DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 27 de marzo de 2024 Páx. 20999

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 18 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2024 e 2025 das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos ambientais nos parques naturais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento MT819A).

Exposición de motivos

Os parques naturais son áreas naturais pouco transformadas polas actividades humanas que, en razón da beleza dos seus sitios, da representatividade dos seus ecosistemas ou das singularidades da súa flora, fauna ou formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos ou científicos cuxa conservación merece unha atención preferente. A Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, establece que os poderes públicos deberán impulsar as actividades que contribúan a conseguir os obxectivos de conservación da natureza, impulsar medidas fiscais incentivadoras da iniciativa privada e desincentivar aquelas con incidencia negativa sobre a conservación da biodiversidade e uso sustentable (artigo 5) do patrimonio natural. A Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, prevé a posibilidade de outorgar axudas que contribúan á conservación e ao aproveitamento sustentable dos espazos naturais protexidos e da biodiversidade (artigo 11).

Na actualidade, Galicia conta con seis parques naturais declarados: Baixa Limia-Serra do Xurés, Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, Fragas do Eume, Monte Aloia, O Invernadeiro e Serra da Enciña da Lastra. A superficie total dos parques naturais declarados presenta unha extensión de 49.086,76 ha. Todos os parques naturais contan con plans de ordenación dos recursos naturais (PORN), e estes instrumentos constitúen un límite para calquera outro instrumento de ordenación territorial ou física. Tanto nos decretos de declaración dos parques naturais como nos decretos de aprobación dos instrumentos de ordenación establécese a necesidade e o deber de conservación dos valores naturais das zonas declaradas, e está prevista a creación de diferentes liñas de incentivación que permitan compatibilizar a preservación da biodiversidade co necesario desenvolvemento das zonas declaradas.

Así mesmo, o artigo 55 da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, enumera os distintos instrumentos de planificación dos espazos naturais protexidos e establece que nos parques a xestión levarase a cabo mediante plans reitores de uso e xestión que desenvolven as directrices e os criterios previstos no correspondente plan de ordenación dos recursos naturais, establecendo as directrices de actuación tanto da Administración como dos particulares no seu ámbito de aplicación para garantir a conservación, a protección e a mellora dos valores ambientais presentes neles e para fomentar a investigación e un uso público sustentable.

Nese senso, o Decreto 102/2019, do 11 de xullo, polo que se modifica o Decreto 166/1999, do 27 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Invernadeiro, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Invernadeiro, así como o Decreto 101/2019, do 11 de xullo, polo que se modifica o Decreto 77/2002, do 28 de febreiro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais da Serra da Enciña da Lastra e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, foron aprobados como instrumentos específicos de xestión dos parques naturais do Invernadeiro e da Serra da Enciña da Lastra.

Así mesmo, o Decreto 24/2020, do 9 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia e polo que se aproba o II Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Monte Aloia, así como o Decreto 90/2021, do 26 de maio, polo que se modifica o Decreto 148/1992, do 5 de xuño, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, o Decreto 24/2022, do 3 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 64/2009, do 19 de febreiro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés e o Decreto 21/2023, do 2 de marzo, polo que se modifica o Decreto 211/1996, do 2 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do espazo natural das Fragas do Eume, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural das Fragas do Eume, tamén foron aprobados como instrumentos específicos de xestión dos parques naturais do Monte Aloia, do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, da Baixa Limia-Serra do Xurés e das Fragas do Eume.

Por outra banda, o Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sinala no seu artigo 11 que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural exercerá as competencias e funcións atribuídas á consellería en materia de conservación, protección, uso sustentable, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia e dos seus elementos etnográficos e a súa preservación para as xeracións futuras e, en particular, atribúelle no parágrafo 1, letra f) a conservación específica dos espazos que compoñen a Rede galega de espazos protexidos e da Rede Natura 2000 de Galicia ou doutras zonas de alto valor ambiental, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.

O Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013, establece as normas que regulan os obxectivos xerais e específicos que deben perseguirse coa axuda da Unión financiada no marco da política agrícola común, os tipos de intervencións e requisitos comúns para que os Estados membros persigan os ditos obxectivos, así como os plans estratéxicos da PAC que deben elaborar os Estados membros, e que establecen as metas, as condicións das intervencións e a asignación dos recursos financeiros, de conformidade cos obxectivos específicos e as necesidades recoñecidas.

Neste contexto, e mediante a Decisión de execución da Comisión, do 31 de agosto de 2022, aprobouse o Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (CCI: 2023ES06AFSP001), modificada posteriormente mediante a Decisón de Execución da Comisión C (2023) 5746 final, do 30 de agosto de 2023.

No marco da Intervención 6871. Investimentos non produtivos en servizos básicos no medio natural, prevese que as comunidades autónomas poidan levar a cabo investimentos e actuacións non produtivas que contribúan a mellorar os servizos públicos con repercusións favorables no ambiente. Todo isto co obxectivo de contribuír a deter e reverter a perda de biodiversidade, potenciar os servizos ecosistémicos e conservar os hábitats e as paisaxes. No caso concreto da Comunidade Autónoma de Galicia, recóllese o posible financiamento de investimentos en áreas incluídas en espazos protexidos.

O réxime xeral das axudas e subvencións na nosa comunidade autónoma establécese nas disposicións básicas da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, modificada en última instancia pola Lei 13/2015, do 24 de decembro. A nivel regulamentario, a normativa principal está representada polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007. Esta orde cumpre coas exixencias da citada normativa.

De acordo co anteriormente exposto, respectando os contidos da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia; da Lei 42/2007, do 13 de decembro, en concordancia co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Finalidade e obxecto

1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras do réxime de axudas dirixidas a promover a conservación e valorización do patrimonio natural e cultural dos parques naturais de Galicia ou nas súas áreas de influencia socioeconómica (código do procedemento administrativo MT819A).

Estas axudas convócanse en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva para os anos 2024 e 2025 e serán cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), contribuíndo á consecución dos obxectivos recollidos na Intervención 6871. Investimentos non produtivos en servizos básicos no medio natural – subintervención 68710_01 RN 2000, incluída no PEPAC 2023-2027.

2. A finalidade desta orde é a de contribuír a deter e reverter a perda de biodiversidade, potenciar os servizos ecosistémicos e conservar os hábitats e as paisaxes das terras agrícolas galegas dentro dos parques naturais de Galicia ou nas súas áreas de influencia socioeconómica. Este fin levarase a cabo por medio de proxectos que contribúan a manter e recuperar a biodiversidade natural, con particular atención ás especies protexidas e aos hábitats naturais ou seminaturais, terrestres ou acuáticos afectados por explotacións agrarias, gandeiras ou forestais.

3. Para os efectos desta orde, entenderase por área de influencia socioeconómica do parque natural todo aquel municipio que teña toda ou parte da súa superficie dentro dun parque natural.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

a) As persoas físicas e xurídicas, ben sexan propietarias ou arrendatarias, titulares de terreos agrícolas, gandeiros e forestais privados e agrupacións destas (sociedades civís ou explotacións de titularidade compartida) incluídos nos parques naturais de Galicia.

b) Os concellos incluídos total ou parcialmente nun parque natural.

c) As asociacións ambientais, as comunidades de montes veciñais en man común e de custodia do territorio que sexan propietarias ou arrendatarias de terras agrícolas incluídas nun parque natural e debidamente inscritas no rexistro de asociacións.

d) As empresas que teñan o seu domicilio fiscal nalgún dos municipios en que se sitúe o parque natural, constituídas con anterioridade á publicación desta orde. Priorizaranse aquelas con domicilio fiscal dentro do parque natural e que sexan propietarias ou arrendatarias das terras para as cales se solicita a axuda.

Artigo 3. Requisitos das persoas beneficiarias

1. As persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

b) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitadas para a obtención de subvención ou axuda pública ou para contratar co Estado, coas comunidades autónomas ou outros entes públicos.

c) Non incorrer nalgunha das circunstancias relacionadas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Non ter a consideración de empresas en crise, segundo a definición establecida nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise, atoparse en proceso de solicitar a declaración de concurso voluntario, ser declarada insolvente en calquera procedemento ou acharse declarada en concurso.

Artigo 4. Actuacións subvencionables

1. Poderán ser obxecto das axudas previstas nesta orde as seguintes actuacións realizadas dentro do perímetro do parque natural ou da súa área de influencia socioeconómica:

a) Liña 1. Actuacións dirixidas á conservación, restauración e mellora da biodiversidade, especialmente dos hábitats, especies ou ecosistemas naturais, así como aquelas actuacións que teñan un impacto favorable na mitigación e/ou adaptación ao cambio climático.

1º. Actuacións para a restauración de ecosistemas naturais e conservación do patrimonio natural:

i. Creación de cercados naqueles casos en que sexa recomendable a limitación de acceso a persoas ou gando a unha determinada superficie para a protección das augas ou do solo, así como outras obras necesarias para facilitar a preservación dos hábitats ou das especies;

ii. Restauración de zonas húmidas, corrección de drenaxes e restauración de queirogais;

iii. Investimentos destinados á preservación da vexetación de ribeira e filtros verdes;

vi. Eliminación de especies exóticas invasoras e/ou restauración da vexetación característica do espazo;

v. Actuacións de preservación de ecosistemas naturais ou seminaturais (prados de sega, soutos…).

vi. Iniciativas de conservación de polinizadores;

vii. Outras actuacións de diverso tipo que contribúan á preservación dos hábitats ou das especies.

2º. Actuacións destinadas a reverter a tendencia demográfica de declive das poboacións de aves ligadas a medios agrarios:

i. Accións de xestión integral das zonas húmidas utilizadas por estas aves;

ii. Mantemento e mellora do estado de conservación dos hábitats utilizados durante o período reprodutivo;

iii. Recuperación da área de nidificación, mantemento da superficie de landa e matogueira na área de nidificación, optimización da cobertura arbustiva na área de nidificación;

iv. Incremento da superficie e da calidade de hábitats en aves de cultivos extensivo;

v. Outras actuacións que contribúan á mellora das poboacións de aves ligadas a medios agrarios.

3º. Realización de inventarios/estudos sobre o seguimento e estado de conservación das especies de flora e fauna e os seus hábitats.

4º. Campañas de concienciación ambiental e actividades de información/sensibilización relacionadas coa conservación da rede Natura 2000 e a biodiversidade (charlas, xornadas informativas, exposicións, actividades interactivas, etc).

5º. Accións que teñan un impacto favorable sobre a mitigación e/ou adaptación ao cambio climático como a elaboración e actualización de plans en relación coa mitigación do cambio climático e adaptación dos ecosistemas naturais e a biodiversidade aos seus posibles efectos.

b) Liña 2. Actuacións dirixidas á mellora da conectividade ecolóxica de especies de flora e fauna.

1º. Proxectos de restauración da vexetación natural dos sistemas riparios.

2º. Plantación de sebes arbustivas e arbóreas, liñas de arboredo e cantos elementos naturais poidan ser significativos para a conservación da biodiversidade nos lindeiros de terreos agrícolas e prados, así como nas marxes da infraestrutura viaria.

3º. Eliminación ou permeabilización de barreiras que permitan a conexión entre zonas que alberguen hábitats ou poboacións afectadas pola fragmentación.

