DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 2024 Páx. 20700

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021, pola que se modifican as puntuacións do primeiro exercicio na quenda de promoción interna.

O tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar este proceso selectivo, na sesión que tivo lugar o 15 de marzo de 2024,

ACORDOU:

Primeiro. Vistos os recursos de alzada presentados por Roberto Díaz Caamaño e Alfonso Diz Diéguez contra a Resolución deste tribunal do 5 de outubro de 2023, pola que se publicaron as puntuacións do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo (DOG núm. 202, do 24 de outubro), en que se recorreu, entre outras cuestións, contra a aplicación dos criterios de corrección acordados por este tribunal o 3.7.2023 que afecta a quenda de promoción interna do proceso selectivo, a Dirección Xeral da Función Pública ditou a Resolución do 28.12.2023 pola que se estiman as pretensións dos aspirantes citados, e deuse traslado dela á unidade competente para a súa execución.

Segundo. Á vista do anterior, este tribunal realizou unha nova corrección das persoas aspirantes da quenda de promoción interna, axustándose á Resolución ditada pola Dirección Xeral da Función Publica do 28.12.2023, do que resultou que superaron o primeiro exercicio 2 persoas, e fixáronse en corenta e dúas con cincuenta (42,50) as preguntas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Terceiro. Como consecuencia, este tribunal acorda publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal a modificación das puntuacións acadadas no primeiro exercicio polas persoas aspirantes da quenda de promoción interna.

Cuarto. Estas 2 persoas aspirantes non terán que presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente por estar debidamente acreditada na Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2024

Alfonso Pereira Martínez
Presidente do tribunal