BDNS (Identif.): 752408.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán participar os centros docentes non-universitarios públicos, privados e concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que estean a participar no programa Galicons-net no curso 2023/24 a través dalgunha destas dúas vías: a) convocatoria do Plan Proxecta; b) solicitude formalizada do programa a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
Segundo. Obxecto
Regular e convocar os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net (código de procedemento IN116A).
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 22 de marzo de 2024, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convocan os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net (código de procedemento IN116A).
Cuarto. Importe
Concederase un premio de 1.500 euros para o mellor proxecto en cada unha das categorías de participación.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 3 de maio de 2024.
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2024
Román Rodríguez González |
Manuel Heredia Pérez |