DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2024 Páx. 23093

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2024 pola que se dá publicidade da relación das persoas beneficiarias, así como das persoas non beneficiarias, dos premios concedidos ao abeiro da Resolución do 10 de xullo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento AP401A).

O 24 de xullo de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, do 10 de xullo de 2023, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento AP401A).

De acordo co artigo 15 da antedita resolución, a adxudicación dos premios realizarase mediante resolución do director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, á vista da proposta formulada polo órgano de instrución, de acordo coa valoración feita pola Comisión de Valoración.

Así mesmo, o 24 de xullo de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia o extracto da dita convocatoria, co identificador 708942 da Base de datos nacional de subvencións, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Segundo o establecido no artigo 17 das bases reguladoras aprobadas pola Resolución do 10 de xullo de 2023 e artigo 20.8.b) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a relación das persoas beneficiarias e o seu importe, así como a relación das persoas non beneficiarias, será publicada no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, os referidos premios serán tamén remitidos á Base de datos nacional de subvencións.

En consecuencia, resolvo que se proceda á publicación da relación de expedientes que resultaron beneficiarios, así como os non beneficiarios, dos I Premios Axentes TIC da Rede CeMIT, que se incorpora como anexo a esta resolución, e que se remita a información da concesión á Base de datos nacional de subvencións.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2024

Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXo

Relación de persoas beneficiarias e cantidades concedidas ao abeiro dos I Premios Axentes TIC da Rede CeMIT 2023, así como relación de persoas non beneficiarias:

Persoa solicitante

NIF

Premio concedido

Importe do premio

José Manuel Rego López

***5946**

Primeiro

2.000 €

Ana María Pérez Martínez

***3869**

Primeiro

2.000 €

Laura Fernández Álvarez

***8563**

Segundo

0 €

Víctor Manuel Galdo López

***1738**

Segundo

0 €

Silvia Vázquez Crespo

***8017**

n/a

0 €

Cristina Olalla Campaña Martínez

***8531**

n/a

0 €

Daniel Ozores Álvarez

***7498**

n/a

0 €

Alberto González Núñez

***3677**

n/a

0 €