacións previstas e que devanditos terceiros acheguen a información que, se é o caso, sexa necesaria para determinar o valor dos indicadores de seguimento do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

c) As persoas beneficiarias solicitarán, para os efectos de auditoría e control do uso dos fondos e en formato electrónico, as categorías harmonizadas de datos recollidos no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro.

d) As persoas beneficiarias deben cumprir coas obrigacións en materia de información, comunicación e publicidade recollidas no artigo 34 do Regulamento (UE) 2021/241, relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia, sobre o financiamento da Unión Europea das medidas incluídas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia. En particular, nas medidas de información e comunicación das actuacións (carteis informativos, placas, publicacións impresas e electrónicas, material audiovisual, páxinas web, anuncios e insercións en prensa, certificados, etc.), deberanse incluír os seguintes logos:

O emblema da Unión Europea.

– Xunto co emblema da Unión, incluirase o texto «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU».

– Usaranse tamén os seguintes logos: teranse en conta as normas gráficas do emblema da Unión e as cores normalizadas establecidas no anexo II do Regulamento de execución 821/2014. Tamén se pode consultar a seguinte páxina web: http://publications.europa.eu/code/es/es-5000100.htm e descargar distintos exemplos do emblema en:
https://europa.eu/european-union/about-eu/symbols/flag_é#download. Todos os carteis informativos e placas deberán colocarse nun lugar ben visible e de acceso ao público.

e) As persoas beneficiarias deberán gardar a rastrexabilidade de cada un dos investimentos e actuacións realizadas, así como a correspondente documentación acreditativa destes. Someteranse ás medidas de control e auditoría recollidas no Regulamento (UE) 021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e no Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión. En particular, deberán autorizar a Comisión, a OLAF, o Tribunal de Contas Europeo e, cando cumpra, a Fiscalía Europea para exerceren os dereitos que lles recoñece o artigo 129, número 1, do referido Regulamento financeiro.

f) As medidas cofinanciadas mediante os fondos europeos do Mecanismo de recuperación e resiliencia deberán respectar o principio de «non causar un prexuízo significativo» no sentido do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852.

g) As persoas beneficiarias deberán asegurar a regularidade do gasto subxacente e a adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude e a corrupción, previr o conflito de interese e o dobre financiamento.

h) As persoas beneficiarias serán responsables da fiabilidade e o seguimento da execución das actuacións subvencionadas, de maneira que poida coñecerse en todo momento o nivel de consecución de cada actuación e dos fitos e obxectivos que se estableceron respecto diso.

i) As persoas beneficiarias deberán asumir calquera outra obrigación comunitaria e nacional que resulte de aplicación por razón do financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia.

Artigo 21. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e forma que se determinen nas resolucións de concesión, e deben obter a autorización previa da Axencia Galega das Industrias Culturais para realizar cambios no proxecto.

2. Cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión por parte do órgano concedente.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia da persoa beneficiaria se se cumpren os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que fosen determinantes para a concesión da axuda, a determinación da persoa beneficiaria, nin dane dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non puideron preverse no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supor a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

Permitiranse, sen necesidade de autorización previa por parte do órgano concedente, incrementos que non superen o 20 % dos conceptos subvencionables de axuda que figuren na resolución de concesión, sempre que se compensen con diminucións doutros, que non afecten custos de persoal, que non se supere o límite do 7 % para os gastos xerais e que non se altere o importe total da anualidade e da axuda no seu conxunto. A persoa beneficiaria deberá acreditar debidamente o cambio na documentación de xustificación presentada.

4. A solicitude de modificación debe ser formulada polo representante legal da entidade beneficiaria, expresando os motivos dos cambios que se propoñen e xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

Salvo naqueles supostos en que proceda a aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non se admitirán cambios con data anterior á entrada en rexistro da solicitude de modificación.

5. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ao interesado. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa e notificaráselle ao interesado.

Artigo 22. Xustificación da subvención

1. Os gastos xustificados deberán responder, de maneira indubidable, á natureza da actividade subvencionada e ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais na resolución de concesión da subvención ou coas modificacións ou reasignacións, de ser o caso, autorizadas.