4º. Modificación de estruturas existentes para permitir o desprazamento de fauna salvaxe, así como outras melloras da conectividade.

5º. Creación e restauración de vías de conectividade no medio natural como poden ser as vías pecuarias, así como outro tipo de infraestrutura verde que mellore a conectividade.

Enténdese a infraestrutura verde como unha rede ecoloxicamente coherente e estratexicamente planificada de zonas naturais e seminaturais e doutros elementos ambientais, deseñada e xestionada para a conservación dos ecosistemas e o mantemento dos servizos que nos provén.

c) Liña 3. Actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos, patrimoniais ou culturais representativos ou necesarios para o mantemento da paisaxe agraria, cultural ou etnolóxico-tradicional.

1º. Investimentos para a conservación de elementos da paisaxe que xeren un impacto positivo na biodiversidade ou na conservación de elementos construtivos tradicionais (hórreos, muros de pedra, colmeas, fontes, pallozas, muíños, alvarizas...).

2º. Restauración e mantemento de terrazas de pedra, bancais, e outros elementos de sistemas agrarios tradicionais que contribúan á conservación da biodiversidade en áreas cultivadas de elevada pendente.

d) Liña 4. Actuacións de creación e mellora de infraestruturas de xestión e ordenación de usos recreativos.

1º. Proxectos de restauración ou adecuación de sendas e camiños rurais relacionadas con melloras de utilidade pública da Rede Natura 2000, en que poderá estar incluída a mellora da sinalización tanto orientativa como informativa e/ou interpretativa.

2º. Proxectos de creación de sendas e pasarelas fóra da zona I e II do espazo Natura 2000, en que se poden incluír as sinalizacións necesarias tanto orientativas coma informativas e/ou interpretativas.

3º. Proxectos mellora e adecuación de centros de interpretación da natureza, refuxios de observación.

4º. Proxectos de aparcadoiros disuasorios na zona III Rede Natura 2000 ou nas inmediacións das parroquias con espazos situados dentro da Rede Natura 2000.

2. En ningún caso serán subvencionables as seguintes actuacións e investimentos:

a) Proxectos de restauración de elementos do patrimonio histórico ou arqueolóxicos catalogados como bens de interese cultural ou incluídos en catálogos municipais.

b) Actuacións correspondentes con investimentos recollidos no artigo 73.3. do Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021.

c) Aquelas actuacións ou actividades en xeral que non sexan respectuosas coas finalidades e obxectivos da Rede Natura 2000, dos plans reitores de uso e xestión dos parques naturais, ou que poidan poñer en perigo os valores que xustifican a protección destes espazos, recollidos segundo as prescricións contidas na normativa comunitaria, estatal e autonómica aplicables a estes espazos.

d) Aquelas medidas que xa foron obxecto de financiamento con cargo ao PDR 2014-2020, salvo que transcorresen máis de 5 anos desde o último pagamento.

e) Dentro das accións recollidas no artigo 4.1.a).1.ºv, como a restauración de prados de sega e soutos de castiñeiros, non serán subvencionables as actuacións produtivas realizadas en terreos agrícolas obxecto de subvención a través doutras medidas financiadas polo Feader.

f) A compra e instalación de maquinaria ou equipamentos de segunda man, nin os gastos relativos ao traslado de maquinaria xa existente ata o local ou instalación do proxecto.

g) Os investimentos en infraestruturas a gran escala, tal e como están definidas no punto 4.1.8 do PEPAC.

h) A adquisición de terreos ou edificios.

3. Dada a natureza dos investimentos subvencionables, estes débense manter afectados para o fin para o cal se lles concedeu a subvención, como mínimo durante cinco anos desde a data do derradeiro pagamento.

4. As actuacións obxecto de subvención deberán axustarse á lexislación vixente e, en particular, a interesada deberá contar coas licenzas e autorizacións preceptivas que sexan exixibles polas diferentes administracións públicas competentes e entidades vinculadas ou dependentes delas ao abeiro da normativa sectorial que puidese resultar de aplicación.

No caso de ser aprobada, a actuación entenderase autorizada no ámbito da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Artigo 5. Importe da axuda

1. Concederase o 100 % do seu custo subvencionable, cun importe máximo de 40.000 euros/proxecto no caso das persoas beneficiarias do artigo 2.1.b) e de 12.000 € no caso das persoas beneficiarias referidas no artigo 2.1.a), c) e d).

2. Só se admitirá unha solicitude de axuda e un único proxecto por solicitante.

Artigo 6. Compatibilidade

1. Estas axudas serán incompatibles coa concesión de axudas reguladas pola orde de axudas 2024 e 2025 para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede Natura 2000 de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento MT814A).

2. Á marxe do anterior, existe posibilidade de duplicidade con outras axudas recollidas nesta Intervención, polo que a axuda que se solicite ao abeiro desta orde reguladora será incompatible, a nivel liña de actuación (artigo 4 da orde), con calquera outra axuda xa solicitada con cargo á Intervención 6871. Investimentos non produtivos en servizos básicos no medio natural.

3. Así mesmo, as axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades non financiadas con fondos comunitarios, sempre que a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos subvencionables, conforme o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Os gastos financiados ao 100 % mediante a presente liña de axudas non poderán financiarse con outras fontes. Igualmente, deberá terse en conta o disposto no artigo 36 do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013 e o artigo 5 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

4. As persoas beneficiarias teñen a obriga de comunicar de inmediato ao órgano concedente calquera subvención, axuda ou ingreso que para a mesma finalidade e de calquera procedencia solicitase ou lle fose concedida ou pagada.

5. Se, unha vez resolta a concesión e/ou o pagamento da axuda, detectásese un dobre financiamento, procederase á revogación da concesión e/ou pagamento, requirindo á persoa beneficiaria o reintegro dos importes recibidos.

6. Tanto na solicitude da axuda (anexo I) como na solicitude de anticipo (anexo IV) e de pagamento (anexo V), a persoa beneficiaria deberá indicar o detalle doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada con indicación do importe e da súa procedencia.

Artigo 7. Conceptos subvencionables

1. Consideraranse gastos subvencionables aqueles que, de maneira indubitada, estean relacionados coa actividade obxecto da axuda, sexan necesarios para a súa execución, sexan contraídos durante o período de execución aprobado e estean efectivamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación.

2. Os gastos deberán estar suxeitos a prezos de mercado e a nome da beneficiaria.

3. Con carácter xeral, as actuacións para as que se solicita a axuda non poderán estar iniciadas antes de que, unha vez presentada a solicitude, acredite a Dirección Xeral de Patrimonio Natural o non inicio delas mediante a realización dunha inspección de campo en que se levantará unha acta de non inicio.

Non precisarán da acta de non inicio a que fai referencia o número anterior aquelas actuacións que non teñan natureza de investimento, como inventarios, estudos, campañas de concienciación ambiental e actividades de información e/ou sensibilización.

Nestes supostos, o non inicio das actuacións acreditarase mediante declaración responsable (anexo VII) de que as actuacións solicitadas non foron iniciadas antes da presentación da solicitude de axuda.

4. Son subvencionables os custos vinculados ás operacións de investimento, tales como honorarios á asistencia en arquitectura, enxeñaría, ao asesoramento en xeral ou sobre a sustentabilidade económica e ambiental, incluídos os estudos de viabilidade.

5. No caso de que a actuación subvencionada se realice con medios propios, poderá incluírse a man de obra e os custos materiais (compra de materiais ou emprego de materiais propios coa correspondente imputación dos custos da súa amortización) e as contribucións en especie.

6. No caso de que a actividade subvencionada se realice mediante contribucións en especie en forma de provisión de obras, bens, servizos, terreos e bens inmobles polos que non se efectuará ningún pagamento en efectivo documentado con facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, poderán ser subvencionables nas condicións descritas no artigo 67 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como ás normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados.

7. Terán a consideración de gastos subvencionables os relativos aos elementos de publicidade requiridos nesta orde.

8. Os seguintes gastos non se consideran subvencionables:

a) O IVE.

b) Os gastos efectuados con anterioridade á data de emisión da acta de non inicio ou da presentación da declaración responsable á que fai referencia o punto 3 deste artigo.

c) Os gastos xerais de constitución, mantemento, funcionamento ou estrutura permanente ou habitual das beneficiarias das actuacións.

d) En ningún caso serán subvencionables os gastos que non se axusten aos fins da medida, os non relacionados directamente co servizo público, os non axustados na súa proporción, medida e capacidade ás actividades para desenvolver, o material funxible, os gastos correntes ou as taxas e licenzas administrativas, os impostos ou tributos, os investimentos que substitúan outras anteriormente financiadas polo Feader en que aínda non pasasen 5 anos desde a realización, así como os investimentos en locais cuxa construción fosen subvencionada anteriormente polo Feader sen que pasasen 5 anos desde a súa execución.

9. As actividades que se van realizar cumprirán co condicionado establecido no anexo IX desta orde.

Artigo 8. Subcontratación

1. Para os efectos do disposto no artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, permitirase a subcontratación de ata o 100 % da actividade obxecto da subvención.

2. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade obxecto da axuda, non acheguen valor engadido ao seu contido.

3. Os/as subcontratistas quedarán obrigados/as só ante a beneficiaria, que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade obxecto da axuda fronte á Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

4. As persoas beneficiarias serán responsables de que, na execución da actividade obxecto da axuda subcontratada a terceiros, se respecten os límites establecidos en canto á natureza e contía dos gastos financiables.

5. En ningún caso poderá subcontratar a beneficiaria a execución parcial das actividades obxecto da axuda con aquelas persoas ou entidades que se atopen nas circunstancias previstas no artigo 29.7 da Lei 38/2003, do 17 de novembro e o artigo 68.2 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

6. No referente á subcontratación con persoas ou entidades vencelladas prevista no artigo 29.7.d) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, será obrigatorio dispor da autorización expresa previa da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

7. A persoa beneficiaria poderá subcontratar totalmente a actividade ou acción subvencionada respectando, en todo caso, as prescricións contidas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento, así como na normativa que regula a contratación do sector público.

Igualmente, e para garantir a moderación de custos para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda, deberán solicitarse, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación e presentalas xunto coa solicitude da axuda. En ningún caso se poderán subcontratar actividades que aumenten o custo da actividade subvencionada e non acheguen valor engadido ao seu contido.

Non serán subvencionables os custos relativos aos seguintes contratos: a) os que aumenten o valor de execución da operación sen achegar un valor engadido b) os celebrados con persoas intermediarias ou asesoras en que o pagamento consista nunha porcentaxe de custo total da operación a non ser que a persoa beneficiaria xustifique ese pagamento por referencia ao valor real do traballo realizado ou dos servizos prestados.

Cando a beneficiaria sexa unha Administración pública, ademais de cumprir co disposto na normativa de contratación do sector público exixirase, tamén, a presentación de tres ofertas no caso de contratos menores.

Artigo 9. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e irán dirixidas aos servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

2. En todo caso, e segundo o recollido no artigo 6.1, estas axudas serán incompatibles coa concesión de axudas reguladas pola orde de axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos ambientais na Rede Natura 2000 na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento MT814A).

