DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 2024 Páx. 20702

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar de Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2).

En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 168, do 5 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

En vista das alegacións e dos recursos presentados contra a publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas,

DISPOÑO:

Incluír a seguinte persoa na relación definitiva de aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento/a de galego

***6918**

Martínez García, María

Libre

Si

Modificar a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar, escala de persoal de servizos xerais (PSX), en relación coas seguintes persoas:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento/a de galego

***4995**

Domínguez Lema, María Manuela

Libre

Si

***4649**

González Filgueira, Rosario

Libre

Si

Incluír a seguinte persoa na relación definitiva de aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de clínica:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento/a de galego

***6632**

Pérez Vázquez, Victoria

Libre

Si

Incluír a seguinte persoa na relación definitiva de aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de cociña:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento/a de galego

***4541**

González Iglesias, María Jesusa

Libre

Si

Excluír a seguinte persoa da relación definitiva de aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***6632**

Pérez Vázquez, Victoria

Libre

Desistencia da solicitude

Excluír as seguintes persoas da relación definitiva de aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***0522**

Aldavez Benítez, Mónica Marcela

Libre

Desistencia da solicitude

***1629**

Castro Tajes, María Sandra

Libre

Desistencia da solicitude

***0463**

Fernández Fontao, Mª del Carmen

Libre

Desistencia da solicitude

15491925E

González Sanjuan, Beatriz

Libre

Desistencia da solicitude

78780119J

Muñiz González, Manuel Francisco

Libre

Desistencia da solicitude

32825773N

Pérez Bra, María Divina

Libre

Desistencia da solicitude

Excluír a seguinte persoa da relación definitiva de aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade bombeiro/a forestal:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***4822**

Arcos Lamelas, Juan

Libre

Desistencia da solicitude

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo, así como a posesión do Celga requirido. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2024

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública