DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2024 Páx. 23067

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G).

Advertidos erros na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 15, do 22 de xaneiro, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 5395, na alínea c) a., onde dí: «Subintervención 68611_01 Incorporación agraria», debe dicir: «Subintervención 69611_01 Incorporación agraria».

Na páxina 5395, na alínea d) a., onde dí: «Subintervención 68612_01 Novas persoas agricultoras», debe dicir: «Subintervención 69612_01 Novas persoas agricultoras».

Na páxina 5420, no número 2 do artigo 31, referido á xustificación e ao pagamento da axuda, onde di: «Non se proporán para pagamento as certificacións inferiores a 5.000 euros de investimento», debe dicir: «Non se proporán para o pagamento as certificacións inferiores ao investimento elixible mínimo».

Na páxina 5429, no número 3 do artigo 37, referido á xustificación e ao pagamento da axuda, onde di: «Non se proporán para pagamento as certificacións inferiores a 20.000 euros de investimento», debe dicir: «Non se proporán para o pagamento as certificacións inferiores ao investimento elixible mínimo».

Na páxina 5490, no referido á puntuación do criterio de explotación vinculada cunha incorporación dunha persoa moza agricultura na subintervención 68411_01 Investimentos en explotacións, onde di: «Ten unha axuda para o establecemento de persoa novas agricultoras concedida nas últimas cinco convocatorias: 5 puntos», debe dicir: «Ten unha axuda para o establecemento de persoas mozas agricultoras concedida nas últimas cinco convocatorias: 5 puntos».

Na páxina 5492, no referido á puntuación do criterio de explotación vinculada cunha incorporación dunha persoa moza agricultura na subintervención 68412_01 Explotacións, onde di: «Ten unha axuda para o establecemento de persoas novas agricultoras concedida nas últimas cinco convocatorias: 5 puntos», debe dicir: «Ten unha axuda para o establecemento de persoas mozas agricultoras concedida nas últimas cinco convocatorias: 5 puntos».