DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2024 Páx. 22372

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

EXTRACTO da Resolución do 22 de marzo de 2024, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convoca a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida: Consumópolis-19: súmate á enerxía responsable (código de procedemento IN114A).

BDNS (Identif.): 752413.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas que cursen estudos de quinto ou sexto de educación primaria ou de primeiro, segundo, terceiro ou cuarto de educación secundaria obrigatoria, ou estudos de formación profesional básica, en calquera centro público, concertado ou privado da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso dos colexios rurais agrupados (CRA) e das escolas unitarias que, polas súas especiais circunstancias xeográficas ou demográficas, teñan dificultades para conformar os equipos unicamente con alumnado de quinto e sexto cursos de educación primaria, poderán completar os ditos equipos con alumnado doutros cursos de educación primaria.

Segundo. Obxecto

Convocar e regular a fase autonómica do concurso do curso escolar 2023/24 Consumópolis-19 sobre consumo responsable e calidade de vida, que leva por título «Súmate á enerxía responsable» (código de procedemento IN114A).

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 22 de marzo de 2024, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convoca a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida: Consumópolis-19: súmate á enerxía responsable (código de procedemento IN114A).

Cuarto. Importe

Concederanse tres premios de 1.000, 600 e 300 euros para os traballos clasificados, respectivamente, en primeiro, segundo e terceiro lugar por cada unha das categorías de participación.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 3 de maio de 2024.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

Manuel Heredia Pérez
Director do Instituto Galego
do Consumo e da Competencia