DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2024 Páx. 22558

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización da listas de selección temporal da categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

O vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, publicado pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 13 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño), regula na súa norma II.4.4 a xeración e publicación das listas.

Pola Resolución do 5 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 9, do 12 de xaneiro) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

Finalizado o prazo de impugnación contra a citada resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade co anexo I, base novena, da Resolución do 12 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 181, do 23 de setembro),

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtida polas persoas admitidas no proceso de actualización da lista para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

Segundo. A lista co número de orde e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. A lista entrará en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2024

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos