DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2024 Páx. 22331

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2024 pola que se modifica a Resolución do 15 de xaneiro de 2024 na que se publicaba a relación de solicitudes aprobadas e denegadas das axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 para a campaña 2023, cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Na Orde do 15 de marzo de 2023 (DOG núm. 55, do 20 de marzo), regúlase a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

Por outra banda, de conformidade co artigo 7.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria (de aquí en diante, Fogga), atribuíuse á Dirección do Fogga a potestade de resolver os procedementos de concesión/denegación de axudas que se tramiten no ámbito das súas competencias.

Pola resolución publicada no DOG núm. 44, do 1 de marzo de 2024, dáse publicidade á relación de solicitudes aprobadas e denegadas das axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 para a campaña 2023, cofinanciadas nun 80 % polos fondos Feader.

Examinados os expedientes das persoas solicitantes e unha vez verificado o cumprimento dos requisitos para ter a condición de persoa beneficiaria, de acordo coa mencionada orde, quedaron pendentes de publicación as solicitudes que figuran no anexo I, que se acompaña, polo que procede a darlle publicidade.

Logo da proposta de resolución da subdirectora xeral de Xestión da PAC,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade na web do Fogga á modificación da listaxe das solicitudes denegadas das axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas, modificación da Resolución do 15 de xaneiro de 2023.

Na web publicaranse a lista de novas denegacións das liñas de axuda de pagamento relativas ás intervencións ambientais e climáticas, con indicación das persoas interesadas e as causas de denegación.

As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/beneficiario_de_axudas_pac/campana-2023

Estas axudas están cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Segundo. Contra a citada resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Fogga no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, consonte o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade co artigo 30.4 da citada lei.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2024

O director do Fondo Galego de Garantía Agraria
P.S. (Resolución do 12.2.2024)
Juan José Cerviño Varela
Secretario do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO I

Proposta de resolución de solicitudes denegadas das axudas
relativas ás intervencións ambientais e climáticas (2023-2027)

Campaña

Intervención

Código de liña

Provincia

Número de

solicitude

CIF/NIF

Persoa beneficiaria

Importe máximo anual 2023-2027 (€)

Carácter da resolución

Motivo da denegación

2023

6501.4

9110071

15

531515

***2630**

Francisco Javier Ameijeiras

Denegación

11, 12

2023

6501.4

9110071

15

559724

***3585**

José García Pícallo

Denegación

11, 12

2023

6501.4

9110071

15

575897

***0989**

María Isabel Guardado Iglesias

Denegación

11, 12

2023

6501.4

9110071

15

578865

***6717**

José Alberto Pose Rodríguez

Denegación

11

2023

6501.4

9110071

32

523770

***8804**

Johnny Pérez Alonso

Denegación

11

2023

6501.4

9110071

32

523729

***8846**

Ricardo Pérez Marra

Denegación

11

2023

6501.4

9110071

15

554859

***5769**

José Manuel Cornes Suárez

Denegación

11

2023

6501.4

9110071

15

548739

***0977**

María José García Abelenda

Denegación

11, 12

2023

6501.4

9110071

15

577417

***4578**

José Antonio Souto Baña

Denegación

11, 12

Códigos motivos denegación:

11 Incumpre o artigo 34.1 da Orde do 15 de marzo de 2023.

12 Incumpre o artigo 34.2 da Orde do 15 de marzo de 2023.

Códigos liñas:

9110071 6501.4 Apicultura para a biodiversidade.