Do mesmo xeito, segundo o indicado no artigo 6.2, estas axudas tamén serán incompatibles a nivel de liña de actuación: non se admitirá a presentación, por parte da mesma persoa solicitante, doutra solicitude para a mesma liña de actuación con cargo a outras ordes asociadas á Intervención 6871. Investimentos non produtivos en servizos básicos no medio natural (código de procedemento MT724A).

É compatible a presentación dunha solicitude de axuda ao abeiro deste procedemento, así como do procedemento MT724A sempre que as actuacións solicitadas en ambos os procedementos pertenzan a liñas de actuación distintas.

3. As solicitudes (anexo I) que no momento da súa presentación non veñan acompañadas do anexo II e do documento sinalado no artigo 10.1.b) (anteproxecto ou memoria técnica coa totalidade dos seus contidos mínimos desenvolvidos) serán automaticamente inadmitidas.

4. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para: as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I), a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante que figure na solicitude por calquera medio válido en dereito de acordo co disposto no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

b) Memoria técnica das actuacións asinada por persoal técnico competente xustificativa das accións (anexo II) que deberá conter, como mínimo:

1º. A descrición de traballos ou actividades indicando o espazo en que se vai traballar.

2º. A superficie de actuación e os obxectivos ambientais a que contribuirá a actuación.

3º. Relación valorada.

4º. Planos de localización e de detalle, así como un arquivo compatible SIX coa delimitación da superficie prevista de actuación.

5º. Orzamento detallado e co IVE desagregado.

6º. Calendario e prazo aproximado de execución.

Cando a axuda solicitada sexa aprobada e o investimento supere os 15.000 € presentarase, no prazo de 15 días desde o día seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda, un proxecto da actuación obxecto de subvención cos mesmos datos que o documento descritivo, asinado por persoal técnico competente. No caso de que a documentación técnica presentada xunto coa solicitude cumpra con todos os requisitos exixibles a un proxecto de obra, non será necesaria a presentación dun novo proxecto.

c) Autorizacións ou permisos necesarios para levar a cabo a intervención ou, cando menos, a súa solicitude.

d) No caso de actuacións dirixidas á recuperación de elementos tradicionais da paisaxe rural ou necesarios para o mantemento da paisaxe agraria tradicional como hórreos, milladoiros, cabanas, fontes, alvarizas, muíños, etc. deberá achegarse informe favorable/autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural en que se acredite que non se trata dun ben de interese cultural ou catalogado ou, polo menos, a súa solicitude.

2. Deberá presentarse, ademais, a seguinte documentación complementaria:

a) No caso de prever actuacións sobre bens inmobles ou terreos de titularidade da persoa solicitante, título de propiedade. Os concellos poderán presentar certificación expedida pola persoa titular da secretaría do Concello relativa á titularidade municipal do ben.

b) No caso de que a solicitante non sexa titular da propiedade onde se teñan previsto executar as actuacións, declaración responsable de conformidade e dispoñibilidade dos terreos (anexo VI).

c) No caso de persoas arrendadoras, documento que acredite esa condición.

d) No caso de prever recorrer a medios propios da entidade, presentarase a documentación do proxecto desagregado diferenciando o custo da man de obra que vai usar xunto cos seus previsibles custos materiais. Achegaranse, como mínimo, ademais dos datos indicados no anexo II, a seguinte documentación:

1º. Orzamento completo do proxecto de obra que debe detallar a cantidade total de horas das diferentes categorías profesionais que interveñen na execución de cada unha das distintas unidades de obra do proxecto. O custo horario da man de obra calcularase con base no custo que supoñen as nóminas das persoas traballadoras con quen vai executar a obra.

Así mesmo, o orzamento fará unha previsión da necesidade de compra de materiais ou emprego dos propios coa correspondente imputación dos custos da súa amortización.

2º. Informe elaborado polo/a técnico/a redactor/a do proxecto en que se describa en que vai consistir tal achega (materias primas, man de obra, bens de equipamento...), diferenciando se se trata dunha achega para todo o proxecto ou ben para unidades de obra concretas:

i. Cando a man de obra participe en todo o proxecto, deberase achegar un documento do proxecto denominado Xustificación de prezos en que se totalice o número de horas necesarias por categorías para a súa realización e unidades de material empregadas.

ii. Cando a achega en especie se produza en unidades de obra concretas, o persoal técnico redactor terá que especificar en cada unha das unidades o número de horas da achega e unidades de material empregadas.

e) No caso de actuacións que non teñan natureza de investimento como as campañas de concienciación ambiental, as actividades de información e/ou sensibilización para a conservación do patrimonio natural, a declaración responsable de non inicio de actuacións (anexo VII) recollida no artigo 7.3 desta orde en que se acredite que as actuacións non foron iniciadas antes da presentación da solicitude de axuda.

f) Para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberase acreditar a moderación de custos de acordo co establecido no artigo 82 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

Para iso deberán presentar tres ofertas de provedores diferentes orzando a execución daquelas unidades de obra que se prevexa executar mediante contratación. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

1º. Os prezos das unidades deben axustarse ao valor de mercado.

2º. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social do/da solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada, cuantificada e desagregada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo así como características técnicas, e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

3º. Deberán incluír os mesmos conceptos para ser comparables entre elas desde un punto de vista técnico-económico.

4º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta.

5º. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin coa persoa solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

6º. Deberán presentarse debidamente seladas e/ou asinadas pola empresa ou representante da empresa ofertante.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar a exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o fornezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

g) No caso de concellos, certificación expedida pola persoa titular de secretaría relativa á resolución adoptada polo órgano local competente na cal dispón solicitar a subvención regulada nesta orde e da dispoñibilidade dos terreos.

h) No caso de titulares de explotación integrada en produción ecolóxica, certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).

i) No caso de comunidades de montes veciñais en man común, certificación do acordo da asemblea xeral conforme se autoriza a xunta reitora para solicitar axudas. Comprobarase de forma interna, na Sección Provincial do Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común, a posesión dos estatutos en regra, figurando a composición da xunta reitora actualizada conforme os parámetros da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais mancomunados, e do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da devandita lei.

j) No caso de entidades ou asociacións ambientais e de custodia do territorio, acordo da xunta de goberno ou figura similar para solicitar axudas á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

k) No caso de empresas ou autónomos:

1º. Certificado do concello conforme realiza a súa actividade no parque natural correspondente, no caso de non estar de alta no IAE.

2º. Acreditación de posuír a sede social nalgún municipio do parque natural correspondente.

3º. Acreditación de ser propietarios/as ou arrendatarios/as das terras para as cales se solicita a axuda.

4º. Plan de igualdade aprobado (depositado no Rexistro e Depósito de Convenios Colectivos, Acordos Colectivos de Traballo e Plans de Igualdade-Regcon).

l) No caso de que o terreo obxecto dos traballos sexa propiedade de varias persoas copropietarias, deberá acreditarse o consentimento de todas elas e a representación da persoa solicitante para realizar a acción obxecto da subvención.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán demandados de xeito electrónico a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da entidade interesada.

6. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á súa achega.

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Consulta de datos de residencia con data da última variación padroal.

f) Certificación da titularidade do inmoble ou parcela.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

i) Certificado de estar ao día nas obrigacións tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

j) Consulta de concesión de subvencións ou axudas.

k) Consulta de inhabilitacións para a concesión de subvencións ou axudas.

l) Imposto de actividades económicas (IAE).

2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle son de aplicación as seguintes circunstancias que acredita o documento correspondente:

a) No caso das comunidades de montes, certificado que acredite a posesión dos estatutos en regra, figurando a composición da xunta reitora actualizada.

b) No caso de asociacións ambientais e de custodia do territorio, inscrición no Rexistro de Asociacións.

c) No caso de explotacións agrícolas, a súa inscrición no Reaga.

d) No caso de explotacións gandeiras, a súa inscrición no Rega.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Criterios de valoración

As axudas concederanse con base nos criterios de valoración que a seguir se indican:

1. Segundo o tipo de actuación. En caso de que o proxecto solicitado recolla máis dunha actuación, valorarase aquela que teña o maior peso orzamentario:

a) Actuacións dirixidas á conservación, restauración e mellora da biodiversidade, especialmente dos hábitats, especies ou ecosistemas naturais, así como aquelas actuacións que teñan un impacto favorable na mitigación e/ou adaptación ao cambio climático.

1º. Actuacións en hábitats prioritarios ou especies prioritarias ou ameazadas: 25 puntos.

2º. Actuacións en hábitats de interese comunitario ou especies de interese comunitario: 20 puntos.

3º. Actuacións en ecosistemas naturais ou seminaturais: 15 puntos.

b) Actuacións dirixidas á mellora da conectividade ecolóxica de especies de flora e fauna: 15 puntos.

c) Actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos, patrimoniais ou culturais representativos ou necesarios para o mantemento da paisaxe agraria, cultural ou etnolóxico tradicional: 10 puntos.

d) Actuacións dirixidas á paisaxe agraria ou actuacións de desenvolvemento de usos recreativos en espazos protexidos:

1º. Rutas de sendeirismo e turismo de natureza: 10 puntos.

2º. Actuacións dirixidas á mellora da paisaxe agraria (creación e/o mellora de cercas, lindes, vexetación de lindes e bordos non cultivados, actuacións para a mellora da paisaxe rural, como restauración de muros de cachotaría e cantaría e mellora de carreiros rurais): 10 puntos.

3º. Áreas recreativas situadas en zonas de uso xeral ou compatible, ou zonas limítrofes fóra do parque natural pero localizadas na área de influencia socioeconómica del: 5 puntos.

2. Segundo o grao de adecuación da actividade proposta ás directrices de xestión, á zonificación e á planificación establecidas no plan reitor de uso e xestión do parque natural:

a) Actuacións recollidas como prioridades ou como beneficiosas para algún dos compoñentes da biodiversidade nos instrumentos de planificación e xestión do espazo ou no Plan director da Rede Natura 2000: 25 puntos.

b) Actuacións non incluídas na planificación do espazo pero recollidas no Marco de acción prioritaria para a Rede Natura 2000: 20 puntos.

c) Actuacións recollidas como permitidas recollidas nos instrumentos de planificación e xestión do espazo protexido: 15 puntos.

d) Actuacións diferentes das anteriores como autorizables no plan reitor de uso e xestión do espazo protexido: 10 puntos.

3. Segundo o grado de contribución para evitar o risco de despoboamento e envellecemento das áreas onde se realiza a actuación e o posicionamento do sector agrario (en caso de actuar no territorio de máis dun concello, valórase o máis beneficioso):

a) Segundo a porcentaxe de superficie do municipio incluído na Rede Natura 2000 (anexo XI):

1º. Máis do 40 %: 20 puntos.

2º. Entre o 20 % e 40 %: 15 puntos.

3º. Menor ao 20 %: 10 puntos.

b) Segundo a poboación do municipio (datos ano 2022. Instituto Galego de Estatística):

1º. Concellos de menos de 5.000 habitantes: 15 puntos.

2º. Concellos entre 5.000 e 10.000 habitantes: 10 puntos.

3º. Concellos de máis de 10.000 habitantes: 5 puntos.

c) Segundo a porcentaxe de afiliacións á Seguridade Social no sector agrario das persoas residentes no concello onde se localiza a actuación (datos decembro 2022. Instituto Galego de Estatística):

1º. Maior do 3 %: 15 puntos.