2. Só serán computados para os efectos de xustificación os gastos que fosen efectivamente realizados e pagados no período subvencionable determinado nestas bases e así se acredite documentalmente, mediante facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente no tráfico mercantil, que teñan como destinatario a entidade beneficiaria e cuxo expedidor quede identificado nelas. As facturas e documentos xustificativos similares serán expedidos conforme o disposto na normativa reguladora das obrigas de facturación que resulte aplicable. En todos os supostos deberán presentarse facturas ou documentos xustificativos orixinais, acompañados da documentación acreditativa do pagamento, en concreto os extractos e certificacións bancarias que deixen constancia do pagamento dos gastos por parte da persoa beneficiaria.

3. Os prazos para a xustificación desta subvención son os seguintes:

a) Anualidade 2024: 1 de decembro. O período subvencionable será o comprendido entre o día seguinte ao da presentación da solicitude e o 1 de decembro de 2024.

b) Anualidade 2025: 1 de xullo. O período subvencionable será o comprendido entre o 2 de decembro de 2024 e o 1 de xullo de 2025.

4. A documentación correspondente á xustificación do investimento realizado presentarse de forma electrónica accedendo á Carpeta cidadá dispoñible a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal).

5. Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, cando o órgano administrativo competente para a comprobación das subvencións aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas persoas beneficiarias, porá no seu coñecemento esta circunstancia e concederalle un prazo de dez (10) días para a súa corrección. Igualmente, se efectuará un requirimento por parte da Agadic no suposto de resultado negativo da consulta cos seguintes organismos: Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social e comunidades autónomas.

6. No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado documentación ningunha, requirirase igualmente a persoa beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez (10) días hábiles a presente. A presentación da xustificación no prazo adicional de dez (10) días non eximirá das sancións que, conforme a lei, correspondan.

7. O investimento xustificado ten que coincidir coa resolución de concesión da subvención, ou as modificacións autorizadas. Se a xustificación fose inferior ao investimento previsto, sempre que se manteña o cumprimento da finalidade da subvención, minorarase a concesión proporcionalmente ao investimento non xustificado. No caso de que non se xustifique a subvención en prazo, ou de que o executado non cumprise o fin para o que se concedeu a subvención, quedaría anulada na súa totalidade.

8. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas, caso de habelas, e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso, a persoa titular da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a oportuna resolución, nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 23. Documentación xustificativa da subvención

1. Os documentos de xustificación deberán presentarse dentro do prazo establecido nestas bases reguladoras, e nese momento, os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables.

2. A documentación xustificativa que ten que presentar a entidade beneficiaria é a seguinte:

Categoría 1. Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas:

a) Conta xustificativa composta de facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil ou con eficacia administrativa pagados, en orixinal ou copias. Os gastos aparecerán desagregados por conceptos ou unidades de obra.

b) No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pagamento, cada un destes deberá facer referencia á factura á cal se imputa o pagamento.

c) A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

d) No caso de que o proxecto sexa financiado, ademais da subvención, con fondos propios ou outras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, procedencia e aplicación de tales fondos, de conformidade co disposto no artigo 28.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o modelo de declaración de axudas do anexo V.

e) De ser o caso, os tres orzamentos que se requiren en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Certificados expedidos polos organismo competentes acreditados de estar ao día nas súas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria Estatal e a Axencia Tributaria da Comunidade Autónoma, así como nas súas obrigas coa Seguridade Social e non ter débedas pendentes por ningún concepto con ningunha Administración pública, só no caso de que se denegue expresamente ao órgano xestor para solicitalos.

g) Documentación de ter realizado a publicidade axeitada (fotografías, carteis informativos, publicidade a través de páxina web, etc.) que xustifique o cumprimento coas obrigas establecidas no artigo 23.2.d) das presentes bases.

h) Expediente fotográfico que reflicta o proxecto obxecto de subvención, co estado anterior ao investimento e o resultado final.

i) Orzamento final do investimento realizado (anexo IV).

j) Declaración do cumprimento do principio de non prexuízo significativo aos obxectivos ambientais (DNSH) (anexo VI).

Non se admitirán supostos de autofacturación (facturas emitidas pola propia persoa beneficiaria da subvención).

As persoas provedoras non poderán estar vinculados co organismo solicitante ou coa empresa beneficiaria final, ou cos seus órganos directivos ou xestores.

3. Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os seguintes:

1º. Xustificante bancario (transferencia bancaria, certificación bancaria, xustificante bancario do ingreso efectivo polo portelo), en que conste: o titular da conta desde a que se realiza a operación ou a persoa que realiza o ingreso efectivo, que debe coincidir en todo caso coa persoa beneficiaria da subvención, receptor do pagamento (empresa ou autónomo) e número de factura obxecto do pagamento.

