DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 25 de marzo de 2024 Páx. 20709

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia (subgrupo AP).

En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 168, do 5 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Xunta de Galicia (subgrupo AP), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

En vista das alegacións e dos recursos presentados contra a publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas, esta dirección xeral

DISPÓN:

Modificar a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, en relación coa seguinte persoa:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento galego

***5718**

García Méndez, María Josefa

Base I.1.1

Si

Excluír a seguinte persoa da relación definitiva de aspirantes admitidos no proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario, escala de persoal subalterno:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***4446**

Rodríguez Soengas, Olga

Libre

Desistencia da solicitude

Excluír as seguintes persoas da relación definitiva de aspirantes admitidos no proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***4649**

Comesaña Seijo, Montserrat

Libre

Desistencia da solicitude

***4541**

González Iglesias, María Jesusa

Libre

Desistencia da solicitude

***6930**

Saavedra Seco, Mª Divina

Libre

Desistencia da solicitude

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo, así como a posesión do Celga requirido. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2024

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública