DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2024 Páx. 22681

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2024 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso de selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local (código de procedemento PR461A), convocado mediante a Orde do 12 de marzo de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 55, do 18 de marzo).

De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local, convocado mediante a Orde de 12 de marzo de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 55, do 18 de marzo de 2024, e por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, de conformidade coa disposición adicional única da citada Orde do 12 de marzo de 2024, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local, coa composición que se relaciona no anexo.

A Estrada, 3 de abril de 2024

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal,
de postos de auxiliares de policía local

Tribunal titular:

Presidenta: María Rey Rivera, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaria: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.

Vocais:

– Maximino García Vázquez, policía local do Concello de Ames.

– Diego García Fariña, policía local do Concello de Ordes.

– Mercedes Gayoso Gómez, xefa do Servizo de Coordinación, Planificación e Selección da Agasp.

Tribunal suplente:

Presidenta: Paula Cajaraville Leiro, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretario: Manuel Castro Escariz, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Caldas de Reis.

Vogais:

– Juan José Lemos González, policía local do Concello de Ames.

– Marcos Regueiro Coucheiro, policía local do Concello de Santiago de Compostela.

– Andrés González Murga, secretario xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.