2º. Efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria, letra de cambio): achegarase copia do efecto mercantil acompañada da documentación bancaria (extracto da conta da persoa beneficiaria, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o efecto foi efectivamente cargado na conta da persoa beneficiaria dentro do prazo de xustificación.

No caso de que non quede acreditado o concepto do gasto, deberá achegar, ademais, xustificante de recepción asinado e selado pola persoa provedora en que se especifiquen o número de factura pagada, número e data do cheque e NIF e nome da persoa receptora do cobramento.

Tanto no caso do cheque nominativo como a nota promisoria, para os efectos de data de pagamento, considerarase a data de cargo na conta do extracto bancario. En ningún caso se considerará como data de pagamento efectivo a entrega do cheque ao provedor.

3º. Non se admitirán en ningún caso como xustificante os documentos acreditativos de pagamentos en metálico, nin os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou se non dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.

A data dos xustificantes de gasto e de pagamento debe ser posterior á data de solicitude de axuda e terá como límite para a súa validez e admisión o último día do prazo de xustificación previsto as bases reguladoras.

En ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución total ou parcial das actividades subvencionadas nos supostos previstos nas letras a), b) e c) do artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Categoría 2. Entidades públicas que integran a Administración local e organismos delas dependentes:

a) Certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a que foi concedida. Con todo, de conformidade co disposto no artigo 28.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, a xustificación dos gastos efectuarase con facturas ou documentos contables de valor probatorio equivalente, e a do pagamento, cos xustificantes das transferencias bancarias ou documentos acreditativos dos pagamentos realizados, de acordo coa normativa aplicable aos fondos europeos. Todo isto sen prexuízo da admisibilidade da xustificación mediante fórmulas de custos simplificados nos supostos admitidos pola dita normativa.

b) Certificación expedida por la secretaría ou persoa responsable do control de legalidade da entidade en que se acredite que se respectaron os procedementos de contratación pública e se faga referencia á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención.

c) O acordo do órgano de goberno de aprobación do proxecto obxecto de subvención.

d) No caso de que o proxecto sexa financiado, ademais da subvención, con fondos propios ou outras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, procedencia e aplicación de tales fondos, de conformidade co disposto no artigo 28.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o modelo de declaración de axudas do anexo V.

e) Expediente fotográfico que reflicta o proxecto obxecto de subvención, co estado anterior ao investimento e o resultado final.

f) Documentación de ter realizado a publicidade axeitada (fotografías, carteis informativos, publicidade a través de páxina web, etc.) que xustifique o cumprimento coas obrigas establecidas no artigo 23.2.d) das presentes bases.

g) Orzamento final do investimento realizado segundo modelo do anexo IV.

h) Declaración do cumprimento do principio de non prexuízo significativo aos obxectivos ambientais (DNSH) (anexo VI).

Artigo 24. Pagamento da subvención

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda deberá presentarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención, ademais dos formularios establecidos para o efecto nos prazos establecidos.

2. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acreditase que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego e o cumprimento das obrigas establecidas na presente resolución, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos anticipados ou pagamentos á conta, para o que se estará ao establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. Pagamentos anticipados.

As persoas beneficiarias, unha vez ditada a resolución de concesión da subvención, poderán solicitar un anticipo de ata o 80 % da subvención concedida, en virtude do disposto no artigo 63.3 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobada polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que establece que o Consello da Xunta de Galicia poderá autorizar unha porcentaxe maior á determinada no decreto. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada.

4. Pagamentos á conta.

Poderanse realizar pagamentos á conta respondendo ao ritmo de execución do proxecto obxecto da subvención e logo de xustificación dos gastos, conforme o establecido nestas bases para a xustificación, tal e como se establece no artigo 62.2 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobada polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

O importe conxunto dos pagamentos á conta e pagamentos anticipados que, de ser o caso, se concederon non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

5. Constitución de garantías.

As entidades beneficiarias da categoría 1 quedarán exoneradas de constituír as garantías previstas no Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, Decreto 11/2009, logo de aprobación do Consello da Xunta de Galicia, de conformidade co seu artigo 67.4.

As entidades beneficiarias da categoría 2 están exoneradas de constituír as garantías previstas no Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, Decreto 11/2009, segundo o seu artigo 65.4.c).