2º. Entre o 1 % e o 3 %: 10 puntos.

3º. Menor do 1 %: 5 puntos.

4. Segundo a localización da residencia ou domicilio social da persoa solicitante: No caso de que se sitúe en terreos situados dentro do parque natural: 15 puntos.

5. Criterios segundo a actividade da persoa solicitante:

a) Proxectos presentados por titulares dunha explotación integrada en produción ecolóxica: 20 puntos.

b) Proxectos presentados por unha persoa agricultora/gandeira profesional: 15 puntos.

c) Proxectos presentados por entidades asociativas inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións: 10 puntos.

d) Proxectos presentados por empresas que teñan un plan de igualdade aprobado (depositado no Rexistro e Depósito de Convenios Colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade-Regcon): 1 punto.

6. Criterios segundo as boas prácticas ambientais e de protección e de conservación da paisaxe: Proxectos presentados por concellos que contan co distintivo «Bandeira verde» no momento da solicitude da axuda: 5 puntos.

7. Criterios de accesibilidade ás axudas: persoas beneficiarias con expedientes que superaron o limiar mínimo establecido na convocatoria anterior que non foron aprobados por orde de prelación: 5 puntos.

Os criterios 1, 2, 3 e 7 aplicaranse a todas as solicitudes. Os criterios 4 e 5 aplicaranse unicamente ás solicitudes presentadas polos solicitantes indicados no artigo 2.1 a), c) e d), e o criterio número 6 ás solicitudes presentadas polo solicitantes referidos no artigo 2.1.b).

Artigo 14. Baremación e criterios de desempate

1. As axudas solicitadas serán baremadas segundo os criterios de valoración establecidos no artigo 13.

2. Só se poderán presentar actuacións correspondentes a unha soa liña de actuación das catro recollidas no artigo 4 desta orde.

3. A puntuación mínima para que unha actuación se considere subvencionable será de 50 puntos, dos cales 20 deberán obterse nas dúas primeiras epígrafes dos criterios recollidos no artigo 13.

4. A dispoñibilidade orzamentaria asignada a cada convocatoria limitará o número de expedientes que se vaian aprobar. Neste sentido, ordenaranse os investimentos solicitados de acordo cos criterios de valoración indicados no artigo anterior e aprobaranse estes investimentos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible e, de ser o caso, aplicando as regras de desempate especificadas a seguir:

a) A igualdade de puntos, priorizaranse os proxectos localizados na súa totalidade na súa totalidade nun parque natural.

b) De persistir o empate, priorizaranse os proxectos que obteñan maior puntuación no criterio número 1 (segundo o tipo de actuación) e, de continuar o empate, priorizaranse os proxectos que vaian obtendo maior puntuación en cada unha das epígrafes seguintes.

c) Finalmente, se sigue existindo empate nas valoracións establecidas anteriormente, terán preferencia aquelas solicitudes con menor orzamento de execución.

Artigo 15. Tramitación

1. Os órganos instrutores das axudas son os servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

2. O órgano instrutor levará a cabo a avaliación da documentación presentada xunto coa solicitude e comprobará que a operación cumpre coas obrigas establecidas nesta orde e pola normativa da Unión Europea, a lexislación nacional e a autonómica, entre elas a relativa ás axudas e demais normas e requisitos obrigatorios.

3. Se a solicitude e documentación mínima recollidas no artigo 9.3 non reúnen os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano instrutor requirirá á persoa interesada que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, coa indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa solicitude, despois da resolución que deberá ditarse nos termos previstos no citado artigo.

4. Os servizos de Patrimonio Natural remitirán á Dirección Xeral de Patrimonio Natural os expedientes, xunto cun informe-proposta de aprobación, nun prazo máximo de 30 días naturais, contados a partir da data límite de presentación de solicitudes.

O servizo provincial acompañará o devandito informe-proposta dunha táboa coa puntuación proposta das solicitudes segundo os criterios reflectidos no artigo 13 desta orde e doutro informe complementario relativo a cada unha das solicitudes asinado por persoal técnico competente desta consellería conforme a acción ou actividade é respectuosa coas finalidades e obxectivos da Rede Natura 2000 e non pon en perigo os valores que xustifican a protección destes espazos, ademais de constituír un uso permitido ou autorizable conforme o Decreto 37/2014, do 27 de marzo.

5. Os expedientes serán ordenados por unha comisión creada para tal fin. Esta comisión estará composta pola persoa titular da Subdirección Xeral de Espazos Naturais, que a presidirá, e polas persoas titulares da Xefatura do Servizo de Conservación de Espazos Naturais e da Xefatura da Sección de Espazos Naturais nos servizos centrais. Esta última actuará como secretaria. Auxiliará a Comisión de Avaliación unha persoa que forme parte do persoal técnico da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, designada para ese efecto pola persoa titular da devandita dirección xeral.

6. A composición da Comisión de Avaliación procurará unha composición equilibrada de mulleres e homes.

7. Se algunha das persoas integrantes da Comisión non pode participar nunha sesión por calquera causa, será substituída por unha persoa funcionaria da dirección xeral designada pola persoa titular desta.

8. A Comisión dará traslado das propostas de resolución á persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural a quen corresponderá ditar a resolución do procedemento de acordo co disposto na disposición derradeira primeira desta orde.

9. A proposta de resolución, conforme os criterios contidos no artigo 13 e as dispoñibilidades orzamentarias, fará mención ás persoas solicitantes para as cales se propón a concesión da subvención, e a contía desta de modo individualizado, especificándose a súa avaliación segundo a aplicación dos criterios seguidos para efectuala. As solicitudes para as cales se propoña a súa denegación relacionaranse con indicación da súa causa.

Artigo 16. Resolución

1. O prazo para resolver será de catro (4) meses desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

2. Transcorrido o prazo para resolver sen que a persoa interesada reciba comunicación expresa, entenderanse desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo, conforme prevé o artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo do deber legal de resolver expresamente segundo o disposto nos artigos 21 e 25 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Na resolución que se dite especificaranse os gastos subvencionables, o importe da subvención concedida, os prazos de execución e as condicións xerais e particulares da subvención. A dita notificación deberá informar ás persoas beneficiarias de que a actuación se subvenciona a través do Feader e se enmarca dentro do PEPAC 2023-2027 de Galicia, na Intervención 6871.

4. A resolución motivarase de conformidade co disposto nesta orde e na lexislación vixente en materia de subvencións. Constará, ademais do/da solicitante ou relación de solicitantes aos/ás cales se lles concede a axuda, de maneira expresa e, de ser o caso, a desestimación do resto das solicitudes.

5. A resolución deberá ser notificada ás persoas beneficiarias de forma individualizada, de acordo co previsto nos artigos 40 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario. No caso de optar pola notificación en papel, efectuarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso, no formulario, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen 10 días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. No prazo máximo de tres (3) meses contados desde a data de resolución da concesión publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 18. Modificación da resolución e variación entre partidas

1. Toda alteración nas condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Poderase acordar a modificación da concesión por instancia da persoa beneficiaria, sempre que se presente a solicitude cunha antelación mínima de dous (2) meses ao vencemento do prazo de xustificación das actividades obxecto de subvención, que nestas axudas coincide co prazo para a súa execución e, así mesmo, se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das bases reguladoras e non desvirtúe as características do proxecto e as condicións que foron tidas en conta para a resolución da concesión.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non suporían a denegación da subvención, diminución da súa contía ou minoración da baremación da axuda de xeito que, coa nova puntuación, non resulte concedida en réxime de concorrencia competitiva.

3. O incremento dos custos derivados da modificación proposta non suporán un incremento do importe da subvención concedida.

4. A inclusión de novas localizacións para a execución de investimentos requirirá unha nova acta de non inicio sen a que non se poderá iniciar a execución. No caso de novas actividades de divulgación, sensibilización ou estudos, requirirá a presentación dunha nova declaración responsable conforme o anexo VII.

5. A solicitude de modificación deberá presentarse ante a xefatura territorial correspondente nun prazo de 15 días naturais desde a aparición das circunstancias que a xustifican. Será o Servizo de Patrimonio Natural da xefatura territorial correspondente o que emita un informe-proposta en que se motive a concesión ou denegación da modificación da resolución de concesión da axuda.

6. Sen necesidade de instar procedemento de modificación da resolución, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural poderá aceptar variacións nas unidades de obra aprobadas, coa condición de que as variacións non superen en conxunto o 15 % do orzamento subvencionable, que non aumente o importe total do gasto aprobado e que non desvirtúen as características do proxecto e as condicións que foron tidas en conta para a resolución da concesión.

Artigo 19. Aceptación e renuncia

1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, as beneficiarias disporán de dez (10) días hábiles para a súa aceptación desde a notificación desta, ante a Dirección Xeral de Patrimonio Natural; transcorrido este prazo sen que produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

2. A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao disposto no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e solicitarse mediante o modelo establecido no anexo III. No caso de que se comunique a renuncia en prazo, a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1 da mesma lei.

3. No caso de renuncias por parte de persoas beneficiarias, poderanse ditar novas resolucións en función das dispoñibilidades orzamentarias derivadas das renuncias, sempre que existan solicitantes que cumpran cos requisitos para beneficiarse das axudas e a solicitude obtivese puntuación suficiente en aplicación dos criterios de valoración.

Artigo 20. Anticipo

1. Poderase solicitar o aboamento dun único pagamento anticipado (anexo IV) de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos artigos 63, 65 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da dita lei.

2. Os pagamentos anticipados suporán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo a actuación subvencionada nos casos en que o gasto aínda non estea realizado. Este pagamento quedará suxeito ás seguintes condicións:

a) O anticipo non poderá superar o 50 % da axuda concedida nin a anualidade prevista no exercicio orzamentario 2024, de acordo ao previsto no artigo 44.3 Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013.

b) A persoa beneficiaria deberá solicitalo por escrito ante a Dirección Xeral de Patrimonio Natural nun prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda, en que se deberá indicar o conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

3. As beneficiarias dos anticipos deberán acreditar que se atopan ao día no pagamento das obrigas tributarias e de Seguridade Social.

Artigo 21. Prazo de execución, xustificación e solicitude de pagamento da subvención

1. A xustificación da subvención efectuarase en dúas anualidades:

a) Anualidade 2024:

1º. No caso de non solicitar anticipo, a persoa beneficiaria deberá solicitar o pagamento da anualidade correspondente ao ano 2024 (anexo V), unha vez executada e xustificada a actividade correspondente.

2º. Para a anualidade de 2024 só se admitirán aqueles gastos efectivamente realizados e pagados entre a data de emisión da acta de non inicio recollida no artigo 7 ou, de ser o caso, da presentación da declaración responsable recollida nese mesmo artigo, e o 16 de setembro de 2024.

3º. No caso das persoas beneficiadas que solicitasen o anticipo, todas as actuacións deberán estar executadas e pagadas con data límite do 16 de setembro de 2024, aínda que poderán presentar a xustificación do importe anticipado, na data establecida para a anualidade 2025, xunto a xustificación final.

b) Anualidade 2025:

1º. Unha vez executada e xustificada a actividade correspondente ao ano 2025 solicitarase o pagamento da segunda anualidade (anexo V).

