DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2024 Páx. 23071

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2024, conxunta da Axencia Galega de Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica, pola que se modifica a Resolución do 18 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas a apoiar as misións de especialización intelixente de Galicia, no marco da Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN856C).

missing image file

O 14 de febreiro de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 18 de xaneiro de 2024, conxunta da Axencia Galega de Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas a apoiar as misións de especialización intelixente de Galicia, no marco da Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024.

Esta resolución establece, no seu artigo 5, que o prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e finalizará en 60 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación.

Nesta primeira convocatoria de axudas para apoiar as misións de especialización intelixente de Galicia financiaranse proxectos que poden incluír, ademais de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación organizativa, o investimento produtivo ligado á parte científico-tecnolóxica do proxecto.

O elevado número de consultas trasladadas recentemente polos interesados con relación ás actividades subvencionables dos proxectos require a publicación na páxina web da Axencia Galega de Innovación dun documento aclaratorio, co fin de facilitar a resolución das dúbidas expostas e facilitar a presentación das solicitudes.

Así mesmo, procede aclarar que as axudas á innovación en materia de produto están dirixidas unicamente ás pemes, conforme o establecido no artigo 28 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da Unión.

En coherencia co anterior, é conveniente modificar os puntos afectados dos anexos II (solicitude da axuda) e anexo II bis (descrición do equipo investigador e orzamento do proxecto).

Tendo en conta estas circunstancias, resulta aconsellable ampliar o prazo de presentación de solicitudes, o cal non prexudica dereitos de terceiras persoas.

Con carácter xeral, o artigo 32.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, prevé a posibilidade de que a Administración poida conceder unha ampliación dos prazos establecidos se as circunstancias o aconsellan e con iso non se prexudican dereitos de terceiras persoas, por un período que non exceda a metade destes.

Consecuentemente co anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación e a directora do Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLVEN:

Único. Modificar a Resolución do 18 de xaneiro de 2024, conxunta da Axencia Galega de Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas a apoiar as misións de especialización intelixente de Galicia, no marco da Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN856C), nos seguintes termos:

Un. O punto 2 do artigo 1 queda redactado da seguinte forma:

«Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas axudas para o ano 2024 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva. As axudas concedidas no marco da presente resolución axústanse ao establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da Unión. Os artigos 14 (axudas rexionais ao investimento), 25 (axudas a proxectos de investigación e desenvolvemento), 28 (axudas á innovación en favor da pemes) e 29 (axudas á innovación en materia de procesos e organización) son os que amparan os distintos conceptos subvencionables e beneficiarios desta convocatoria».

Dous. Engádese o punto 6 ao artigo 4 coa seguinte redacción:

«6. Só poderán ser beneficiarias de axudas para innovación en produto as pemes, de acordo co establecido no artigo 28 do Regulamento (UE) núm. 651/2014».

Tres. O artigo 5 queda redactado da seguinte forma:

«O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia e finalizará en 90 días naturais desde o día seguinte ao da publicación».

Catro. O artigo 7 queda redactado da seguinte forma:

«As axudas concederanse en forma de subvencións. A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o investimento subvencionable de cada beneficiario e será conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 14, 25, 28 e 29 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 (RXEC) e de acordo coa seguinte táboa:

Categoría predominante do proxecto

Pequena

empresa

Mediana

empresa

Grande empresa

Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresa/s ou entre empresas e un ou varios organismos de investigación e difusión de coñecemento, asumindo estes, como mínimo, o 10 % dos custos subvencionables e tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación

60 %

60 %

60 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresa/s ou entre empresas e un ou varios organismos de investigación e difusión de coñecemento, asumindo estes, como mínimo, o 10 % dos custos subvencionables e tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación

60 %

50 %

40 %

Innovación organizativa ou en procesos

50 %

50 %

15 %

Innovación en produto

50 %

50 %

-

A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos de investimento produtivo para pemes será conforme os seguintes límites de intensidade:

Pequena empresa

Mediana empresa

Investimento produtivo para pemes

35 %

25 %

As axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación e o Instituto Galego de Promoción Económica, ao abeiro desta convocatoria, serán incompatibles coa percepción doutras axudas, outros ingresos ou outros recursos para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional».

Cinco. Engádese o punto 5 ao artigo 9 coa seguinte redacción:

«5. Os custos subvencionables para a innovación en produto en pemes serán unicamente os seguintes:

a) Os custos de obtención, validación e defensa de patentes e outros activos inmateriais.

b) Os custos de envío en comisión de servizo de persoal altamente cualificado procedente dun organismo de investigación e difusión de coñecementos ou dunha grande empresa, que traballe en actividades de investigación, desenvolvemento e innovación nunha función recentemente creada na entidade beneficiaria e que non substitúa outro persoal.

c) Os custos dos servizos de asesoramento e apoio en materia de innovación, incluídos os servizos prestados por organismos de investigación e difusión de coñecementos, infraestruturas de investigación, infraestruturas de ensaio e experimentación ou agrupacións empresariais innovadoras».

Seis. Modifícase o punto 6 do anexo I, relativo ás definicións, que queda redactado da seguinte forma:

«Innovación en produto: é a introdución no mercado dun produto mellorado que difire de forma significativa dos produtos ou servizos previos tanto para a entidade que os desenvolve como para o mercado que os usa. Unicamente poderá ser realizada por pemes, no marco das axudas á innovación a pemes do artigo 28 do Regulamento (UE) núm. 651/2014.

O anexo II (solicitude da axuda) achégase con esta resolución coa súa nova redacción e o anexo II bis (descrición do equipo investigador e o orzamento do proxecto) actualízase na sede electrónica.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2024

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega
de Innovación

Covadonga Toca Carús
Directora do Instituto Galego
de Promoción Económica

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file