DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 2024 Páx. 20778

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provision dunha praza de administrativo, subgrupo C1.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 50, do 29 de febreiro de 2024, publícanse as bases que rexerán a convocatoria pública para prover unha praza de administrativo, escala da Administración xeral, subescala administrativa, do Concello de Chantada, subgrupo C1, mediante o sistema de concurso-oposición, por promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Chantada, 4 de marzo de 2024

Manuel L. Varela Rodríguez
Alcalde