DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 2024 Páx. 20775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 8 de marzo de 2024, da Xerencia de Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro en caso de non achegar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 10 do texto refundido da Lei xeral de Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, de non achegar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril de 2014 (DOG núm. 96, do 21 de maio) polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que hai que achegar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario teléfonos 988 38 58 48, 988 36 91 11.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula, quedando supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 8 de marzo de 2024

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Área Sanitaria de Ourense, Verín
e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

202006524

34983834Y

202102356

34728690R

202201498

Y0987488C

202201558

49711246N

202203012

71634791A

202204216

44494765T

202205664

Y6762521Y

202300346

73578434P

202300668

55477170C

202305748

45141531Y

202306395

71508998C

202306445

76695595W

202307432

34717073E

202400141

Y1265058A