DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2024 Páx. 23091

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

EXTRACTO da Resolución do 10 de abril de 2024, conxunta da Axencia Galega de Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica, pola que se modifica a Resolución do 18 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas a apoiar as misións de especialización intelixente de Galicia, no marco da Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN856C).

BDNS (Identif.): 741789.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS)
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro Modificación do prazo de presentacións de solicitudes

Modifícase o artigo 5 no referente ao prazo de presentación de solicitudes, que pasa de 60 a 90 días naturais.

Segundo. Modificación do artigo 7 no relativo á intensidade das axudas

As axudas concederanse en forma de subvencións. A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o investimento subvencionable de cada beneficiario e será conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 14, 25, 28 e 29 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 (RXEC) e de acordo coa seguinte táboa:

Categoría predominante do proxecto

Pequena

empresa

Mediana

empresa

Grande empresa

Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresa/s ou entre empresas e un ou varios organismos de investigación e difusión de coñecemento, asumindo estes, como mínimo, o 10 % dos custos subvencionables e tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación

60 %

60 %

60 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresa/s ou entre empresas e un ou varios organismos de investigación e difusión de coñecemento, asumindo estes, como mínimo, o 10 % dos custos subvencionables e tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación

60 %

50 %

40 %

Innovación organizativa ou en procesos

50 %

50 %

15 %

Innovación en produto

50 %

50 %

-

A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos de investimento produtivo para pemes será conforme os seguintes límites de intensidade:

Pequena empresa

Mediana empresa

Investimento produtivo para pemes

35 %

25 %

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2024

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega
de Innovación

Covadonga Toca Carús
Directora do Instituto Galego
de Promoción Económica