Artigo 25. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento da persoa beneficiaria da súa obriga de estar ao día das súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica, e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro se non se aboase a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 26. Causas de reintegro

1. A persoa beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da axuda. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

2. Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de demora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

3. Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos pola persoa beneficiaria que servisen de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a que a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 30 desta resolución.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso se derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

g) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 27. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do proxecto ou da obriga de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro total da subvención.

En particular, consideraranse incumpridos os obxectivos da axuda cando non se xustifique polo menos o 60 % dos custos previstos no proxecto con respecto ao gasto que se vai realizar en Galicia.

2. O incumprimento parcial dos obxectivos ou a non execución de actividades concretas do proxecto dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes ou, de ser o caso, ao reintegro parcial da subvención.

O alcance do incumprimento determinarase en proporción ao investimento deixado de practicar ou practicado indebidamente, e minorarase a subvención proporcionalmente.

3. Nos seguintes casos de incumprimento reducirase a intensidade da axuda do seguinte xeito:

a) Se se incumpre a obriga de dar publicidade do financiamento do proxecto, consonte o establecido nesta resolución, ou a obriga de comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo proxecto, aplicarase un factor de corrección do 0,95.

b) Se se incumpren as tarefas, compromisos, obxectivos ou condicións do proxecto, dando lugar a un informe final negativo, o incumprimento valorarase en función deste e suporá a aplicación dun factor de corrección igual á porcentaxe de incumprimento sinalada no informe técnico.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte do produto de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación da última anualidade e, de ser o caso, requirirase a entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación do expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

No caso das condicións que constitúan obrigas que a persoa beneficiaria debe acreditar na fase de xustificación (deberes de publicidade, comunicación doutras axudas, etc.), estas deberán xustificarse en todo caso para proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto soamente resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecten en controis posteriores ao pagamento por algún incumprimento relativo a estas obrigas.

Artigo 28. Procedemento de reintegro

1. Se, aboada parte ou a totalidade da axuda, acaecesen os motivos que se indican no artigo 25 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente destas, e comunicarase á persoa beneficiaria a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro, e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007, e artigo 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa. Contra esta resolución de reintegro, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non for expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor o recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo. Todo isto segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

5. Sen prexuízo do anterior, ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 29. Control

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega das Industrias Culturais, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento ás persoas beneficiarias as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actuacións financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos, propoñerase o reintegro da subvención concedida.

3. Así mesmo, no caso de axudas plurianuais, a Axencia Galega das Industrias Culturais poderá convocar anualmente as persoas beneficiarias a unha entrevista para coñecer a planificación das actividades en curso e valorar a consecución dos obxectivos e resultados do ano anterior.

4. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión dos fondos de recuperación y resiliencia, e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

5. A Axencia Galega das Industrias Culturais poderá acceder á información contida no Rexistro de Titularidades Reais (Orde JUS/219/2018, do 21 de marzo) ou o acceso a outras bases de datos da Administración que poidan fornecer os datos sobre os titulares reais.

6. A Axencia Galega das Industrias Culturais intercambiará a información deste procedemento, da obtida no Rexistro de Titularidades Reais e outras bases de datos das administracións, así como a subministrada á Base nacional de subvencións e ao Sistema de fondos europeos, en cumprimento das previsións contidas na normativa europea, en particular no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento e do Consello, do 12 de febreiro, e da normativa nacional aplicable.

Artigo 30. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do sistema interno de información da Agadic ou do Servicio Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través das canles habilitadas para o efecto: https://industriasculturais.xunta.gal/es/transparencia (no formulario que se desexe utilizar, anónimo ou con identificación, seleccionarase a epígrafe «Canles específicas» e, dentro dela, elixirase a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) ou
http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf).

A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente.

Artigo 31. Normativa aplicable

1. Será de aplicación, entre outra, a seguinte normativa:

1.1. Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Subvencións, e supletoriamente a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como os preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións.

1.2. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

1.3. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

1.4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

1.5. Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e apoio económico de Galicia.

1.6. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas.

2. As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables por razón do financiamento pola Unión Europea e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

2.1. Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

2.2. Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

2.3. O Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Artigo 32. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 33. Recursos administrativos

As resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais. O prazo para interpor o recurso de reposición será dun mes, se o acto for expreso, ou desde o día seguinte a aquel en que se producise o acto presunto. Transcorrido o dito prazo, unicamente se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non for expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses, contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase o director da Axencia Galega das Industrias Culturais para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file