DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2024 Páx. 22314

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de aprobación da oferta ordinaria de emprego público 2024.

Expediente: 2024/E003/000001.

Mediante a Resolución da Alcaldía-Presidencia número 358/2024, do 22 de marzo, adoptouse o acordo que a seguir se transcribe na súa parte dispositiva:

«Primeiro. Aprobar a oferta ordinaria de emprego público de persoal do Concello de Bergondo para o ano 2024, mediante acceso libre, co seguinte contido:

Persoal funcionario.

Código relación de postos de traballo

Denominación

Escala

Grupo

01.02.00.01

Auxiliar de arquivo

Administración xeral

C1

05.00.00.02

Policía local

Administración especial

C1

07.01.00.01

Técnico de cultura e deportes

Administración xeral

A2

Segundo. Que se publique no taboleiro de anuncios da Corporación, no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia».

Bergondo, 22 de marzo de 2024

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa