DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22175

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre mediante o sistema de concurso-oposición, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP, escala de persoal de mantemento, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), e modificada pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución do 14 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro) para cualificar este proceso selectivo

RESOLVE:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base III.1.2.7 da convocatoria, en sesión que tivo lugar o 20 de febreiro de 2024, logo de revisar as reclamacións presentadas, anúlase a pregunta 34. No seu lugar computará a pregunta de reserva número 63.

Así mesmo, corríxese a resposta correcta para a pregunta 38, en que é correcta a resposta b.

As restantes reclamacións desestímanse na súa totalidade.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.1.1 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de trinta (30) puntos.

Mediante a Resolución deste tribunal, do 18 de decembro de 2023, déuselles publicidade aos parámetros para a cualificación do exercicio, que establecen que superarán o exercicio as persoas aspirantes presentadas que acaden as mellores puntuacións, ata completar un número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sempre que acaden, en cada unha das partes do exercicio, o mínimo do 50 % das respostas correctas (logo de feitos os descontos correspondentes). Unicamente de darse o caso de que o número de aspirantes que superen o exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar un número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas non cubertas conforme o previsto no parágrafo anterior, sempre que acaden en cada unha das partes o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela persoa aprobada que marque o corte se considerarán igualmente aprobadas, aínda que se supere o número de aspirantes antes indicado.

Asignaráselles a valoración de 30 puntos ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. As persoas aspirantes que non superen o exercicio serán declaradas non aptas.

Terceiro. Unha vez feita a corrección dos exames en sesión do 5 de marzo de 2024, de acordo cos criterios anteriores, e feitas as deducións segundo o establecido na base III.1.1 da convocatoria, acádase o número máximo de aspirantes establecido na dita base da convocatoria, na cal se establecía que superarían o exercicio as persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións, ata completar un número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sempre que acaden, en cada unha das partes do exercicio, o mínimo do 50% das respostas correctas (10 da primeira parte e 20 da segunda parte do exercicio).

Segundo este criterio, a nota de corte queda fixada en 45,75 preguntas netas, que é a acadada por oito (8) aspirantes.

As persoas que non acadaron a porcentaxe mínima nalgunha das partes non son cualificadas por non ser posible asignar unha puntuación homologable á do resto das persoas aspirantes.

Cuarto. Publicar no portal web corporativo https://www.funcionpublica.xunta.gal as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base III.1.1 da convocatoria.

Quinto. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, as persoas aspirantes poderán formular as alegacións que consideren oportunas ás puntuacións, que se presentarán a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).

Sexto. De acordo co disposto na base V.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2024

Ismael Vilacoba Vieito
Presidente do tribunal