DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 2024 Páx. 20777

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Alfoz

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto/a técnico/a.

Na Resolución da Alcaldía 2024-86, do 21 de febreiro de 2024, aprobáronse as bases e a convocatoria para a selección dunha praza de arquitecto/a técnico/a.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 48, do 27 de febreiro de 2024, publicáronse integramente as bases reguladoras da convocatoria e selección, en réxime de funcionario de carreira, dunha praza vacante de arquitecto/a técnico/a do Concello de Alfoz (OEP excepcional 2023), polo procedemento de concurso-oposición, quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan conforme as bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Alfoz, 4 de marzo de 2024

Efigenia Maseda Paz
Alcaldesa