2ª. Para a anualidade de 2025 só se admitirán aqueles gastos realizados efectivamente e pagados con data límite do 15 de maio de 2025.

2. En relación co prazo final de execución e xustificación da actuación subvencionada (15 de maio de 2025), cando concorran causas alleas á vontade da persoa beneficiaria debidamente xustificadas, a dita persoa poderá solicitar, cunha antelación mínima dous (2) meses ao vencemento do prazo establecido, a ampliación do dito prazo por ata un máximo de dous (2) meses.

Artigo 22. Documentación xustificativa e pagamento

1. A xustificación e pagamento da subvención efectuarase do seguinte modo:

a) Unha vez efectuadas as actuacións, a beneficiaria deberá comunicalo mediante o anexo V ao Servizo de Patrimonio Natural da xefatura territorial da provincia de execución, achegando a documentación xustificativa descrita no punto 2 deste artigo, segundo sexa de aplicación.

b) Os servizos de Patrimonio Natural deberán certificar, despois da inspección in situ no caso dos investimentos, que as actuacións se realizaron de acordo co recollido nesta orde e na resolución aprobada.

c) Unha vez xustificados os gastos e actuacións, e comprobada a execución adecuada nos termos dos artigos 74 e 100 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común, así como acreditado o cumprimento do resto de requisitos exixidos, procederase a tramitar a proposta de pagamento da axuda.

d) A contía da subvención que se pagará calcularase con base no que resulte subvencionable durante os controis administrativos da xustificación e da solicitude de pagamento presentada pola beneficiaria.

No caso de execucións parciais, e coa condición de que non comprometan a finalidade da actividade obxecto da subvención, detraerase da axuda inicialmente concedida a parte proporcional da actuación non executada. A porcentaxe mínima de execución do proxecto non poderá ser inferior ao 60 % dos custos da actuación subvencionada.

Por outra banda, se executada a totalidade da actuación o custo xustificado da actuación é inferior ao que figura na resolución de concesión, manterase a axuda pero diminuirase o seu importe axustándoo ao custo xustificado.

e) No marco dos controis administrativos da subvencionabilidade dos gastos, se se atopan discrepancias entre o importe solicitado (anexo V) e o importe dos gastos certificados polo servizo provincial, aplicaranse os criterios de redución e exclusión da axuda contemplados nos artigos 27 e 28 desta orde, no artigo 9 da Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas e nos artigos 50 e 51 do Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no PEPAC.

A penalización para aplicar calcularase en función dos importes que non resulten subvencionables tras os controis administrativos de cada solicitude de pagamento: o organismo competente examinará a solicitude de pagamento presentada pola beneficiaria e determinará os importes subvencionables e os que non o son. Ademais, fixará:

A) O importe que pode concederse á beneficiaria en función exclusivamente da solicitude de pagamento e a concesión. No caso de que o primeiro sexa superior ao segundo, o importe solicitado axustarase ao límite da concesión.

B) O importe que pode concederse á beneficiaria tras os controis da solicitude de pagamento.

Se o importe establecido en virtude da letra A) supera o importe establecido en virtude da letra B) en máis dun 10 %, aplicarase unha penalización ao importe establecido en virtude da letra B). O importe da penalización será igual á diferenza entre os dous importes citados, pero non irá alén da retirada total da axuda.

Non obstante, non se aplicará ningunha penalización se a beneficiaria pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe non subvencionable.

2. Xunto coa presentación da solicitude de pagamento (anexo V), a beneficiaria deberá presentar, para os efectos de xustificación da actuación subvencionada:

a) De ser o caso, certificación da persoa titular da secretaría do concello conforme a licitación cumpre a normativa comunitaria e nacional en materia de contratación.

b) As facturas no formato legalmente exixible e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa polo importe total do investimento, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na súa normativa de desenvolvemento e na normativa comunitaria aplicable. As facturas marcaranse cun selo en que se indique a orde reguladora da subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificado se imputa total ou parcialmente á subvención, indicando, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención, así como que é cofinanciada co Feader.

c) No caso de que a entidade beneficiaria realice os traballos con medios propios deberá presentar, coa solicitude de pagamento, a seguinte documentación:

1º. Orzamento completo do proxecto de obra que debe detallar a cantidade total de horas das diferentes categorías profesionais que interveñen na execución de cada unha das distintas unidades de obra do proxecto.

No caso dos custos de persoal, deberase acreditar achegando:

i. Un certificado da persoa titular da secretaría do concello en que quede acreditado que o persoal se dedicou ao número de horas que corresponda á execución do proxecto.

ii. As nóminas correspondentes ao tempo dedicado pola man de obra propia empregada na execución das actuacións, certificando especificamente o emprego da porcentaxe de tempo que as persoas traballadoras dedicaron ao proxecto, así como a documentación acreditativa do pagamento das nóminas, cargas sociais e retención de IRPF.

iii. Custos materiais: nos casos de compra de materiais, deben achegarse as facturas acreditativas dese gasto e os xustificantes de pagamento.

iv. Se se utilizan medios materiais propios (maquinaria, materiais, etc.) a entidade beneficiaria debe imputar ao proxecto os custos de amortización deses equipamentos ou materiais, custos que deben calcularse de conformidade coas normas de contabilidade, debendo achegar a documentación acreditativa do sistema de cálculo utilizado.

2º. Informe elaborado polo/a técnico/a redactor/a do proxecto en que se describa en que vai consistir tal achega (materias primas, man de obra, bens de equipamento...).

d) No caso de que a actividade subvencionada se realice mediante contribucións en especie en forma de provisión de obras, bens, servizos, terreos e bens inmobles polos que non se efectuará ningún pagamento en efectivo documentado con facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, poderán ser subvencionables nas condicións descritas no artigo 67 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados.

e) Ademais, acompañarase dos documentos que aseguren a efectividade do pagamento:

1º. Xustificante bancario do pagamento pola persoa beneficiaria (transferencia bancaria) selado pola entidade bancaria ou ben que conteña un código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Deberá constar a data de pagamento, o número da factura obxecto de pagamento, o concepto facturado, a identidade da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir coa beneficiaria da axuda, e a identificación da persoa destinataria do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

2º. Efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado. Neste caso, achegarase copia do efecto mercantil acompañada da documentación bancaria (extracto da conta da persoa beneficiaria, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.), en que conste, claramente, que o efecto foi efectivamente cargado na conta da persoa beneficiaria dentro do prazo de xustificación.

f) Memoria técnica xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención coa descrición dos traballos ou actividades realizados, indicando o espazo en que se traballou, a superficie de actuación, os planos de localización e de detalle, a xustificación da vinculación dos gastos á actividade subvencionada, así como imaxes acreditativas do cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 23 desta orde.

No caso de que a elección da oferta non recaese na proposta económica máis vantaxosa, esta memoria deberá recoller a xustificación expresa da dita elección.

g) No caso de actuacións sobre o terreo, un arquivo compatible SIX coa delimitación gráfica da dita actuación.

h) No caso de non telas presentado con anterioridade, as diferentes licenzas e/ou autorizacións para a realización das actuacións subvencionadas exixibles polas diferentes administracións públicas competentes e entidades vinculadas ou dependentes delas ao abeiro da normativa sectorial que puidese resultar de aplicación.

i) No caso de que o investimento teña como obxecto unha campaña ambiental ou de divulgación, a solicitude de pagamento deberá acompañarse dunha memoria explicativa que conteña, como mínimo, os datos establecidos no anexo VIII. Na dita memoria terase en conta que todas as accións formativas, divulgativas e de sensibilización deberán estar libres de mensaxes que reproduzan estereotipos de xénero.

j) No caso de realizar materiais divulgativos, estes deberán cumprir coas obrigas de publicidade recollidas no artigo 23 desta orde que se acreditarán mediante o envío dunha copia e a incorporación de fotografías á memoria técnica xustificativa a que fai referencia o punto f) deste artigo.

k) Como se recolle no artigo 18.6 as persoas beneficiarias poderán contar cunha desviación do 15 % entre as partidas orzamentarias xustificadas. Desta forma, o menor gasto total nunha partida, pode quedar compensado cun maior gasto noutra ata o límite máximo do 15 % e sempre que o seu importe o permita.

Artigo 23. Obrigas das persoas beneficiarias

Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do capítulo III do título preliminar do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigadas a:

1. Reintegrar as cantidades percibidas coa subvención, xunto cos xuros de demora calculados en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

2. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. A maiores, ao tratarse de axudas cofinanciadas cos fondos do Feader, as persoas beneficiarias deberán someterse aos específicos controis segundo o recollido no capítulo III do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

3. Proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no artigo 141 do Regulamento (UE) nº 2021/2115, do 2 de decembro de 2021.

4. Manter un sistema de contabilidade separado e específico en relación con estas subvencións ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables que permita o seguimento dos gastos financiados a través destas subvencións, sen prexuízo das normas de contabilidade de obrigado cumprimento.

Exceptúanse desta obriga ás persoas físicas sen actividade económica ou con actividade económica pero sen a obriga de levar unha contabilidade.

5. Todos os investimentos e materiais divulgativos de información e publicidade relacionados cos fondos Feader deberán levarse a cabo de acordo co establecido nos anexos II e III do Regulamento 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021. A persoa beneficiaria deberá recoñecer o apoio do Feader mostrando:

a) O logo da Xunta de Galicia.

b) O emblema da Unión Europea e, xunto a el, a declaración «Financiado pola Unión Europea».

c) O logotipo xeral oficial do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

d) Referencia á axuda do Feader a través do PEPAC, indicando o cofinanciamento pola Unión Europea, a porcentaxe de cofinanciamento e o montante total da axuda.

6. Durante a realización da operación, o beneficiario informará o público da axuda obtida do Feader, da seguinte forma:

a) Presentando no sitio web da beneficiaria e/ou contas oficias en redes sociais para uso profesional, no caso de que exista tal sitio, unha breve descrición da operación, en proporción ao nivel de axuda cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión Europea.

b) As operacións que reciban unha axuda pública total superior a 10.000 euros e sempre e cando a execución da actividade o permita deberán colocar, polo menos, un panel de tamaño A3 (297×420 mm) nun lugar ben visible, preferentemente no acceso ao recinto nos casos das subvencións concedidas para investimentos materiais, que fará referencia clara e inequívoca á axuda concedida con expresión dos datos identificativos desta orde, acompañados polo logotipo oficial da Xunta de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, o logotipo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e onde destaque a axuda financeira recibida pola Unión (anexo X).

7. Ademais, segundo o establecido no artigo 59.4 do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013, e no artigo 44.1 do Regulamento de execución (UE) nº 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia, que sinalan que as persoas beneficiarias facilitarán nas solicitudes de axudas e nas solicitudes de pagamento a información necesaria para a súa identificación, incluída, se é o caso, a identificación do grupo en que participen. A dita información deberá conter, como mínimo:

a) Nome da entidade.

b) Número de NIF ou de identificación fiscal.

c) Nome da entidade matriz e número de IVE ou de identificación fiscal.

d) Matriz última e número de IVE ou de identificación fiscal.

e) Filiais e números de IVE ou de identificación fiscal.

