DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2024 Páx. 23064

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia do Goberno

REAL DECRETO 380/2024, do 11 de abril, polo que se nomea presidente da Xunta de Galicia a Alfonso Rueda Valenzuela.

De conformidade co disposto nos artigos 152.1 da Constitución e 15.2 do Estatuto de autonomía de Galicia,

Nomeo presidente da Xunta de Galicia a Alfonso Rueda Valenzuela, elixido polo Parlamento de Galicia na sesión celebrada os días 9 e 11 de abril de 2024.

Dado en Madrid o 11 de abril de 2024

FELIPE R.

Pedro Sánchez Pérez-Castejón
Presidente do Goberno