DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 21 de marzo de 2024 Páx. 20087

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 13 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción (EI) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (códigos de procedemento TR356A e TR356C).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 33, do 15 de febreiro de 2024, cómpre realizar a seguinte corrección:

No artigo 39.2, na páxina 13543, onde di: «Computaranse como novos postos aqueles cuxa contratación se inicie no período subvencionable sinalado na convocatoria e que supoñan un incremento neto no cadro de persoal de persoas en inserción respecto da última solicitude presentada establecido no artigo 10.1.c) desta orde.» debe dicir: «Computaranse como novos postos aqueles cuxa contratación se inicie no período subvencionable sinalado na convocatoria e que supoñan un incremento neto no cadro de persoal de persoas en inserción respecto ao período de xustificación do último expediente de axudas subvencionado dentro do programa de axudas á creación de emprego».