8. Cumprir calquera outra obriga que, de ser o caso, puidese establecerse na resolución pola que se concede a axuda.

9. Asumir as responsabilidades que poderían derivar da realización do proxecto ou actividade.

10. Dispor das autorizacións ou licenzas administrativas correspondentes no caso de que sexan necesarias para o desenvolvemento da actividade obxecto da axuda, sendo a única responsable xurídica e financeira da execución do proxecto ou actividade.

11. No caso dos concellos:

a) Cumprir coa normativa da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Concello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro.

b) Incluír, sempre que sexa posible, criterios ambientais en todos os procedementos de contratación que puidese convocar en calquera fase da realización do proxecto de axuda.

c) Cumprir coa normativa en materia de igualdade e incluír, sempre que sexa posible, criterios para favorecer a igualdade de trato e de oportunidades en todos os procedementos de contratación que puidese convocar a beneficiaria.

Artigo 24. Financiamento e distribución do crédito

1. Esta orde financiarase con cargo ás aplicacións orzamentarias 06.03.541B.760.0, 06.03.541B.770.0, 06.03.541B.780.0 e 06.03.541B.781.0 do código de proxecto 202400013 dos orzamentos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural por un importe de 1.629.892 euros, coa seguinte distribución por anualidades: 814.946 euros para o ano 2024 e 814.946 euros para o ano 2025.

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2024

Anualidade 2025

Total

06.03.541B.760.0

200.000 €

200.000 €

400.000 €

06.03.541B.770.0

100.000 €

100.000 €

200.000 €

06.03.541B.780.0

200.000 €

200.000 €

400.000 €

06.03.541B.781.0

314.946 €

314.946 €

629.892 €

Totais

814.946 €

814.946 €

1.629.892 €

2. As axudas destínanse a actuacións previstas na Intervención 6871, investimentos non produtivos en servizos básicos no medio natural (subintervención 68710_01.-RN 2000), do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de Galicia, e están financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 80 %, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, nun 6 %, e a Xunta de Galicia, nun 14 %.

3. Esta dotación inicial poderase modificar e/ou incrementar con achegas adicionais sen nova convocatoria previa tras a oportuna tramitación orzamentaria en proporción ao número de solicitudes e ás dispoñibilidades orzamentarias, con cargo ás mesmas aplicacións e nas condicións previstas no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. A distribución de fondos establecida para cada anualidade na aplicación orzamentaria sinalada é unha previsión que deberá axustarse logo da valoración das solicitudes da axuda, sen incrementar o crédito total.

Artigo 25. Recursos

1. A resolución ditada poñerá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que os ditou ou ser impugnados directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, conforme dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produciu a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

2. O prazo para a interposición do recurso de reposición será dun (1) mes, se o acto for expreso. Transcorrido o devandito prazo, unicamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outras posibles persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición en calquera momento para partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto.

3. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso será dun (1) mes. Contra a resolución dun recurso de reposición non poderá interpoñerse de novo devandito recurso.

4. Poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, se a resolución é expresa.

Artigo 26. Información e control

1. A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderá, en calquera momento, inspeccionar e controlar o destino das axudas e o cumprimento dos fins para os cales foron concedidas. En consecuencia, os servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderán facer visitas e inspeccións nos lugares onde se realizaron as actividades, para comprobar a súa adecuación á normativa vixente, así como solicitar, en calquera momento da tramitación do procedemento, canta documentación se considere necesaria para comprobar a adecuada execución das actividades que foron obxecto das axudas.

En particular, con anterioridade á concesión das axudas e de acordo co artigo 7.3, as actuacións con carácter de investimento sobre o terreo deberán ser inspeccionadas polos servizos provinciais de Patrimonio Natural que levantarán acta de non inicio para que conste a evidencia de que non foron iniciadas antes desta inspección, agás no caso de estudos ou inventarios, que será levado a cabo mediante declaración responsable (anexo VII).

2. A persoa beneficiaria comprométese a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Seralles de aplicación ás axudas recollidas nesta orde e non se poderá efectuar ningún pagamento sen realizar o pertinente control sobre o terreo previsto no Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

Cando a beneficiaria da axuda, debidamente notificada para o efecto, realice actuacións tendentes a dilatar, entorpecer ou impedir a execución dun control sobre o terreo, a axuda correspondente será denegada, tal e como se recolle no artigo 9 da Lei 30/2022, do 23 de decembro, sen prexuízo da aplicación do réxime sancionador previsto en materia de axudas da PAC do seu título II.

4. Efectuaranse controis a posteriori das operacións de investimento para comprobar que se cumpren os compromisos recollidos no artigo 80 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común. Estes controis cubrirán polo menos o 1 % do gasto anual.

5. As persoas beneficiarias das axudas previstas nesta orde teñen o deber de facilitar toda a información que lles sexa requirida, xa sexa a documentación complementaria que os órganos correspondentes da Dirección Xeral de Patrimonio Natural poidan exixir durante a tramitación do procedemento, ou a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas.

6. O incumprimento das actividades de divulgación e transferencia de resultados previstas na orde de axuda, con carácter adicional ás obrigatorias que poidan proceder das redes nacional e europea da PAC, suporá a redución nun 10 % do importe correctamente xustificado por cada unha das persoas beneficiarias.

7. De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Artigo 27. Revogación e reintegro

1. Procederá a revogación das axudas concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia dos xuros de demora, de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos seguintes casos:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas ou ocultando aquelas que o impedirían.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Incumprimento do deber de xustificación ou a xustificación insuficiente, nos termos establecidos no artigo 21 e 22 desta orde e na lexislación aplicable en materia de subvencións.

d) Incumprimento do deber de adoptar as medidas de difusión e publicidade contidas nos puntos 5 e 6 do artigo 23 desta orde.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro incluídas nesta orde e no resto da lexislación aplicable en materia de subvencións, así como o incumprimento dos deberes contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos, para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento dos deberes impostos ás persoas beneficiarias, así como dos compromisos por estes/as asumidos con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento dos deberes impostos pola Administración ás persoas beneficiarias, así como dos compromisos por estas adquiridos con motivo da concesión da subvención distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, axudas, ingresos ou recursos, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

h) Adopción, en virtude do establecido nos artigos 107 a 109 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

i) Incumprimento de calquera dos deberes da persoa beneficiaria incluídos nesta orde e na normativa que resulta de aplicación e, en especial, no referente á política agraria común.

2. Nestes supostos, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda procederá de acordo co recollido no Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

3. En todo caso, o procedemento de reintegro observará as prescricións contidas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da devandita lei.

Artigo 28. Infraccións e sancións

Ás persoas beneficiarias seralles de aplicación, nos seus propios termos, o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, sen prexuízo do disposto no Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

Artigo 29. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 30. Información básica sobre protección de datos persoais

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Artigo 31. Lexislación de aplicación

En todo o non previsto nesta resolución observarase o sinalado na normativa seguinte:

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Xunta de Galicia do 10.12.2021.

– Resolución do 29.12.2021 de aprobación dos plans de riscos de xestión e medidas antifraude dos centros directivos e entidades adscritas á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

– Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2022) 6017 final, do 31 de agosto de 2022 e modificado mediante a Decisión de execución da Comisión C (2023) 5746 final, do 30 de agosto de 2023.

– Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas.

– Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados.

– Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013.

– Regulamento (UE) nº 2021/2116, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013.

– Regulamento de execución (UE) nº 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, ao algodón e aos subprodutos da vinificación en virtude do Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC.

– Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

– Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifícan varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

– Circular de coordinación 37/2023 relativa ao Plan nacional de controis das Intervencións de desenvolvemento rural non establecidas no ámbito do sistema integrado do período 2023/2027 incluídas no Plan estratéxico da política agrícola común.

– Instrución ARX PEPAC 01/2023 Información, Publicidade e Visibilidade.

Disposición adicional primeira. Marco programático da resolución

As axudas reguladas na presente resolución forman parte do Plan estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027, polo que a presente convocatoria e as súas bases deben axustarse ao contido do plan.

Disposición adicional segunda. Bases de datos nacional de subvencións

1. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

2. A base de datos nacional de subvencións cederá información ao Sistema de fondos europeos, segundo as previsións contidas na normativa europea e nacional que resulte de aplicación.

Disposición adicional terceira. Tratamento da información e traballos

A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderá reproducir, almacenar e distribuír por calquera medio, electrónico, en soporte papel ou outros semellantes, a información obtida e os traballos subvencionados mediante esta orde de convocatoria de axudas, citando as fontes das persoas titulares dos dereitos de propiedade intelectual respectando, en todo caso, as prescricións contidas na normativa de protección de datos de carácter persoal.

Disposición adicional cuarta. Remanentes de crédito

No caso de que, atendidas as solicitudes presentadas nesta convocatoria, haxa un remanente de crédito, poderase reabrir o prazo, tantas veces como se considere oportuno, ata esgotar a consignación orzamentaria, por orde publicada no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Delegación de competencias

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para actuar por delegación da persoa titular da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde.

Así mesmo, deléganse na persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural as facultades relativas aos procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento

Facúltase á persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para ditar, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2024

Ángeles Vázquez Mejuto
Vicepresidenta segunda e Conselleira de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IX

Condicionado das accións

Liña 1. Actuacións dirixidas á conservación, restauración e mellora da biodiversidade, especialmente dos hábitats, especies ou ecosistemas naturais, así como aquelas actuacións que teñan un impacto favorable na mitigación e/ou adaptación ao cambio climático:

a) Restauración ecolóxica: como norma xeral, todas as actuacións de restauración de ecosistemas deberán priorizar aquelas accións que favorezan os procesos de recuperación natural, complementando estes procesos na medida en que o potencial de recuperación natural estea danado.

b) Preservación de vexetación de ribeira e filtros verdes:

– Creación de ripisilvas de estrutura complexa, de máis de 10 metros de largura, con vistas a aumentar a calidade ecolóxica de beiras de ríos, regos e regachos, en tramos onde este tipo de ecosistema fose substituído.

– A repoboación farase con especies ripícolas propias da vexetación natural da contorna, respectando a vexetación autóctona preexistente.

Liña 2. Actuacións dirixidas á mellora da conectividade ecolóxica de especies de flora e fauna:

a) Creación de sebes:

– As sebes deben atoparse entre parcelas, en bordos non cultivados ou ben conformando pequenos illotes ou illas forestais dentro do terreo agrícola.

– Utilizaranse sempre especies autóctonas características da zona de actuación. No caso de utilizar especies arbóreas, unicamente poderán ser frondosas.

– As sebes e liñas de arboredo terán, polo menos, 1,5 metros de largo.

Liña 3. Actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos, patrimoniais ou culturais representativos ou precisos para o mantemento da paisaxe agraria, cultural ou etnográfica tradicional:

– Para a recuperación de elementos tradicionais teranse en conta as guías da paisaxe galega ás cales se pode acceder a través da seguinte ruta:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_Instituto_Estudos_Territorio?
content=Direccion_Xeral_Sostibilidade_Paisaxe/Paisaxe/seccion.html&sub=guias-metodoloxicas/

– En xeral, a adecuación paisaxística destes elementos históricos, patrimoniais ou culturais realizarase mediante a instalación de cubertas tradicionais, revestimentos de fachadas con materiais propios de zona e adecuación de portas, portóns, xanelas, etc.

