DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2024 Páx. 22555

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2024 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local (código de procedemento PR461A), convocado pola Orde do 12 de marzo de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 55, do 18 de marzo).

No Diario Oficial de Galicia número 55, do 18 de marzo de 2024, publicouse a Orde do 12 de marzo de 2024 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes e de acordo co regulado na dita orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso unitario para a cobertura de 127 postos de auxiliares de policía local convocados pola Orde do 12 de marzo de 2024 (DOG núm. 55, do 18 de marzo).

A listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.gal

A listaxe provisional de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A listaxe provisional de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecemento da lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.gal

As persoas excluídas e as persoas non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou a non exención da proba de coñecementos da lingua galega, de acordo coa Resolución do 4 de abril de 2024 pola que se declara a tramitación de urxencia no proceso selectivo unitario para a provisión mediante contrato laboral de postos de auxiliares de policía local (código de procedemento PR461A), convocado mediante a Orde do 12 de marzo de 2024 (DOG núm. 55, do 18 de marzo).

Así mesmo, as persoas aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formular reclamación.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán excluídas definitivamente.

As listaxes publicadas na páxina web da Agasp serán as consideradas como válidas.

A Estrada, 4 de abril de 2024

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe provisional de persoas aspirantes excluídas

NIF

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Motivo da exclusión (código)

***0111**

Alarcón

Hernández

Mónica

1

***6410**

Alcántara

Otero

Sara

4

***3860**

Antonio

Rey

María Remedios

3

***2640**

Blanco

Espada

Estefanía

2

***7970**

Codesal

Pérez

José Manuel

3

***8766**

Corbacho

Rodríguez

Alejandro

2

***9073**

Costas

Salgueiro

Verónica

2 e 3

***3175**

Díaz

López

Antía

1

***9848**

Dopazo

Collazo

María Isabel

1

***3805**

Eiroa

Gómez

Estefanía

3

***5213**

Espasandín

Taibo

Pablo

1

***6383**

Estévez

Sousa

Lucía

1

***2141**

Fernández

Estévez

Anxo

1

***5247**

Font

Varela

Nicolás

1

***7291**

González

Neira

Xudit

4

***6843**

Leles

De Oliveira

Poliana

3 e 4

***9756**

Loureiro

López

Marta

1

***2528**

Louro

Rey

Manuel Ángel

1

***1880**

Madriñán

Val

Roberto

1

***7904**

Mariño

González

Mikel

2

***0138**

Núñez

Martelo

Marcos

2

***5963**

Parada

Agra

Brandán

2

***4629**

Plaza

Ríos

Sonia Maritza

3

***6787**

Rodríguez

Maceira

Sergio

1

***3733**

Salgado

Fernández

Maite

1 e 3

***5644**

Sánchez

García

Marcos

4

***9849**

Trillo

Rodríguez

Alejandro

1

***5629**

Vázquez

Lombardía

César Antonio

2

***7201**

Vilariño

Gerpe

Eloy

4

***9359**

Villar

Pena

Alba

4

Causas de exclusión:

Cód.

Descrición

1

Solicitude incompleta ou incorrectamente cuberta.

2

Non foi posible consultar a inexistencia de antecedentes penais.
Debe presentar documentación acreditativa.

3

Non ten ou non foi posible consultar a titulación académica requirida. Debe presentar documentación acreditativa.

4

Non presenta xustificante do aboamento da taxa ou xustificante de aboamento da taxa incorrecto, incompleto ou redución da taxa non xustificada e non foi posible comprobala. Debe presentar documentación acreditativa da redución ou xustificante de aboamento da taxa.