DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22188

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Resolución do 6 de febreiro de 2024.

Mediante a Resolución do 6 de febreiro de 2024 (DOG núm. 29, do 9 de febreiro), a Dirección Xeral da Función Pública convocou un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.

A base VIII da convocatoria establece que «Expirados os prazos de presentación das solicitudes de participación no concurso e de petición de postos de traballo, a Dirección Xeral da Función Pública ditará resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia na que se declararán aprobadas as listas de persoas admitidas e excluídas con indicación do lugar no que estarán a disposición das persoas interesadas».

En consecuencia, esta dirección xeral, logo de examinar as solicitudes das persoas participantes,

RESOLVE:

Aprobar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe de <concurso de traslados>.

A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.

As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para, de ser o caso, poder emendar o defecto que motivou a exclusión. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia e deberá cubrirse e presentarse electronicamente.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de emenda entenderanse implícitas na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.

Aquelas persoas que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos e solicitasen participar no concurso disporán de igual prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular a súa reclamación.

As persoas solicitantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2024

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Motivo da exclusión

Domínguez

Novoa

Alia

***3218**

12, 32

Código motivo exclusión

Descrición motivo exclusión

12

Corpo-escala ou categoría, relación de servizo ou tipo de administración non corresponde ás do concurso

32

Menos de 2 anos de desenvolvemento do posto con carácter definitivo