– Este tipo de edificacións tradicionais, polo seu estado de abandono, pode ser unha área susceptible de albergar especies de interese para a conservación (quirópteros, aves, réptiles...). Por tal motivo e, de ser o caso, deberán aplicarse medidas para compatibilizar as obras coa presenza de fauna silvestre. Debe terse en conta que o desaloxo de animais dos seus refuxios nunca debe realizarse sen autorización nin a supervisión da Administración competente.

Liña 4. Actuacións de creación e mellora de infraestruturas de xestión e ordenación de usos recreativos:

a) Para a realización de actuacións de restauración e adecuación de sendas e camiños deben terse en conta as seguintes directrices:

– Na reparación do piso, os traballos limitaranse á mellora da explanación existente, sen producir modificacións no trazado nin no longo e largo das vías.

– Exclúese a achega de materiais aglomerados, asfálticos, con formigón ou similares.

– As moreas temporais de materiais estarán illadas do solo e localizaranse en zonas de mínima afección aos elementos da biodiversidade e da paisaxe.

– Se a senda ou camiño que se vai restaurar coincide sobre un corredor de fauna (ríos, lindeiros, etc.) as cortas de vexetación limitaranse ao mínimo posible, polo que unicamente poderá actuarse sobre os pés que sexan imprescindibles e á maior altura posible da súa base.

– Durante as actuacións non se debe danar a vexetación arbórea autóctona de ribeira do río, mantendo a estrutura do bosque galería.

b) En relación coa instalación de cartelaría asociada ás actuacións de creación e mellora de infraestruturas de xestión e ordenación de usos recreativos, aterase ao seguinte:

– A información contida nos paneis informativos con respecto á Rede Natura 2000 debe ser acorde coa información oficial dispoñible.

– Dado que a finalidade da cartelaría é informar, dirixir ou sensibilizar as persoas visitantes, os carteis situaranse nas proximidades das infraestruturas de uso público desde onde sexa posible a súa lectura sen saírse delas: beiras dos camiños ou en infraestruturas de uso público do tipo de aparcadoiros, áreas recreativas, miradoiros, etc.

– Non se poderá instalar cartelaría sobre hábitats de interese comunitario nin sobre zonas cuxo acceso implique o paso de visitantes por áreas con presenza de hábitats de interese comunitario.

– Non se utilizarán materiais como o formigón na fixación da cartelaría, elixindo aquela metodoloxía de suxeición que resulte máis respectuosa co ambiente.

c) No caso de proxectos de mellora de centros de interpretación da natureza deberá seguir a Guía de cor e materiais de Galicia que pode consultarse á cal se pode acceder a través da seguinte ruta:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_Instituto_Estudos_Territorio?
content=Direccion_Xeral_Sostibilidade_Paisaxe/Paisaxe/seccion.html&sub=guias-metodoloxicas/

d) Para a construción de aparcadoiros disuasorios, establécense os seguintes condicionantes:

– Procurarase que as áreas de aparcadoiro non sexan visibles desde as zonas I e II do espazo Natura 2000 ou, no caso de que sexan visibles, deberán establecerse pantallas de vexetación autóctona para reducir a súa visibilidade.

– Deben empregarse materiais e tratamentos adecuados para mellorar a súa integración ambiental e paisaxística para o que deben seguirse as recomendacións indicadas para as intervencións nos núcleos rurais, así como as incluídas no resto das Guías da paisaxe galega ás cales se pode acceder a través da seguinte ruta:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_Instituto_Estudos_Territorio?
content=Direccion_Xeral_Sostibilidade_Paisaxe/Paisaxe/seccion.html&sub=guias-metodoloxicas/

ANEXO X

Cartel

missing image file

Nota: o logotipo da empresa executora pódese incluír, pero non pode estar a carón do logo da Unión Europea.

Dimensións aproximadas do panel: A3 (altura 297 mm, largura 420 mm).

Ten que localizarse nun lugar visible durante todo o período de mantemento do investimento.

Publicidade en medios de comunicación ou soporte dixital:

1. No suposto de publicidade en medios de comunicación, o emblema da Xunta de Galicia non deberá incluír referencias á consellería e situarase á dereita do resto de logotipos:

missing image file

2. Para soportes dixitais (páginas web, banner, etc.) utilizarase o seguinte logotipo para o ministerio: en páxinas web de uso profesional, deberase incluír unha descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada á operación, cos seus obxectivos e resultados, e destacando a axuda financeira da Unión Europea.

missing image file

ANEXO XI

Porcentaxe de superficie incluída na Rede Natura 2000

Provincia

Concello

Superficie concello (ha)

Sup. concello en RN2000 (ha)

% Sup. concello en RN2000/sup. total do concello

A Coruña

Abegondo

8.383,60

355,24

4,24 %

A Coruña

Ames

7.998,37

56,02

0,70 %

A Coruña

Aranga

11.951,35

69,89

0,58 %

A Coruña

Ares

1.819,15

2,76

0,15 %

A Coruña

Arteixo

9.377,13

245,97

2,62 %

A Coruña

Bergondo

3.262,40

211,91

6,50 %

A Coruña

Betanzos

2.419,42

232,25

9,60 %

A Coruña

Boqueixón

7.312,65

31,14

0,43 %

A Coruña

Brión

7.483,88

80,33

1,07 %

A Coruña

Cabana de Bergantiños

9.984,57

310,69

3,11 %

A Coruña

Cabanas

3.007,61

665,54

22,13 %

A Coruña

Camariñas

5.260,32

1.269,65

24,14 %

A Coruña

Cambre

4.071,12

53,71

1,32 %

A Coruña

Capela, A

5.766,79

1.618,91

28,07 %

A Coruña

Carballo

18.740,80

861,86

4,60 %

A Coruña

Cariño

4.764,44

2.146,53

45,05 %

A Coruña

Carnota

7.177,56

3.019,67

42,07 %

A Coruña

Carral

4.791,64

23,66

0,49 %

A Coruña

Cedeira

8.596,01

1.840,42

21,41 %

A Coruña

Cee

5.744,64

481,38

8,38 %

A Coruña

Cerdido

5.268,88

100,36

1,90 %

A Coruña

Coirós

3.358,02

81,86

2,44 %

A Coruña

Corcubión

641,48

10,19

1,59 %

A Coruña

Coristanco

14.106,51

44,40

0,31 %

A Coruña

Dodro

3.609,01

250,04

6,93 %

A Coruña

Dumbría

12.491,32

1.179,48

9,44 %

A Coruña

Ferrol

8.327,80

1.585,50

19,04 %

A Coruña

Fisterra

2.908,73

674,10

23,18 %

A Coruña

Frades

8.163,25

78,57

0,96 %

A Coruña

Irixoa

6.839,17

35,88

0,52 %

A Coruña

Laracha, A

12.589,65

83,11

0,66 %

A Coruña

Laxe

3.657,87

581,42

15,90 %

A Coruña

Malpica de Bergantiños

6.160,85

1.361,15

22,09 %

A Coruña

Mañón

8.218,61

598,40

7,28 %

A Coruña

Mazaricos

18.718,10

31,02

0,17 %

A Coruña

Melide

10.123,66

1.373,29

13,57 %

A Coruña

Mesía

10.713,18

35,97

0,34 %

A Coruña

Miño

3.285,05

13,96

0,42 %

A Coruña

Moeche

4.847,10

14,00

0,29 %

A Coruña

Monfero

17.213,05

5.955,63

34,60 %

A Coruña

Mugardos

1.231,61

0,46

0,04 %

A Coruña

Muros

7.349,43

356,99

4,86 %

A Coruña

Muxía

12.218,90

838,51

6,86 %

A Coruña

Narón

6.705,94

397,08

5,92 %

A Coruña

Neda

2.371,41

12,12

0,51 %

A Coruña

Negreira

11.501,48

11,13

0,10 %

A Coruña

Noia

3.939,82

430,50

10,93 %

A Coruña

Oleiros

4.403,24

345,30

7,84 %

A Coruña

Ordes

15.702,86

81,25

0,52 %

A Coruña

Oroso

7.274,36

173,03

2,38 %

A Coruña

Ortigueira

21.109,67

1.556,89

7,38 %

A Coruña

Outes

10.042,33

347,22

3,46 %

A Coruña

Oza-Cesuras

15.151,80

22,79

0,15 %

A Coruña

Paderne

3.981,55

205,45

5,16 %

A Coruña

Padrón

4.833,76

98,90

2,05 %

A Coruña

Pino, O

13.184,23

38,65

0,29 %

A Coruña

Ponteceso

9.233,31

1.166,77

12,64 %

A Coruña

Pontedeume

2.933,74

180,47

6,15 %

A Coruña

Pontes de García Rodríguez, As

24.968,57

2.295,83

9,19 %

A Coruña

Porto do Son

9.466,08

519,60

5,49 %

A Coruña

Rianxo

5.869,07

22,33

0,38 %

A Coruña

Ribeira

6.792,57

1.292,66

19,03 %

A Coruña

Rois

9.268,47

11,85

0,13 %

A Coruña

San Sadurniño

9.957,46

1.193,40

11,98 %

A Coruña

Santiago de Compostela

21.983,90

97,68

0,44 %

A Coruña

Santiso

6.734,41

1.079,57

16,03 %

A Coruña

Somozas, As

7.097,42

598,40

8,43 %

A Coruña

Teo

7.924,14

39,82

0,50 %

A Coruña

Toques

7.788,00

3.238,93

41,59 %

A Coruña

Tordoia

12.452,07

27,02

0,22 %

A Coruña

Touro

11.525,87

19,71

0,17 %

A Coruña

Trazo

10.112,56

51,08

0,51 %

A Coruña

Valdoviño

8.905,31

1.540,06

17,29 %

A Coruña

Vedra

5.274,06

73,40

1,39 %

A Coruña

Vimianzo

18.710,48

3,93

0,02 %

A Coruña

795.771,32

46.034,64

5,78 %

Provincia

Concello

Superficie concello (ha)

Sup. concello en RN2000 (ha)

