DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 2024 Páx. 20717

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2024 pola que se nomea a Comisión de Selección que deberá calificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de enxeñeiro/a técnico/a forestal, grupo II, categoría 7.

Unha vez publicado o proceso selectivo mediante a Resolución da Dirección da Axencia Galega de Innovación, do 27 de decembro de 2022, anunciada no Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta axencia

DISPÓN:

Nomear a Comisión de Selección que deberá cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo II, categoría 7, de persoal laboral fixo da Axencia Galega da Industria Forestal, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2024

Jacobo José Aboal Viñas
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO

Presidencia:

Titular: Sabela Pardo Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Suplente: José María Pita Ponte, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

Titular: Ángel Bernardo Tahoces, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Suplente: José Higinio Antuña Álvarez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

Titular: Ángel Romero Baleirón, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Suplente: Lourdes Ledo Moure, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Titular: Odón López López, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio, escala enxeñaría técnica, especialidade enxeñaría técnica forestal da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Suplente: Enriqueta Vía Leira, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Titular: Alfredo Fernández Ríos, persoal funcionario do corpo facultativo superior, escala enxeñería, especialidade enxeñería de montes da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Suplente: Laura Suárez Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.