DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2024 Páx. 23540

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de persoal arquitecto técnico (OEP 2020).

No BOP número 231, do 4 de decembro de 2023, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade, dunha praza de persoal arquitecto técnico.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte (20) días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 11 de marzo de 2024

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 11.12.2023;
BOP nº 241, do 20 de decembro)
Susana Mª Sanjurjo Fraga
Concelleira delegada titular da Área de Facenda,
Patrimonio, Recursos Humanos e Estatística