% Sup. concello en RN2000/sup. total do concello

Lugo

Abadín

19.595,15

3.952,68

20,17 %

Lugo

Alfoz

7.746,79

1.831,94

23,65 %

Lugo

Baleira

16.877,34

1.177,99

6,98 %

Lugo

Barreiros

7.259,77

218,29

3,01 %

Lugo

Becerreá

17.201,33

873,71

5,08 %

Lugo

Begonte

12.673,14

1.320,58

10,42 %

Lugo

Bóveda

9.107,29

269,88

2,96 %

Lugo

Carballedo

13.877,38

323,45

2,33 %

Lugo

Castro de Rei

17.690,32

124,15

0,70 %

Lugo

Cervantes

27.760,43

27.096,74

97,61 %

Lugo

Cervo

7.775,21

251,37

3,23 %

Lugo

Chantada

17.663,00

1.890,34

10,70 %

Lugo

Cospeito

14.472,73

980,35

6,77 %

Lugo

Folgoso do Courel

19.322,25

18.524,67

95,87 %

Lugo

Fonsagrada, A

43.833,43

3.528,12

8,05 %

Lugo

Foz

10.026,68

175,04

1,75 %

Lugo

Friol

29.212,28

63,43

0,22 %

Lugo

Guitiriz

29.384,85

275,41

0,94 %

Lugo

Incio, O

14.604,48

1.424,31

9,75 %

Lugo

Lourenzá

6.261,65

19,82

0,32 %

Lugo

Lugo

32.963,31

273,40

0,83 %

Lugo

Meira

4.653,99

2,69

0,06 %

Lugo

Mondoñedo

14.263,94

2.133,69

14,96 %

Lugo

Monforte de Lemos

19.943,80

109,58

0,55 %

Lugo

Muras

16.374,19

5.735,38

35,03 %

Lugo

Navia de Suarna

24.253,55

17.817,14

73,46 %

Lugo

Negueira de Muñiz

7.226,78

4.547,23

62,92 %

Lugo

Nogais, As

11.032,56

4.331,60

39,26 %

Lugo

Ourol

14.200,19

1.127,21

7,94 %

Lugo

Outeiro de Rei

13.413,53

426,46

3,18 %

Lugo

Palas de Rei

19.956,73

937,46

4,70 %

Lugo

Pantón

14.317,20

1.297,77

9,06 %

Lugo

Pedrafita do Cebreiro

10.488,77

10.279,64

98,01 %

Lugo

Pobra do Brollón, A

17.665,53

2.720,89

15,40 %

Lugo

Pontenova, A

13.576,63

1.293,89

9,53 %

Lugo

Quiroga

31.731,27

11.687,95

36,83 %

Lugo

Rábade

516,90

12,46

2,41 %

Lugo

Ribadeo

10.894,00

759,98

6,98 %

Lugo

Ribas de Sil

6.776,26

345,25

5,09 %

Lugo

Ribeira de Piquín

7.297,61

414,50

5,68 %

Lugo

Riotorto

6.630,65

0,38

0,01 %

Lugo

Samos

13.672,49

7.820,78

57,20 %

Lugo

Sober

13.329,44

2.456,85

18,43 %

Lugo

Trabada

8.268,63

61,59

0,74 %

Lugo

Triacastela

5.116,91

1.725,86

33,73 %

Lugo

Valadouro, O

11.040,17

2.750,47

24,91 %

Lugo

Vicedo, O

7.594,25

224,17

2,95 %

Lugo

Vilalba

37.917,24

3.743,45

9,87 %

Lugo

Viveiro

10.855,06

1.094,70

10,08 %

Lugo

Xermade

16.603,98

1.847,14

11,12 %

Lugo

Xove

8.945,89

991,43

11,08 %

Lugo

985.245,33

153.293,26

15,56 %

Provincia

Concello

Superficie concello (ha)

Sup. concello en RN2000 (ha)

% Sup. concello en RN2000/sup. total do concello

Ourense

Bande

9.890,46

1.137,89

11,50 %

Ourense

Beariz

5.592,99

617,66

11,04 %

Ourense

Bolo, O

9.115,13

2.999,63

32,91 %

Ourense

Calvos de Randín

9.781,70

3.182,25

32,53 %

Ourense

Carballeda de Valdeorras

22.269,00

3.243,34

14,56 %

Ourense

Castrelo do Val

12.200,96

65,96

0,54 %

Ourense

Chandrexa de Queixa

17.174,45

10.142,10

59,05 %

Ourense

Entrimo

8.446,77

5.442,61

64,43 %

Ourense

Gudiña, A

17.137,81

836,59

4,88 %

Ourense

Irixo, O

12.097,25

1.472,74

12,17 %

Ourense

Larouco

2.368,58

443,87

18,74 %

Ourense

Laza

21.583,04

3.738,04

17,32 %

Ourense

Lobeira

6.884,09

3.380,79

49,11 %

Ourense

Lobios

16.827,85

10.958,90

65,12 %

Ourense

Manzaneda

11.453,74

11.016,18

96,18 %

Ourense

Mezquita, A

10.425,10

4.902,23

47,02 %

Ourense

Montederramo

13.550,90

2.369,42

17,49 %

Ourense

Monterrei

11.906,38

144,58

1,21 %

Ourense

Muiños

10.949,60

4.316,43

39,42 %

Ourense

Nogueira de Ramuín

9.826,62

1.233,69

12,55 %

Ourense

Oímbra

7.182,64

30,35

0,42 %

Ourense

Padrenda

5.699,91

2.633,87

46,21 %

Ourense

Parada de Sil

6.240,79

977,09

15,66 %

Ourense

Petín

3.047,47

165,77

5,44 %

Ourense

Pobra de Trives, A

8.416,99

2.471,02

29,36 %

Ourense

Porqueira

4.337,54

468,37

10,80 %

Ourense

Quintela de Leirado

3.124,43

1.102,18

35,28 %

Ourense

Rairiz de Veiga

7.207,18

867,82

12,04 %

Ourense

Rubiá

10.052,27

1.787,26

17,78 %

Ourense

San Cristovo de Cea

9.438,37

2.077,99

22,02 %

Ourense

Sandiás

5.280,71

563,17

10,66 %

Ourense

Sarreaus

7.725,59

539,62

6,98 %

Ourense

Trasmiras

5.670,93

1.056,73

18,63 %

Ourense

Veiga, A

29.046,11

10.511,65

36,19 %

Ourense

Verea

9.417,51

1.768,50

18,78 %

Ourense

Verín

9.403,14

282,18

3,00 %

Ourense

Viana do Bolo

27.036,27

11.110,88

41,10 %

Ourense

Vilar de Barrio

10.669,71

354,81

3,33 %

Ourense

Vilar de Santos

2.069,18

114,96

5,56 %

Ourense

Vilariño de Conso

20.017,05

15.740,20

78,63 %

Ourense

Xinzo de Limia

13.260,43

1.337,29

10,08 %

Ourense

Xunqueira de Ambía

6.017,70

1.651,80

27,45 %

Ourense

727.003,51

129.258,41

17,78 %

Provincia

Concello

Superficie concello (ha)

Sup. concello en RN2000 (ha)

% Sup. concello en RN2000/sup. total do concello

Pontevedra

Agolada

14.776,24

653,79

4,42 %

Pontevedra

Arbo

4.262,93

211,64

4,96 %

Pontevedra

Baiona

3.443,98

70,45

2,05 %

Pontevedra

Bueu

3.046,79

581,53

19,09 %

Pontevedra

Cambados

2.338,98

359,59

15,37 %

Pontevedra

Campo Lameiro

6.371,71

18,79

0,29 %

Pontevedra

Cangas

3.780,70

418,20

11,06 %

Pontevedra

Cañiza, A

10.495,53

1,18

0,01 %

Pontevedra

Catoira

2.927,46

19,49

0,67 %

Pontevedra

Cerdedo

7.978,76

1.198,59

15,02 %

Pontevedra

Cotobade

13.458,56

598,03

4,44 %

Pontevedra

Covelo

13.180,83

132,83

1,01 %

Pontevedra

Crecente

5.741,56

82,93

1,44 %

Pontevedra

Estrada, A

28.052,44

472,44

1,68 %

Pontevedra

Forcarei

16.826,54

4.028,93

23,94 %

Pontevedra

Fornelos de Montes

7.895,55

2,20

0,03 %

Pontevedra

Grove, O

2.145,00

608,69

28,38 %

Pontevedra

Guarda, A

2.107,86

598,70

28,40 %

Pontevedra

Illa de Arousa, A

586,56

123,93

21,13 %

Pontevedra

Lalín

32.661,19

4.023,14

12,32 %

Pontevedra

Lama, A

11.168,17

3.388,39

30,34 %

Pontevedra

Meaño

2.773,27

27,95

1,01 %

Pontevedra

Moaña

3.515,72

1,31

0,04 %

Pontevedra

Mondariz

8.506,20

93,27

1,10 %

Pontevedra

Mondariz-Balneario

230,51

9,24

4,01 %

Pontevedra

Neves, As

6.578,64

217,60

3,31 %

Pontevedra

Nigrán

3.489,61

48,69

1,40 %

Pontevedra

Pazos de Borbén

4.995,26

7,47

0,15 %

Pontevedra

Ponteareas

12.543,69

81,25

0,65 %

Pontevedra

Pontecesures

668,89

9,03

1,35 %

Pontevedra

Pontevedra

11.813,28

71,09

0,60 %

Pontevedra

Porriño, O

6.119,96

390,54

6,38 %

Pontevedra

Redondela

5.199,24

8,34

0,16 %

Pontevedra

Ribadumia

1.966,81

88,17

4,48 %

Pontevedra

Rodeiro

15.480,46

1.017,42

6,57 %

Pontevedra

Rosal, O

4.418,02

449,10

10,17 %

Pontevedra

Salceda de Caselas

3.589,01

20,10

0,56 %

Pontevedra

Salvaterra de Miño

6.248,97

277,79

4,45 %

Pontevedra

Sanxenxo

4.414,95

307,98

6,98 %

Pontevedra

Silleda

16.784,09

2.127,03

12,67 %

Pontevedra

Soutomaior

2.496,86

0,87

0,03 %

Pontevedra

Tomiño

10.652,46

570,07

5,35 %

Pontevedra

Tui

6.826,68

1.418,63

20,78 %

Pontevedra

Valga

4.060,82

136,59

3,36 %

Pontevedra

Vigo

10.949,08

446,95

4,08 %

Pontevedra

Vila de Cruces

15.485,65

455,79

2,94 %

Pontevedra

Vilaboa

3.687,46

67,42

1,83 %

Pontevedra

448.977,50

25.943,14

5,78 %

ANEXO XII

Porcentaxe de superficie incluída na Rede Natura 2000 dos concellos pertencentes a un parque natural

Provincia

Concello

Superficie concello (ha)

Sup. concello en RN2000 (ha)

% Sup. concello en RN2000/sup. total do concello

A Coruña

Cabanas

3.007,61

665,54

22,13 %

A Coruña

Capela, A

5.766,79

1.618,91

28,07 %

A Coruña

Monfero

17.213,05

5.955,63

34,60 %

A Coruña

Pontedeume

2.933,74

180,47

6,15 %

A Coruña

Pontes de García Rodríguez, As

24.968,57

2.295,83

9,19 %

A Coruña

Ribeira

6.792,57

1.292,66

19,03 %

Provincia

Concello

Superficie concello (ha)

Sup. concello en RN2000 (ha)

% Sup. concello en RN2000/sup. total do concello

Ourense

Bande

9.890,46

1.137,89

11,50 %

Ourense

Calvos de Randín

9.781,70

3.182,25

32,53 %

Ourense

Entrimo

8.446,77

5.442,61

64,43 %

Ourense

Lobeira

6.884,09

3.380,79

49,11 %

Ourense

Lobios

16.827,85

10.958,90

65,12 %

Ourense

Muíños

10.949,60

4.316,43

39,42 %

Ourense

Rubiá

10.052,27

1.787,26

17,78 %

Ourense

Vilariño de Conso

20.017,05

15.740,20

78,63 %

Provincia

Concello

Superficie concello (ha)

Sup. concello en RN2000 (ha)

% Sup. concello en RN2000/sup. total do concello

Pontevedra

Tui

6.826,68

1.418,63

1.418,63